As vacinacións da Covid aumentan un 30 por cento dende o comenzo do ano. A incidencia mantense estable, con 237 hospitalizados, seis deles nas UCI, e outros cinco falecidos nas últimas horas. // Aumenta a polémica en Ourense pola elección dun home condenado por abusos sexuais e reicidente para interpretar a Baltasar na Cabalgata de Reis. // As Rede Galega de Biblotecas supera no último ano a cifra dun millón e medio de libros prestados, cun incremento do 23 por cento sobre o ano anterior. 11-01-2023
As vacinacións da Covid aumentan un 30 por cento dende o comenzo do ano. A incidencia mantense estable, con 237 hospitalizados, seis deles nas UCI, e outros cinco falecidos nas últimas horas. // logo do accidente de autobús con sete falecidos ocorrido a pasada noiteboa, os concellos polos que pasa a N-541 amosaron hoxe unha fronte común, denominado O pacto de Pedre, para reclamar unha reforma integral e resolver os problemas de perigosidade. // Aumenta a polémica en Ourense pola elección dun home condenado por abusos sexuais e reicidente para interpretar a Baltasar na Cabalgata de Reis. // As Rede Galega de Biblotecas supera no último ano a cifra dun millón e medio de libros prestados, cun incremento do 23 por cento sobre o ano anterior. Hoxe, visitas guiadas, obradoiros e agasallos aos lectores máis activos, na celebración do Día do Usuario. 11-01-2023
O asalto ás institucións democráticas do Brasil por parte de seguidores do expresidente Bolsonaro tamén preocupa en Galicia // Preocupación tamén aquí pola sucesión de incidentes violentos na noite de Santiago. Os responsables de seguridade comprométense a aumentar a presenza policial nas zonas de lecer // Preto da metade dos galegos reducen gastos en roupa e calzado debido á suba de prezos no último ano // O Deportivo encara unha nova etapa na terceira categoría da man de Lucas Pérez, que volta ao equipo da súa cidade, estreándose con goles. 09/01/2023
Fronte cálida, con nubes baixas durante toda a xornada, con orballos na metade oeste e apertura de tímidos claros no norte e leste. Pola noite chegará unha fronte fría que deixará chuvias máis intensas, que se moverán de oeste a leste. 10/01/2023
Balance positivo da campaña de Nadal para a hostalaría, cunha ocupación que superou as expectativas, e mesmo as cifras anteriores á pandemia, pese ao incremento dos prezos. // A vista polo accidente do Alvia afronta a recta final coa comparecencia do primeiro dos quince peritos previstos na causa. Mentres, a defensa do maquinista aporta novas probas. // As libretas de aforro, un instrumento ao que recorren moitos usuarios de banca, sobre todo os de máis idade. Asociacións de consumidores denuncian que algunhas entidades empezan a limitar a sua emisión. // O parque de Cotorredondo, entre Marín e Vilaboa, acolle un proxecto de rexeneración, para favorecer a inserción laboral de persoas con discapacidade.10/01/2023
Máis afluencia turística e Mellores vendas das esperadas. O sector da Hostalaría fai un balance moi positivo da campaña de Nadal, // Asociacións de consumidores denuncian que algunhas entidades empezan a limitar a emisión de libretas de aforro, as que recorren moitos usuarios, sobre todo os de máis idade. // o xuízo do Alvia afronta a recta final. Hoxe retomouse coa aportación dun escrito sorpresa da defensa do maquinista, contrario á versión de Adif. // 10/01/2023
Máis afluencia turística e Mellores vendas das esperadas. O sector da Hostalaría fai un balance moi positivo da campaña de Nadal, // A Xunta ultima as tramitación da lei do litoral nunha xuntanza coas universidades. A norma pretende regular os usos e actividades na franxa costeira, ata agora contempladas na Lei de Costas estatal. // O xuízo do Alvia afronta a recta final. Hoxe retomouse coa aportación dun escrito sorpresa do maquinista, contrario á versión de Adif. // 10/01/2023
O asalto ás institucións en Brasil tamén preocupa en Galicia // Os responsables de seguridade comprométense a aumentar a presenza policial nas zonas de lecer de Santiago // Os galegos reducen gastos en roupa e calzado debido á suba de prezos // O Deportivo encara unha nova etapa na terceira categoría da man de Lucas Pérez. 09/01/2023
Tempo seco e ceos con máis claros que nubes. Continúa activo o aviso laranxa en todo o litoral por ondas de ata 7 metros. Os ventos sopran frouxos en xeral, con refachos fortes pola noite entre Bares e Fisterra. Baixan as temperaturas, especialmente as mínimas no interior. 09/01/2023
