O temporal deixa cerca de 1.400 incidencias, a maioría por caídas de obxetos. Ás complicacións para o tráfico súmase tamén en moitos puntos o xeo. // A neve convértese en protagonista da xornada nas estradas, provocando grandes retencións a primeira hora da mañá. Na A-6 e na A-8 chegaron a prohibir o paso de vehículos pesados. // Alcaldes socialistas e do BNG forman unha fronte para denunciar o deterioro dos servizos na área sanitaria de Pontevedra-Salnés. // A Xunta reclama as esculturas que foron roubadas hai décadas do mosteiro de Carboeiro, en Silleda e que actualmente están no Museo Marés dependente do concello de Barcelona. 18-01-23
As máquinas traballan para despexar as estradas, en alerta por neve en prácticamente todo o interior de Galicia. Cortes puntuais de tráfico e restricións ao paso de camións Na A-6 a altura do Corgo e en Pedrafita. // En Begonte a baixada do nivel da auga permitíu o regreso dos veciños que tiveron que ser desaloxados, algúns en motos de auga, polo desbordamento do río Ladra. // A Xunta agarda que as esculturas roubadas do mosteiro de C-arboeiro, en Silleda, volvan pronto ó seu lugar orixinal. Tal como descobríu un investigador galego, están no museo Marés, do -oncello de Barcelona. 18-01-23
Baixa a cota de neve a en torno os 300 metros de altitude. Nas montañas de Lugo e Ourense pódense acumular ata 20 centímetros. O temporal irá a máis con chuvias que poden vir acompañadas de saraiba e aparato e eléctrico e alerta vermella na costa da Coruña por ondas de máis de 8 metros. 17-01-23
Veciños de Begonte, rescatados en balsas das suas casas anegadas. O temporal deixa ao seu paso un rastro con máis de 700 de incidencias. // A neve chega xa as zonas de montaña de Lugo e Ourense, onde foi suspendido o transporte escolar. // Dúas aldeas de Valdeorras cuns 40 veciños permanecen illadas debido a un desprendemento na única estrada de acceso. // O perito xudicial critica no xuizo polo accidente do Alvia que Adif non fixera ningún estudo específico de perigosidade na curva de Angrois. // Fretadas en Vigo ás tres novas embarcacións patrulleiras da Axencia Europea de Control da Pesca que se encargarán dos labores de inspección en augas do Atlántico e o Mediterraneo. .17-01-23
Dificultades nas estradas por desprendementos e caídas de árbores e danos no tendido eléctrico. O temporal deixa ao seu paso máis de 700 de incidencias. // en Valdeorras, dúas aldeas cuns 40 veciños permanecen illadas debido a un desprendemento na única estrada de acceso ás súas vivendas. // O perito xudicial critica no xuizo polo accidente do Alvia que Adif non fixera ningún estudo específico de perigosidade na curva de Angrois. // Fretadas en Vigo tres novas patrulleiras da Axencia Europea de Control da Pesca que se encargarán dos labores de inspección en augas do Atlántico e o Mediterraneo. 17-01-23
O temporal deixa un rastro de casa anegadas, dificultades nas estradas e centos de incidencias. // A costa en alerta bermella, alerta laranxa por neve nas zonas de montaña, e unha vintena de ríos con avisos por desbordamento. // Xuízo en Santiago pola morte dun menor a mans do seu tío, ocorrida hai dous anos. A defensa do acusado pide a libre absolución alegando que foi producto dun brote psicótico, mentres a acusación pide prisión permanente revisable. // 17-01-23
Arbores arrincadas en Ferrol, son efectos da borrasca Gerard que se deixa notar, con refachos de vento que chegaron xa a superar os 160 kilometros por hora e ondas de ata 7 metros. // A polémica en relación coa medidas sobre o aborto en Castela e León trasládase a Galicia. Os populares descartan cambios no protocolo actual da nosa comunidade // Comenza en Vigo a desmontaxe dos adornos e atraccións de nadal, tras case dous meses, onde a ocupación hoteleira acadou unha media do 90%. // Os sanitarios advirten dunha pandemia silenciosa pola cada vez ver maior resistencia das bacterias aos antibióticos, e advirten de non gardar os sobrantes ao rematar un tratamento. 16-01-23
Comeza a semana con temporal de chuvia e forte vento e con suba de temperaturas. A partir de mañá entrada de Fien, outra fronte de aire frío procedente de Francia que ademáis de endurecer as condicions no mar, fará baixar os termómetros a baixo cero en moitos puntos. 16-01-23
Arbores arrincadas en Ferrol, son efectos da borrasca Gerard que se deixa notar, con refachos de vento que chegaron xa a superar os 160 kilometros por hora e ondas de ata 7 metros. // A polémica en relación coa medidas sobre o aborto en Castela e León trasládase a Galicia. Os populares descartan cambios no protocolo actual da nosa comunidade // Comenza en Vigo a desmontaxe dos adornos e atraccións de nadal, tras case dous meses, onde a ocupación hoteleira acadou unha media do 90%. // Os sanitarios advirten dunha pandemia silenciosa pola cada vez ver maior resistencia das bacterias aos antibióticos, e advirten de non gardar os sobrantes ao rematar un tratamento. 16-01-23
Os efectos da borrasca Gerard xa se deixan notar, con refachos de vento por riba dos 160 kilometros por hora e con ondas de entre 5 e 7 metros no litoral, no que está activada a alerta laranxa. // O presidente da Xunta amosa o seu apoio as medidas sobre o aborto en Castela e León. // Remata oficialmente o Nadal de Vigo. Hoxe comezou a desmontaxe dos diferentes adornos que engalanaron catrocentas rúas da cidade desde novembro. // Na segunda división o Lugo caeu onte en Anduva contra o Mirandés por dous a cero. 16-01-23
