Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Polémica pola elección da Coruña para albergar a sede da Axencia Estatal de Intelixencia Artificial. O concello de Granada, gobernado polo partido socialista, impugna a decisión por considerar que o proceso selectivo non foi transparente. // Renfe anuncia a creación en Monforte dun centro de ciberseguridade, no que traballarán ata 40 profesionais cualificados, saidos das universidades galegas. // As universidades da Coruña e Vigo presentan unha ferramenta para avaliar a fenda de xénero nas Tecnoloxías da Comunicación. Actualmente So un 12 por cento das matrículas desas carreiras corresponden a mulleres. // Iniciativa solidaria no barrio ourensán de Mariñamansa para dinamizar o comercio local con agasallos de cestas nadal para os veciños. 16-12-22

O anticiclón situado ao noroeste deixa ceos máis despexados pola tarde, agás no norte de Lugo onde persistirán as nubes e con algúns chuvascos. Mañá pola noite agárdase que vaia entrando unha fronte que deixará chuvias intensas durante a xornada do domingo 16-12-22

Polémica pola elección da Coruña para albergar a sede da Axencia Estatal de Intelixencia Artificial. O concello de Granada, gobernado polo partido socialista, impugna a decisión por considerar que o proceso selectivo non foi transparente. // Renfe anuncia a creación en Monforte dun centro de ciberseguridade, no que traballarán ata 40 profesionais cualificados, saidos das universidades galegas. // As universidades da Coruña e Vigo presentan unha ferramenta para avaliar a fenda de xénero nas Tecnoloxías da Comunicación. Actualmente So un 12 por cento das matrículas desas carreiras corresponden a mulleres. // Iniciativa solidaria no barrio ourensán de Mariñamansa para dinamizar o comercio local con agasallos de cestas nadal para os veciños. 16-12-22

Un buque portacontedores permanece retido no porto de Vigo, cun expediente aberto pola vertidura de fuel fronte á Ons. O barco avisou dunha fuga nun tanque de combustible, trala que apareceron animais mortos e restos de chapapote na Illa de Arousa. // O sector do cerco cualifica de catastrófico recorte de capturas establecido no acordo de ministros da Unión Europea para o xurelo. Son uns 150 barcos os máis afectados, que reclaman medidas compensatorias. // O Grupo Inditex marca un novo record no terceiro trimestre con 1.300 millóns de beneficio, e unhas vendas de máis de 8.000 millóns. No que vai de ano as ganancias aumentan 24 por cento. // O Selo Galicia Calidade cumpre 25 anos cunhas 150 empresas acollidas. A Xunta anuncia unha sección especial adicada ás industrias de alimentación. 14-12-22

Aviso laranxa por ondas de ata 5 metros no litoral da Coruña e Pontevedra onde tamén se están a rexistrar refachos fortes. En terra de novo día de chubascos, máis intensos e frecuentes sobre todo polo oeste e no sur. Serán máis illados e ocasionais no terzo norte. 14-12-22

Un buque portacontedores permanece retido no porto de Vigo, cun expediente aberto pola vertidura de fuel fronte á Ons. O barco avisou dunha fuga nun tanque de combustible, trala que apareceron animais mortos e restos de chapapote na Illa de Arousa. // O sector do cerco cualifica de catastrófico recorte de capturas establecido no acordo de ministros da Unión Europea para o xurelo. Son uns 150 barcos os máis afectados, que reclaman medidas compensatorias. // O Grupo Inditex marca un novo record no terceiro trimestre con 1.300 millóns de beneficio, e unhas vendas de máis de 8.000 millóns. No que vai de ano as ganancias aumentan 24 por cento. // O Selo Galicia Calidade cumpre 25 anos cunhas 150 empresas acollidas. A Xunta anuncia unha sección especial adicada ás industrias de alimentación. 14-12-22

Chuvias persistentes que poden ser treboentas, máis frecuentes pola tarde e na metade sur. As temperaturas mínimas subiron de xeito importante grazas aos ventos do sur que deixan sentir sobre todo na costa. As temperaturas máximas oscilarán entre os 14 graos prvistos na coruña aos 17 da Coruña. 13-12-2022

A negociacion das cotas de pesca da UE para o ano que vén remata con incrementos importantes para a pescada e a xarda. Porén, de xurelo só se poderá pescar o 4 por cento do autorizado para este ano, o que e visto como un grave perxuízo para a frota de cerco. // Falece unha muller de 57 anos en Ourense ao rexistrarse un incendio na sua casa. A policía investiga as causas do lume que podería deberse ao mal funcionamento dunha manta eléctrica. // As denuncias por violencia machista medran en Galicia un 14% no último ano. e diminúe o número de vítimas que renuncian a declarar no xuizo contra os agresores. // As depuradoras de mariscoven ameazada a sua viabilidade polo aumento das facturas da electricidade, que se teñen cuadruplicado no último ano. Piden poder optar a axudas compensatorias. 13-12-2022

