Coches fabricados por Stellantis acumúlanse na terminal de Bouzas, a espera de poder ser exportados. O atasco, agravado polos conflictos laborais en Francia, está a causar un novo problema loxístico á factoría automobilística viguesa. // A Xunta anuncia un reforzo de 137 millóns de euros mais no orzamento destinado a atención primaria e a contratación de novos profesionais. // Unha de cada oito mulleres pode desenvolver un tumor de mama, ainda que a taxa de supervivencia xa é do 85 por cento. hoxe celébrase o Día Internacional desta doenza, co foco posto na detección precoz. // Películas protagonizadas por persoas con discapacidade e adaptadas para elas. E o Festival de Cine Inclusivo de Vigo, que rende homenaxe ao director Roberto Pérez Toledo, defensor dos marxinados, falecido este ano. 19-10-22
Vehículos fabricados por Stellantis acumúlanse na terminal de Bouzas, a espera de poder ser transportados. O atasco, provocado pola saturación nos portos europeos e agravado pola folga en Francia, está a causar un novo problema loxístico á factoría automovilística viguesa. // O tempo dá unha pequena tregua á espera de que mañá volva entrar outra fronte. A que nos barreu esta mañá deixou refachos fortes, moita chuvia e máis de 1.000 raios. // A Unión Deportiva Barbadás, da Rexional Preferente, vai xogar por primeira vez un dos partidos da ronda preliminar da Copa do Rei. // 19-10-22
Aumenta a afluencia aos centros de vacinación masiva, onde se administra agora a cuarta dose da covid ao grupo de idade de maiores de 70 anos, mentres os de máis de 80 comenzan a respesca nos domicilios e nos centros de saúde. // O consello da Xunta aproba o proxecto de orzamentos do ano que ven, que ascenderá a máis de 9.000 millóns de euros, coa ollada posta, segundo o presidente Alfonso Rueda, en loitar contra a inflación. // Pontevedra convértese na capital internacional da loita olímpica, coa celebración do Mundial sub 23. A galega Nerea Pampín, unha das principais opcións de medalla. // Os cabalos protagonizan o día grande das San Lucas, a feira máis antiga de Galicia, que volve a Mondoñedo logo de dous anos de restriccións, con moito ambiente e bos prezos para os animais. 18-10-22
Unha nova fronte que entra polo oeste na segunda metade do día. Intervalos de nubes altas e chuvias que se van estendendo cara ao leste. As temperaturas, en lixeiro ascenso. Ventos do sur, con refachos de máis de cen quilómetros por hora, especialmente na costa da morte e nas Rías Baixas. 18-10-22
Aumenta a afluencia aos centros de vacinación masiva, onde se administra agora a cuarta dose da covid ao grupo de idade de maiores de 70 anos, mentres os de máis de 80 comenzan a respesca nos domicilios e nos centros de saúde. // O consello da Xunta aproba o proxecto de orzamentos do ano que ven, coa ollada posta, segundo o presidente Alfonso Rueda, en loitar contra a inflación. // Pontevedra convértese na capital internacional da loita olímpica, coa celebración do Mundial sub 23. A galega Nerea Pampín, unha das principais opcións de medalla. // Os cabalos protagonizan o día grande das San Lucas, a feira máis antiga de Galicia, que volve a Mondoñedo logo de dous anos de restriccións,. 18-10-22
O temor a unha vaga máis forte de gripe anima a afluencia aos centros de vacinación masiva, onde se administra agora a cuarta dose da covid ao grupo de idade de maiores de 70 anos, mentres os de máis de 80 comenzan a respesca nos domicilios e nos centros de saúde. // Galicia contará no ano 2023 cos orzamentos de maior gasto social da súa historia, máis de 9.000 millóns de euros // Satisfacción no sector pesqueiro porque a frota española poida pescar catro mil toneladas máis de pescada sur ata fin de ano coincidindo coa campaña de Nadal. //18-10-22
