Os expertos aseguran que as nosas cidades están xa habitualmente alumeadas en exceso. O Plan enerxético do gobernó recomenda reducir o consumo de enerxía, tamén no alumeado de nadal. // a comisión europea non prevé revisalo regulamento que veta a pescade fondo antes da próxima primavera. Os técnicos do Instituto Español de Oceanografía cuestionan os datos de afectación aos ecosistemas mariños nos que se baseou a prohibición. // A marea vermella da un respiro na Ría de Pontevedra que volve estar aberta ao marisqueo, logo de tres meses de peche. Satisfacción entre os mariscadores que retoman a actividade con boas capturas e prezos elevados. // Obras de gran tamaño a medio camiño entre a pintura e a escultura, feitas con todo tipo de refugallos. É o traballo característico do artista Ourensán Zeta, un dos principais expoñentes en Galicia do informalismo matérico. 11-10-22
O barcos que regresan do Gran Sol a descargar as súas últimas capturas antes da entrada en vigor do veto da Unión Europea nas 87 zonas de protección especial do Atlántico. Os patróns estudan onde faenar a partir de agora. // Arranca a campaña da vacinación contra a gripe, que, como novidade, vai dirixida por primeira vez aos menores de seis anos. A Xunta pretende vacinar, como mínimo, ao sesenta por cento destes nenos para protexelos a eles da infección pero sobre todo para evitar que contaxien aos máis vulnerables. // Unha segunda mitade de dominio sobre o Barca que non servíu o Celta para evitar a derrota. A falla de puntería impedíu aos vigueses lograr unha xesta no Camp Nou. O Lugo empata contra o Huesca e suma cinco encontros sen gañar. // 10-10-22
quedan os restos dunha fronte pouco activa, que nos deixan un día de ceos nubrados e chuvias intermitentes, que se van producindo de xeito máis irregular segundo avanza o día. As temperaturas non experimentan cambios. 10-10-22
O barcos que regresan do Gran Sol a descargar as súas últimas capturas antes da entrada en vigor do veto da Unión Europea nas 87 zonas de protección especial do Atlántico. Os patróns estudan onde faenar a partir de agora. // Arranca a campaña da vacinación contra a gripe, que, como novidade, vai dirixida por primeira vez aos menores de seis anos. A Xunta pretende vacinar, como mínimo, ao sesenta por cento destes. // Unha segunda mitade de dominio sobre o Barca que non servíu o Celta para evitar a derrota. A falla de puntería impedíu aos vigueses lograr unha xesta no Camp Nou. // 10-10-22
Regresan barcos do Gran Sol a descargar as súas últimas capturas antes da entrada en vigor do veto da Unión Europea nas 87 zonas de protección especial do Atlántico. Os patróns estudan onde faenar a partir de agora.. // O suicidio é xa a primeira causa de morte non natural no noso país, e as tentativas aumentaron moito na pandemia, sobre todo entre a mocidade. A prevención do suicidio centra o Día Internacional da Saúde Mental, que se celebra hoxe. 10-10-22
Reabren os centros de vacinación masiva para comenzar coa cuarta dose aos maiores de 85 anos, As persoas que queiran poden recibir tamén xa a vacina da gripe. Os que pasaron a covid recentemente, terán que agardar un tempo para se vacinar. // Os responsables de Saúde das comunidades autónomas coa ministra Carolina Darias deciden, ante a tendencia ascendente dos contaxios, manter a obriga da máscara no transporte público. // O sector pesqueiro da Mariña de Lugo asegura que o veto da Unión Europea que entra en vigor pasado maña vailles afectar plenamente. O ministro Planas limita a 35 as áreas de protección do Atlántico que se verán afectadas. // No día mundial do traballo digno, un estudo indica que o 80 por cento dos traballadores non están satisfeitos coas suas condicións laborais. 07-10-22
Iinfluencia das altas presións con algunhas chuvias febles na Mariña de Lugo e ceos pouco nubrados ou con intervalos de nubes altas no resto. pola tarde, medran nubes de evolución en comarcas montañosas do interior que poderían dar lugar a treboadas illadas. As temperaturas máximas con valores altos. 07-10-22
Reabren os centros de vacinación masiva para comenzar coa cuarta dose aos maiores de 85 anos. As persoas que queiran poden recibir tamén xa a vacina da gripe. // Os responsables de Saúde das comunidades autónomas coa ministra Carolina Darias deciden, ante a tendencia ascendente dos contaxios, manter a obriga da máscara no transporte público. // O sector pesqueiro da Mariña de Lugo asegura que o veto da Unión Europea que entra en vigor pasado maña vailles afectar plenamente. O ministro Planas limita a 35 as áreas de protección do Atlántico que se verán afectadas. // No día mundial do traballo digno, un estudo indica que o 80 por cento dos traballadores non están satisfeitos coas suas condicións laborais. 07-10-22
Os responsables de Sanidade das comunidades autónomas, reunidos en Santiago, xunto coa ministra Carolina Darias. Debaten sobre a situación epidemiolóxica e os próximos pasos a dar na vacinación. // Os orzamentos do Estado para 2023 son os mais sociais da historia, segundo o Delegado do Goberno en Galicia. Di que tamén aumentarán as transferencias económicas a Xunta e os investimentos na nosa comunidade. 07-10-2022
Setecentos expositores de corenta países mostran en Vigo a súa oferta buscando mercados novos. As empresas galegas seguen apostando por internacionalizarse para mellorar o acceso á materia prima.