O prezo dos alimentos acada unha suba récord do 16 por cento en decembro, que pode reducir o impacto da baixada do IVE dalgúns produtos dende o comenzo do ano. // Pasado o doble ano xacobeo, o sector turístico aposta agora polo tirón de valores como a gastronomía e a sostibilidade, e aproveitar a chegada o AVE a Ourense. // Unha cámara agochada nunha tarxeta de crédito e un auricular para recibir as respostas correctas. Así é como intentou aprobar o exame teórico de conducir en Ourense un veciño de Tarragona. // Teatro participativo para divertirse e aprender inglés. É unha iniciativa na que participan uns 5.000 escolares, e que contribúe a que Galicia se sitúe como a comunidade co mellor nivel nesa lingua, segundo a plataforma de intercambio Education First. 13-01-23
Hoxe irase perdendo a influencia anticiclónica con ceos nubrados e chuvias máis persistentes na metade oeste. Será o domingo cando notaremos a baixada sobre todo das temperaturas mínimas. A cota de neve baixa aos 800 metros na madrugada do sábado e quede en torno aos 900 durante o domingo. 13-01-23
O prezo dos alimentos acada unha suba récord do 16 por cento en decembro, que pode reducir o impacto da baixada do IVE dalgúns produtos dende o comenzo do ano. // Pasado o doble ano xacobeo, o sector turístico aposta agora polo tirón de valores como a gastronomía e a sostibilidade, e aproveitar a chegada o AVE a Ourense. // Unha cámara agochada nunha tarxeta de crédito e un auricular para recibir as respostas correctas. Así é como intentou aprobar o exame teórico de conducir en Ourense un veciño de Tarragona. // Allariz, Cambados, Combarro, Ribadavia e Mondoñedo son as cinco vilas mais fermosas de Galicia segundo a prestixiosa revista de Viaxes National Geagraphic.13-02-23
O IPC xeral queda en Galicia no 6´4 por cento, sete décimas máis que a media do conxunto de España. // As administracións apuran a tramitación de ata 140 proxectos de parques eólicos ante o remate, o próximo día 25, do prazo de autorización dado polo ministerio de transición ecolóxica. // O sector hoteleiro celebra que as luces do Nadal sigan acendidas en Vigo, que segundo as primeiras estimacións, supera xa os 3 millóns de turistas. // Allariz, Cambados, Combarro, Ribadavia e Mondoñedo son as cinco vilas mais fermosas de Galicia segundo a prestixiosa revista de Viaxes National Geagraphic. 13-01-23
Hoxe temos ceos con máis claros no interior e con nubes baixas nas provincias atlánticas. As temperaturas máximas baixan. O vento sopra con forza entre Bares e a Costa da Morte. 12-01-23
Ramón Sampedro que daba fín a sua vida haí hoxe 25 anos, nunhas circunstancias que o converteron en símbolo de reivindicación da morte digna, que acabou na aprobación, o ano pasado, da lei de eutanasia. Dez persoas acolleronse a ela na nosa comunidade. // Programa piloto do Sergas para que algúns especialistas podan tramitar diretamente as baixas laboráis. Os médicos de familia piden que se estenda a todos os servizos dos hospitais. // Os centros educativos analizan o sistema de intelixencia artificial que se podería usar para facer os deberes escolares. Debaten aproveitalo como ferramenta de ensino ou limitar o seu uso entre os alumnos. 12-01-23
Ramón Sampedro que daba fín a sua vida haí hoxe 25 anos, nunhas circunstancias que o converteron en símbolo de reivindicación da morte digna, que acabou na aprobación, o ano pasado, da lei de eutanasia. Dez persoas acolleronse a ela na nosa comunidade. // A Xunta anuncia un plan para reducir as listas de espera na Sanidade ata os niveis anteriores á pandemia. // Os centros educativos analizan o sistema de intelixencia artificial que se podería usar para facer os deberes escolares. Debaten aproveitalo como ferramenta de ensino ou limitar o seu uso entre os alumnos. 12-01-23
Ondas de ata seis metros na praia de Riazor, na Coruña, que chegaron a rebasar a duna, esta mañá. // A Xunta anuncia un plan para reducir as listas de espera na Sanidade ata os niveis anteriores á pandemia. // O delegado do gobernó asegura que con Pedro Sánchez Galicia recibe os maiores ingresos da sua historia. // Os centros educativos debaten cómo afrontar os retos da intelixencia artificial. Sistemas que permiten dende escribir historias, compoñer a resolución de problemas de matemáticas. 12-01-23
Aumenta a demanda para a vacinación en Galicia, ante o temor a un empeoramento da incidencia da pandemia. // O Partido Popular esixe a dimisión do alcalde de Ourense, co que gobernou a cidade ata hai seis meses, pola participación dun condenado reincidente por abusos sexuais na Cabalgata de Reis. // As bibliotecas públicas de Galicia celebran hoxe o Día dos Usuarios con distintas actividades: visitas guiadas, obradoiros ou o recoñecemento aos lectores máis activos nos últimos meses. 11-01-2023
Apertura de claros neste mércores no que volve o anticiclón aínda que por pouco tempo porque o venres entrará outra fronte. As temperaturas mínimas baixaron pero as máximas quedan sen apenas cambios. Oscilan entre os 12 en Lugo e os 15 de Pontevedra. 11-01-2023