A Unión Europea da unha boa nova á frota española e autoriza á aumentar as capturas de pescada, ata superar as 9.000 toneladas. É máis dun 80 por cento por riba da cota permitida ata agora. // Cómo actuar ante unha parada cardiorrespiratoria. Unha técnica que pode salvar moitas vidas e que os sanitarios queren dar a coñecer a toda a poboación. // As organizacións que loitan contra a pobreza deron a coñecer hoxe o informe sobre a situación en Galicia e alertan do impacto da suba dos prezos, sobre toda da enerxía, nos colectivos máis vulnerables.. // O Celta paga outra vez a falta de puntería e cae ante a Real Sociedade en Balaídos. E na segunda, nova derrota do Lugo, que suma xa sete partidos consecutivos sen coñecer a vitoria e continúa en postos de descenso. 17-10-22
A Unión Europea da unha boa nova á frota española e autoriza á aumentar as capturas de pescada, ata superar as 9.000 toneladas. É máis dun 80 por cento por riba da cota permitida ata agora. // Cómo actuar ante unha parada cardiorrespiratoria. Unha técnica que pode salvar moitas vidas e que os sanitarios queren dar a coñecer a toda a poboación. // As organizacións que loitan contra a pobreza deron a coñecer un informe sobre a situación en Galicia e alertan do impacto da suba dos prezos, sobre toda da enerxía, nos colectivos máis vulnerables. // O Celta paga outra vez a falta de puntería e cae ante a Real Sociedade en Balaídos. E na segunda, nova derrota do Lugo, que suma xa sete partidos consecutivos sen coñecer a vitoria. 17-10-22
A fronte vai perdendo progresivamente forza, con algo de aire frío en capas altas da atmosfera. Intervalos nubrados e precipitacións, máis frecuentes pola mañá que irán remitindo segundo se achegue a noite. As temperaturas mínimas sufren un descenso e as máximas ascenden lixeiramente. 17-10-22
As organizacións que loitan contra a pobreza alertan do impacto da suba dos prezos, sobre toda da enerxía, nos colectivos máis vulnerables. Comedores sociais e bancos de alimentos detectan xa un aumento das dificultades para cubrir as necesidades básicas. // A frota española poderá capturar ata fin de ano un 84% máis de pescada do sur ou austral pola recuperación da pesqueiría. Pasarán das 4.900 toneladas actuais a superar as nove mil. // A fundación que preside Juan Verde, un dos maiores especialistas mundiais en economía sostible, escolle Galicia para un programa piloto de formación para pequenas e medianas empresas. // 17-10-22
Mañá entra polo Atlántico unha fronte que deixará choivas e que consonte avance o día se irán estendendo a toda Galicia. Choverá con máis forza na faixa oeste. As temperaturas máximas baixarán algo. O domingo será un día de choivas xeneralizadas. 14-10-22
A baixada do prezo dos carburantes e a electricidade contén a inflación en Galicia no 9,2 por cento, que aínda así está tres décimas por riba da media nacional // A principios do ano que ven entrará en funcionamento o novo emisario submarino, de máis de tres quilómetros que dará servizo aos concellos da Ría de Pontevedra // Pardo de Vera agarda que nos primeiros meses de 2023 entren en servizo os trens Avril que levarán a alta velocidade ás cidades galegas // O grupo cómico arxentino Les Luthiers chega á Coruña co espectáculo Gran Reserva. 14-10-22
A baixada do prezo dos carburantes e a electricidade contén a inflación en Galicia no 9,2 por cento // A principios do ano que ven entrará en funcionamento o novo emisario submarino ría de Pontevedra // Pardo de Vera agarda que nos primeiros meses de 2023 entren en servizo os trens Avril que levarán a alta velocidade ás cidades galegas // O grupo cómico arxentino Les Luthiers chega á Coruña co espectáculo Gran Reserva. 14-10-22