O xuizo do Alvia queda aprazado ata dentro dunha semana, trala declaración do maquinista, Francisco José Garzón, que dixo que cando ocorreu o sinistro non había sinais de advertencia na curva de Angrois e rematou volvendo pedir perdón ás vítimas. // A Comisión Europea rectifica e permite agora a actividade nas zonas con calados inferiores a 400 metros. Anunciouno o ministro Luís Planas na clausura de Conxemar. // o Edificio Impulso Verde, no barrio ecolóxico da Garaballa, en Lugo, a primeira construcción pública de Galicia realizada íntegramente con madeira galega. Emite un 90 por cento menos de C02 que outros semellantes construidos de formigón ou aceiro. // As persoas con parálise cerebral celebran o Día Mundial cunha campaña de reivindicación para que se respecten as suas preferencias e a tomar decisións sobre a sua vida. 06-10-22
Recuperamos a influencia anticiclónica con ceos pouco nubrados ou despexados en xeral, tan son nubes baixas no norte de Lugo poden deixar algunha chuvia feble. Temperaturas mínimas en ascenso e a máximas tamén máis altas, sobre todo nas rías Baixas, con 27 graos en Vigo. 06-10-22
O xuizo do Alvia queda aprazado ata dentro dunha semana, trala declaración do maquinista, Francisco José Garzón, que dixo que cando ocorreu o sinistro non había sinais de advertencia na curva de Angrois e rematou volvendo pedir perdón ás vítimas. // A Comisión Europea rectifica e permite agora a actividade nas zonas con calados inferiores a 400 metros. Anunciouno o ministro Luís Planas na clausura de Conxemar. // O edificio Impulso Verde, no barrio ecolóxico da Garaballa, en Lugo, a primeira construcción pública de Galicia realizada íntegramente con madeira galega. Emite un 90 por cento menos de C02 que outros semellantes construidos de formigón ou aceiro. // As persoas con parálise cerebral celebran o Día Mundial cunha campaña de reivindicación para que se respecten as suas preferencias e a tomar decisións sobre a sua vida. 06-10-22
Francisco José Garzón, o maquinista do Alvia sinistrado na curva de Angrois pide perdón a sua declaración como acusado no xuízo que se está a celebrar en Santiago. // O Teatro Colón da Coruña acolle esta noite a estrea de Avanoa, o primeiro musical de producción 100% coruñesa. A obra, con fins solidarios, é unha reflexión sobre o abuso dos medios dixitais na nosa sociedade. 06-10-22
Na primeira sesión do xuizo do accidente do Alvia. a xuiza rexeita a maioría das cuestións previas, e admite como proba un video de Adif que as vítimas consideran un intento por ocultar a sua responsabilidade. // Axentes de policía blindan a seguridade na Coruña, para o cumio hispano alemán que esta tarde encabezan o presidente do goberno Pedro Sánchez e o Canciller Olaf Scholz. Tratarán sobre medidas conxuntas para afrontar a crise enerxética e mellorar a seguridade europea. // O ministro Luís Planas confirma a presentación ante a Xustiza europea do recursos contra o veto da pesca de fondo. Non aclara si pedirá tamén a suspensión cautelar da medida para evitar que a partir do domingo medio milleiro de barcos teñan que abandonzar as zonas protexidas do Atlántico. 05-10-22
Mantense a influencia das altas presións, aínda que unha fronte pouco activa se vai achegando polo noroeste coa entrada de nubes baixas que deixan chuvascos no norte das provincias da Coruña e Lugo. As temperaturas mínimas sen cambios mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. 05-10-22
Na primeira sesión do xuizo do accidente do Alvia. a xuiza rexeita a maioría das cuestións previas, e admite como proba un video de Adif que as vítimas consideran un intento por ocultar a sua responsabilidade. // Axentes de policía blindan a seguridade na Coruña, para o cumio hispano alemán que esta tarde encabezan o presidente do goberno Pedro Sánchez e o Canciller Olaf Scholz. Tratarán sobre medidas conxuntas para afrontar a crise enerxética e mellorar a seguridade europea. // O ministro Luís Planas confirma a presentación ante a Xustiza europea do recurso contra o veto a pesca de fondo. Non aclara si pedirá tamén a suspensión cautelar da medida para evitar que a partir do domingo medio milleiro de barcos teñan que abandonzar as zonas protexidas do Atlántico. 05-10-22
Tensión e protestas dos letrados no inicio do xuizo do accidente do Alvia, co maquinista e o ex xefe de seguridade de Adif no banco dos acusados. A xuiza admite como proba un video que as vítimas consideran un intento por ocultar a responsabilidade da administración. // O comenzo do xuízo estivo tamén presente na sesión de control no Parlamento. O presidente Rueda destacou que está axudando a que se faga xustiza, mentres a portavoz do BNG censurou a populares e socialistas por vetar durante 9 anos unha investigación parlamentaria. // 05-10-22
Mantense a influencia das altas presións, aínda que o vento de compoñente oeste trouxo humidade a toda a franxa costeira con brétemas nas comarcas atlánticas. As temperaturas máximas quedan sen cambios no interior e descenden no resto. 04-10-2022