Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O interventor do Alvia da explicacións sobre a chamada que mantivo co seu compañeiro maquinista tan só segundos antes de producirse o sinistro na curva de Angrois. Hoxe no xuizo, as partes preguntáronlle por qué non contou antes que houbo esa conversa. // Apoio unánime da comisión de peticións do Parlamento Europeo á solicitude das familias dos falecidos no Villa de Pitanxo para que o Goberno español envíe unha expedición ó pecio para recabar datos sobre as causas do afundimento. // Hoxe é o Día Nacional do dano cerebral adquirido. En Galicia, hai mais de 35.000 persoas afectadas por esta doenza, segundo o último censo, que e do ano 2012. 26-10-22

Alerta por ventos fortes en todo o litoral atlántico e zonas altas neste martes no que continuamaos baixo a influencia das borrascas que nos envian unha nova fronte con chuvascos localmente fortes na metade sur e serán máis frecuentes nas horas centrais do día. 25-10-2022

Os policías que interviñeron no atestado do accidente do Alvia aseguran, no xuizo, que o maquinista e o interventor ocultaron, nas suas primeiras declaracións, a chamada que mantiveran minutos antes do sinistro. // enviado a prisión o home que se declarou autor da morte en Vigo dunha muller de 56 anos, acoitelada na sua casa. Está acusado dun delicto de asasinato. // Ourense mantén a sua candidatura para albergar a sede da Axencia Española de Intelixencia artificial, pese á decisión da Xunta de apostar por A Coruña. Políticos, empresarios e académicos consideran que a sua proposta e a que ten máis opcións de ser finalmente elexida. // O grupo Fuxan os Ventos cumpre 50 anos dende o seu primeiro concerto. Unha traxectoria que Repasamos con eles, A través do arquivo de TVE. 25-10-2022

Os policías que interviñeron no atestado do accidente do Alvia aseguran, no xuizo, que o maquinista e o interventor ocultaron, nas suas primeiras declaracións, a chamada que mantiveran minutos antes do sinistro. // enviado a prisión o home que se declarou autor da morte en Vigo dunha muller de 56 anos, acoitelada na sua casa. Está acusado dun delicto de asasinato. // Ourense mantén a sua candidatura para albergar a sede da Axencia Española de Intelixencia artificial, pese á decisión da Xunta de apostar por A Coruña. Políticos, empresarios e académicos consideran que a sua proposta e a que ten máis opcións de ser finalmente elexida. // O grupo Fuxan os Ventos cumpre 50 anos dende o seu primeiro concerto. Unha traxectoria que Repasamos con eles, A través do arquivo de TVE. 25-10-2022

O axente de policía que falou co maquinista do Alvia xusto cando acababa de ocorrer o sinistro na curva de Angrois testifica que o primeiro que lle dixo foir para recoñecer o exceso de velocidade // O home detido en Vigo por matar á súa veciña está investigado por un presunto delicto de asasinato. A maxistrada que instrue a causa, ven de decretar o seu ingreso provisional no cárcere sen fianza. // O Celta conseguiu un empate no último minuto na visita do Getafe ao estadio de Balaídos. Premio á insistencia nun partido no que os celestes amosaron de novo a súa falta de acerto de cara a portería. 25-10-2022

Investigan se a muller morta a coiteladas en Vigo era acosada polo seu agresor, un veciño detido tras confesar ser o autor do crime. O home queixárase á comunidade de que era facía moito ruído. // a candidatura da cidade da Coruña é a elexida, finalmente, para optar a sede da Axencia española de Intelixencia Artifical. A decisión foi adoptada hoxe polo organismo que integra a representantes da Xunta e das tres universidades, por riba das opcións que presentaban Ourense e Santiago. // O Arenteiro, que xogará contra o Almería e o Barbadás, que o fará co Valladolid, son os únicos únicos equipos galegos que emparellados con rivais de primeira división no sorteo para a fase de clasificación da copa do Rei. // A carreira de Cross de Santiso, no concello de Ames, cumpre 40 anos con centros de participantes. Os Profesores da Escola de Visantoña, promotores daquela iniciativa, lembran cómo chegou a marcar marcou un fito no deporte popular no mundo rural, 24-10-22