O asalto ás institucións democráticas do Brasil por parte de seguidores do expresidente Bolsonaro tamén preocupa en Galicia // Preocupación tamén aquí pola sucesión de incidentes violentos na noite de Santiago. Os responsables de seguridade comprométense a aumentar a presenza policial nas zonas de lecer // Preto da metade dos galegos reducen gastos en roupa e calzado debido á suba de prezos no último ano // O Deportivo encara unha nova etapa na terceira categoría da man de Lucas Pérez, que volta ao equipo da súa cidade, estreándose con goles. 09/01/2023
Os Reis Magos xa están chegando a moitas cidades de Galicia. En Vigo, a comitiva real estivo exposta toda mañá na avenida Castelao // As compras de última hora para os Reis mestúranse coas primeiras das rebaixas. A maioría dos comercios xa están aplicando descontos // En Galicia imos gastar de media uns 16 euros por persoa na lotaría do Neno, un pouco menos que o ano pasado // O Pontevedra quedou eliminado da Copa do Rei polo Mallorca tras plantarlle cara ao equipo de Primeira, que precisou da prórroga para apear aos de Pasarón. 05-01-23
Bo día para recibir os Reis. As néboas da mañá en moitos lugares do interior deixaron paso a ceos que alternan nubes e claros. Está máis cuberto no oeste da provincia da Coruña, onde mesmo se pode rexistrar algunha chuvia feble e ocasional. As temperaturas seguen sen cambios importantes e os ventos son frouxos de compoñente sur. 05-01-23
Os Reis Magos xa están chegando a moitas cidades de Galicia // As compras de última hora para os Reis mestúranse coas primeiras das rebaixas // En Galicia imos gastar de media uns 16 euros por persoa na lotaría do Neno // O Pontevedra quedou eliminado da Copa do Rei polo Mallorca tras plantarlle cara ao equipo de Primeira. 05-01-22
Os Reis Magos xa están chegando a moitas cidades de Galicia. En Vigo, a comitiva real formada por once carrozas leva exposta toda mañá na avenida Castelao // Estamos nun dos días de máis actividade nas tendas e comercios. Moitos aplican xa descontos importantes sen agardar ás rebaixas // En Galicia imos gastar de media uns 16 euros por persoa na lotaría do Neno, un pouco menos que o ano pasado // O Pontevedra quedou eliminado da Copa do Rei polo Mallorca tras plantarlle cara ao equipo de Primeira, que precisou da prórroga para apear aos de Pasarón. 05-01-23
As luces de Vigo permanecerán acendidas ata o 15 de xaneiro... O alcalde anunciara a súa intención de apagalas este domingo, pero a petición unánime do comercio e a hostalería levou ao rexedor a dar marcha atrás // O 2022 foi un excelente ano para o turismo en Galicia, que rexistrou de xaneiro a novembro 6,3 millóns turistas // O máis demandado nas pastelarías é o tradicional roscón de reis, aínda que agora ten un forte competidor: o panetone // Os Reis Magos xa están por aquí, traballando arreo para recibir as últimas peticións dos nenos, para deixarse ver nas cabalgatas de mañá e para repartir agasallos coa súa maxia. 04-01-23
Unha fronte feble e pouco activa podería deixar algunhas choivas nas costas da Coruña e Pontevedra. Os ventos sopran do sur e soben as temperaturas, sobre todo as mínimas, que oscilan entre os 5 graos de Lugo e os 10 da Coruña e Pontevedra. As máximas roldarán os 14 ou15 graos en toda a comunidade 04-01-23
As luces de Vigo permanecerán acendidas ata o 15 de xaneiro, unha semana máis // O 2022 foi un excelente ano para o turismo en Galicia, que rexistrou de xaneiro a novembro 6,3 millóns turistas // O máis demandado nas pastelarías é o tradicional roscón de reis, aínda que agora ten como competidor o panetone // Os Reis Magos xa están por aquí, traballando arreo para recibir as últimas peticións dos nenos. 04-01-23
As luces de Vigo permanecerán acendidas ata o 15 de xaneiro... O alcalde anunciara a súa intención de apagalas este domingo, pero a petición unánime do comercio e a hostalería levou ao rexedor a dar marcha atrás // O 2022 foi un excelente ano para o turismo en Galicia, que rexistrou de xaneiro a novembro 6,3 millóns turistas // Achégase o día de Reis e o máis demandado nas pastelarías é o tradicional roscón, aínda que agora ten un forte competidor: o panetone // O Celta quedou eliminado da Copa do Rei polo Espanyol nun partido que se decidiu na segunda parte dunha tensa prórroga. 04-01-23
Galicia pechou o 2022 con 10.000 parados menos // En apenas un mes pasamos de estar en prealerta por seca, a ter que abrir as comportas dos encoros. O de Belesar Lugo dobrou a cantidade de auga encorada // As vendas de coches en Galicia caeron en Galicia un dez por cento durante o ano pasado // O Laboratorio de Consumo de Galicia é o único de España que avalía a seguridade dos xoguetes. 03-01-22
Ceos parcialmente cubertos, con máis nubes canto máis ao oeste e con algunha chuvia miúda na zona costeira da provincia da Coruña. Houbo néboas a primeira hora nos vales do interior. As temperaturas máximas mantéñense coma onte e os ventos serán frouxos do sur, con intervalos fortes no litoral entre Bares e Fisterra. 03-01-22