Aumento de capturas de pescada e xarda, e reducción para o xurelo. E o acordo de cotas de pesca da Unión europea, considerado histórico polo goberno español, e ben acollido en xeral polos armadores galegos. // Falece en Ourense unha muller de 57 anos ao rexistrarse un incendio na sua casa. A policía investiga as causas do lume que podería deberse ao mal funcionamento dunha manta eléctrica. // As denuncias por violencia de xénero aumentan un 14 por cento en Galicia no último ano, e diminúe o número de vítimas que renuncian a declarar no xuizo contra os agresores. // As depuradoras de marisco ven amezada a sua viabilidade polo aumento das facturas da electricidade, que se teñen cuadruplicado no último ano. Piden poder optar a axudas compensatorias. 13-12-2022

O paso dunha fronte activa asociada a unha borrasca deixa moita chuvia, cas catro provincias en alerta amarela por precipitacións xeneralizadas, máis persistentes na metade oeste, e na franxa atlántica poden vir acompañadas de tormenta. 12-12-22

Vóos cancelados no aeroporto de Peinador, con centos de viaxeiros afectados e anegamentos en Vilagarcía e Vilanova. Son Consecuencias da borrasca Efraín, que afecta a toda Galicia e que se deixou sentir sobre todo de noite. //. O bo tempo favoreceu as reservas de última hora durante a ponte festiva de nove días, e cumplíronse as previsións de ocupación. Os datos provisionais apuntan a un 60% de media, con picos de máis do 90% en cidades como Vigo. // O tirón das luces de Vigo e as reservas de última hora permiten ao sector turístico un Balance dos nove días de ponte festiva por riba das espectativas.. // Nova derrota do Lugo de Fran Justo, contra a Ponferradina. En Baloncesto, o Breogán cae ante o Barcelona, mentres o Obradoiro consegue unha vitoria sobre o Bilbao Basket a domicilio. 12-12-22

Os ministros de Pesca da Unión Europea deciden en Bruxelas as cotas de capturas para o ano que ven. España reclama ter en conta os sacrificios da nosa frota nos últimos anos para evitar novos recortes. // Stellantis anuncia unha nova liña marítima, que conectará o porto de Vigo co de Liverpool, para abastecer de pezas a factoría onde se fabricará a versión eléctrica das furgonetas K9. // O tirón das luces de Vigo e as reservas de última hora permiten ao sector turístico un Balance dos nove días de ponte festiva por riba das espectativas. // Nova derrota do Lugo de Fran Justo, contra a Ponferradina. En Baloncesto, o Breogán cae ante o Barcelona, mentres o Obradoiro consegue unha vitoria sobre o Bilbao Basket a domicilio. 12-12-22

O ano que vén agárdase que estea xa funcionando na Coruña a Axencia de Supervisión da Intelixencia Artificial // Reganosa, Repsol e Naturgy construirán unha planta de hidróxeno verde en Cerceda, na Coruña, nos terreos da central térmica de Meirama, agora pechada // Unha residencia de maiores de Pontevedra mobilizouse para que aos seus anciáns lles chegue o agarimo de familiares e amigos. Piden que lles escriban mensaxes e cartas // Días intensos tamén nos bancos de alimentos para administrar a comida que chega coas recollidas solidarias, que se multiplican nestas datas. 09/12/2022

O ano que vén agárdase que estea xa funcionando na Coruña a Axencia de Supervisión da Intelixencia Artificial // Reganosa, Repsol e Naturgy construirán unha planta de hidróxeno verde nos terreos da central térmica de Meirama // Unha residencia de maiores de Pontevedra mobilizouse para que aos seus anciáns lles cheguen mensaxes e cartas // Días intensos nos bancos de alimentos para administrar a comida que chega coas recollidas solidarias, que se multiplican nestas datas 09/12/2022

O sector tecnolóxico galego agarda a chegada a Galicia de novos proxectos internacionais, trala decisión de situar na Coruña a Axencia de Supervisión da Intelixencia Artificial // Mentres en Vigo os hoteis están practicamente cheos e na Ribeira Sacra a ocupación supera o 80 por cento, en cidades como Santiago non chega ao 30 // Colas nas administracións de lotaría cando comeza a temporada alta das vendas dos décimos para o sorteo do Nadal // A Misión Biolóxica da Galicia pon en marcha unha campaña para promover o cultivo e o uso en gastronomía das sementes autóctonas. 07/12/2022

Claros e máis nubes, sobre todo pola tarde. Os ceos iranse cubrindo primeiro polo sur onde as precipitacións serán máis probables e intensas. Comezarán de noite e estenderanse a metade norte, pero en xeral no resto serán chuvias débiles. As temperaturas continúan con poucos cambios. As máximas oscilan entre os 13 graos previstos en Lugo ou os case 19 que teñen en Boiro. 07/12/2022

O sector tecnolóxico galego agarda a chegada a Galicia de novos proxectos internacionais, trala decisión de situar na Coruña a Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial // Mentres en Vigo os hoteis están practicamente cheos e na Ribeira Sacra a ocupación supera o 80 por cento, en cidades como Santiago non chega ao 30 por cento // Colas nas administracións de lotaría cando comeza a temporada alta das vendas dos décimos para o sorteo do Nadal // A Misión Biolóxica da Galicia pon en marcha unha campaña para promover o cultivo e o uso en gastronomía das sementes autóctonas 07-12-2022