A borrasca Beatrice móvese cara o norte. Durante a mañá caerán chuvias sobre todo polo sur. As temperaturas subiuron lixeiramente hoxe nun día marcado de novo polos ventos do sur que sopran sobre todo na fachada atlántica. 24-10-22

Investigan se a muller morta a coiteladas en Vigo era acosada polo seu agresor, un veciño detido tras confesar ser o autor do crime. O home queixárase á comunidade de que era facía moito ruído. // a candidatura da cidade da Coruña é a elexida, finalmente, para optar a sede da Axencia española de Intelixencia Artifical. A decisión foi adoptada hoxe polo organismo que integra a representantes da Xunta e das tres universidades, por riba das opcións que presentaban Ourense e Santiago. // O Arenteiro, que xogará contra o Almería e o Barbadás, que o fará co Valladolid, son os únicos únicos equipos galegos que emparellados con rivais de primeira división no sorteo para a fase de clasificación da copa do Rei. // 24-10-22

Morta a coiteladas unhaa muller de 56 anos que vivía no segundo andar deste edificio rúa Zamora de Vigo. Outro veciño entregábase pouco despois e confesaba ser o autor do crime. // A Coruña vai ser a cidade candidata de Galicia para acoller a sede da Axencia española de supervision de intelixencia artificial. Acaba de decidilo o Nodo galego de intelixencia artificial. // O paso da borrasca Beatrice deixou máis de trescentas incidencias na nosa comunidade, con árbores arrincadas de raíz, Unha delas feriu a unha persoa ao caer sobre o coche no que circulaba por Mondariz. 24-10-22

Cinco artistas de prestixio internacional participan no primeiro festival de muralismo de Castro Caldelas. Co obxectivo de achegar a arte urbana á cidadanía, convidaron aos escolares de primaria a facer unha visita guiada.

A borrasca Armand dexa hoxeceos parcialmente cubertos con chuvascos, máis frecuentes e intensos no oeste, onde poden ter ocasionalmente carácter tormentoso. As temperaturas non experimentan cambios significativos. O vento sopra do suroeste, forte no litoral atlántico. 21-10-22

A néboa e o forte vento dificultan a busca da avioneta que desapareceu cando viaxaba dende Galicia a Andalucía, á altura de Zamora. O rastrexo céntrase nunha área de 180 kilómetros, xunto á provincia de Ourense. // A ministra de Industria reclama á Xunta máis apoio aos proxectos de Stellantis para que poda recibir os 600 millóns de euros de fondos europeos aos que aspira. Reyes Maroto compromete 15 millóns para o Vehículo Eléctrico e Conectado // O xadrez, máis popular que nunca en Galicia, sobre todo entre os máis novos, como se pon de manifesto no Bicapaw Xacobeo, unha competición de nivel internacional que contou coa participación do coñecido influencer Rei Enigma.// Embelecer a paisaxe urbana. E o obxectivo do Festival de Muralismo, en Castro Caldelas, coa participación de cinco recoñecidos artistas de prestixio internacional que deixan a sua arte nas medianeiras. 21-10-22

A néboa e o forte vento dificultan a busca da avioneta que desapareceu cando viaxaba dende Galicia a Andalucía, á altura de Zamora. O rastrexo céntrase nunha área de 180 kilómetros, xunto á provincia de Ourense. // A ministra de Industria reclama á Xunta máis apoio aos proxectos de Stellantis para que poda recibir os 600 millóns de euros de fondos europeos aos que aspira. Reyes Maroto compromete 15 millóns para o Vehículo Eléctrico e Conectado // O xadrez, máis popular que nunca en Galicia, sobre todo entre os máis novos, como se pon de manifesto no Bicapaw Xacobeo, unha competición de nivel internacional que contou coa participación do coñecido influencer Rei Enigma.// Embelecer a paisaxe urbana. E o obxectivo do Festival de Muralismo, en Castro Caldelas, coa participación de cinco recoñecidos artistas de prestixio internacional que deixan a sua arte nas medianeiras. 21-10-22