A baixada do prezo dos carburantes e a electricidade contén a inflación en Galicia no 9,2 por cento, que aínda así está tres décimas por riba da media nacional // A principios do ano que ven entrará en funcionamento o novo emisario submarino, de máis de tres quilómetros que dará servizo aos concellos da Ría de Pontevedra // Pardo de Vera agarda que nos primeiros meses de 2023 entren en servizo os trens Avril que levarán a alta velocidade ás cidades galegas // A fiscalía investiga se a Xunta cometeu un delito contra a protección do medio ambiente pola súa xestión dos incendios forestais. 14-10-22
O exdirector de seguridade do Adif, Andrés Cortabitarte, culpa exclusivamente ao maquinista do accidente do Alvia // As vítimas do accidente cren que Cortabitarte ten moita máis responsabilidade no accidente que o maquinista // O 70 por cento dos clientes das gasolineiras galegas próximas á fronteira con Portugal son do país veciño // A folga dos traballadores do metal de Ourense fai que os concesionarios de coches cancelen o salón do automóbil previsto para esta fin de semana na cidade // Os soños e a música dos pallasos da tele chegan á Coruña. Desde hoxe ata o domingo preséntase na cidade o espectáculo Circlassica "o soño de Miliki", dirixido por Emilio Aragón. 13-10-22
Mantense a influencia anticiclónica aínda que segundo avanza o día irase cubrindo o ceo dende a costa cara o interior. Nubes que poden deixar algún orballo disperso e ocasional a última hora na provincia da Coruña. As temperaturas máximas descenden nas provincias atlánticas e quedan sen cambios no resto. 13-10-22
O exdirector de seguridade do Adif, Andrés Cortabitarte, culpa exclusivamente ao maquinista do accidente do Alvia // O 70 por cento dos clientes das gasolineiras galegas próximas á fronteira con Portugal son do país veciño // A folga dos traballadores do metal de Ourense fai que os concesionarios de coches cancelen o salón do automóbil previsto para esta fin de semana na cidade // Os soños e a música dos pallasos da tele chegan á Coruña. Desde hoxe ata o domingo preséntase na cidade o espectáculo Circlassica "o soño de Miliki", dirixido por Emilio Aragón. 13-10-22
O exdirector de seguridade do Adif, Andrés Cortabitarte, culpa ao maquinista do accidente do Alvia // As vítimas do accidente cren que Cortabitarte ten moita máis responsabilidade no accidente que o maquinista // Continúa en Ourense a folga indefinida no sector do siderometal que dá traballo a unhas seis mil persoas. Os sindicatos acusan á patronal de non querer actualizar os salarios ao IPC // O 70 por cento dos clientes das gasolineiras galegas próximas á fronteira con Portugal son do país veciño 13-10-22
Os expertos aseguran que as nosas cidades están xa habitualmente alumeadas en exceso. O Plan enerxético do gobernó recomenda reducir o consumo de enerxía, tamén no alumeado de nadal. // a comisión europea non prevé revisalo regulamento que veta a pescade fondo antes da próxima primavera. Os técnicos do Instituto Español de Oceanografía cuestionan os datos de afectación aos ecosistemas mariños nos que se baseou a prohibición. // A marea vermella da un respiro na Ría de Pontevedra que volve estar aberta ao marisqueo, logo de tres meses de peche. Satisfacción entre os mariscadores que retoman a actividade con boas capturas e prezos elevados. // Obras de gran tamaño a medio camiño entre a pintura e a escultura, feitas con todo tipo de refugallos. É o traballo característico do artista Ourensán Zeta, un dos principais expoñentes en Galicia do informalismo matérico. 11-10-22
Volvemos quedar baixo a influencia das altas presións, que nos deixan tempo seco na meirande parte da Comunidade, con nubes baixas e néboas en moitas comarcas que tenden a desaparecer. Pola tarde, nubes de evolución nas montañas de Lugo e Ourense, con posibilidade dalgún chuvasco disperso. As temperaturas mínimas sen cambios, mentres as máximas teñen ascensos en xeral. 11-10-22