A mellora do tempo permite que un helicóptero da Garda Civil se incorpore aos labores de busca do piloto que desapareceu coa súa avioneta cando viaxaba dende Galicia a Andalucía. O rastrexo céntrase nunha área de 180 kilómetros cadrados da provincia de Zamora, xunto á de Ourense.. // o presidente da Xunta recibiu hoxe o alcalde de Santiago, que lle presentou a oferta de candidatura de Compostela pra acoller a sede da oficina española da Intelixencia Artificial, que disputan outras cidades. // Rey Enigma, o gran influencer do xadrez enmascarado, xogou esta mañá, baixo a choiva na praza do Obradoiro, dentro das actividades do Festival BICAPAWN Xacobeo.. 21-10-22

Continúa a busca, por terra e aire, da aeronave da que se perdeu o rastro cando regresaba de rematar un contrato para o servizo contraincendios da Xunta. Unha antena en Zamora, xunto á provincia de Ourense, e a que rexistrou o último sinal do movil do piloto, o único ocupante. // Entregado no Parlamento o proxecto de presupostos da Xunta para o ano que ven, o máis alto da historia da autonomía, con 12.620 millóns de euros, que inclúen case 600 millóns en rebaixas fiscais. // Ledicia no concello ourensán de Barbadás, ante a clasificación do seu equipo de fútbol para xogar a primeira eliminatoria da Copa do Rei ante un equipo de primeira división, // Unha das coleccións privadas de arte asiático máis importantes do mundo chega á Coruña. Pezas reunidas polo multimillonario norteamericano John Rockefeller e a sua dona, ata agora inéditas en Europa. 20-10-2022

Segue a influencia dunha profunda borrasca situada ao oeste que nos envia unha nova fronte activa. Ceos cubertos con precipitacións, localmente moi fortes e de carácter treboento, Ventos fortes de compoñente sur, con refachos puntualmente moi fortes. 20-10-2022

Continúa a busca, por terra e aire, da aeronave da que se perdeu o rastro cando regresaba de rematar un contrato para o servizo contraincendios da Xunta. Unha antena en Zamora, xunto á provincia de Ourense, e a que rexistrou o último sinal do movil do piloto, o único ocupante. // Entregado no Parlamento o proxecto de presupostos da Xunta para o ano que ven, o máis alto da historia da autonomía, con 12.620 millóns de euros. // Ledicia no concello ourensán de Barbadás, ante a clasificación do seu equipo de fútbol para xogar a primeira eliminatoria da Copa do Rei ante un equipo de primeira división, // Unha das coleccións privadas de arte asiático máis importantes do mundo chega á Coruña. Pezas reunidas polo multimillonario norteamericano John Rockefeller e a sua dona, ata agora inéditas en Europa. 20-10-2022

Operativo de busca, por terra e aire, da aeronave da que se perdeu o rastro cando regresaba de rematar un contrato para o servizo contraincendios da Xunta. Unha antena en Zamora, xunto á provincia de Ourense rexistrou o último sinal do movil do piloto. // Armand, a primeira gran borrasca do outono, segue deixando hoxe importantes chuvias en Galicia, refachos de vento de máis de cen quilómetros por hora e alerta laranxa no mar. // Dende hoxe, pódese visitar na Fundación Barrié da Coruña a exposición Buda e Shiva, Loto e Dragón. Inédita en Europa, está formada por obras da colección asiática recopilada por John Rockefeller Terceiro. 20-10-2022

Coches fabricados por Stellantis acumúlanse na terminal de Bouzas, a espera de poder ser exportados. O atasco, agravado polos conflictos laborais en Francia, está a causar un novo problema loxístico á factoría automobilística viguesa. // A Xunta anuncia un reforzo de 137 millóns de euros mais no orzamento destinado a atención primaria e a contratación de novos profesionais. O BNG reclama máis medios para atender a Saúde Mental. // Unha de cada oito mulleres pode desenvolver un tumor de mama, ainda que a taxa de supervivencia xa é do 85 por cento. hoxe celébrase o Día Internacional desta doenza, co foco posto na detección precoz. // Películas protagonizadas por persoas con discapacidade e adaptadas para elas. E o Festival de Cine Inclusivo de Vigo, que Nesta edición rende homenaxe ao director Roberto Pérez Toledo, defensor dos marxinados, falecido este ano. 19-10-22

Unha nova fronte entra polo suroeste traendo nubes e chuvias, máis frecuentes e intensas no oeste e no sur. As temperaturas mínimas non experimentan cambios significativos, mentres que as máximas descenden. Ventos fortes de compoñente sur, con intervalos moi fortes. 19-10-22