Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Galicia pechou o 2022 con 10.000 parados menos. Supón unha baixada dun 6,7 por cento, un pouco por debaixo da media nacional // En apenas un mes pasamos de estar en prealerta por seca, a ter que abrir as comportas dos encoros. O maior de Galicia, o de Belesar, en Lugo dobrou a cantidade de auga encorada // As vendas de coches en Galicia caeron en Galicia un dez por cento durante o ano pasado, o dobre que a media do conxunto de estado // O Laboratorio de Consumo de Galicia é o único de España que avalía a seguridade dos xoguetes. Aquí comproban que non teñan elementos perigosos.. 03-01-23

Nos supermercados, hoxe xa non se paga IVE nos alimentos de primeira necesidade coma o leite, o pan, os ovos ou as froitas e verduras // Tras unha fin de semana de intensas choivas, os ríos van volvendo ao seu leito, aínda que hoxe algúns continúan rebordados en moitos puntos // Unha investigación sobre as mulleres que emigraron e sobre o papel que tiveron que asumir as que quedaron na terra, centra o ensaio 'El vuelo Corto', da escritora Ofelia Rey, que acaba de ser distinguido co Premio Nacional de Historia // Co comezo do ano, todos enchemos a axenda de bos propósitos, que despois cumprimos ou non. 02-01-23

Ceos con alternancia de nubes e claros, con algúns chuvascos, máis probables no oeste da comunidade. Os ventos sopran frouxos do sur, e baixan as temperaturas, con mínimas que van dos tres graos de Lugo aos 8 da Coruña e Pontevedra, e máximas que non pasarán dos 14 graos, que vai marcar Vigo. 02-11-23

Nos supermercados, hoxe xa non se paga IVE nos alimentos de primeira necesidade // Tras unha fin de semana de intensas choivas, os ríos van volvendo ao seu leito, aínda que algúns continúan rebordados // Unha investigación sobre as mulleres na emigración centra o ensaio 'El vuelo Corto', da Ofelia Rey // Co comezo do ano, todos enchemos a axenda de bos propósitos, que despois cumprimos ou non. 02-01-23

Os ríos van volvendo ao seu leito, aínda que hoxe continúa rebordados en moitos puntos, tras unha fin de semana de intensas choivas // Imos aos mercados, onde hoxe debería notarse que xa non se paga o IVE nos alimentos de primeira necesidade. E noutros, como as pastas ou o aceite redúcese do 10 ao 5 por cento // Os condutores que circulan pola AP-9 ou a AP-53 están pagando un 4 por cento máis que o ano pasado // Co comezo do ano, todos enchemos a axenda de bos propósitos, que despois cumprimos ou non. 02-01-23

Unha fronte deixará moito vento e choiva esta Noitevella. A partir desta tarde o mal tempo irase espallando por toda Galicia e tinguirá de amarelo e laranxa o mapa dos avisos. Con todo, será o fin de ano coas temperaturas máis altas dende que hai rexistros. 30-12-22

O prezos volven frear a súa subida en decembro e rematan 2022 algo menos dun seis por cento máis caros que hai un ano. É a inflación máis baixa de todo o ano // Nesta véspera de Fin de Ano, longas reas para encher o depósito nas gasolineiras. O domingo xa non se aplicará o desconto de 20 céntimos por litro a todos // A catedral de Santiago celebra a cerimonia que conmemora a traslación dos restos do Apóstolo desde Palestina a Compostela, na véspera do remate dun excepcional dobre Ano Xacobeo // Unha fronte deixará moito vento e choiva esta Noitevella. Con todo, será o fin de ano coas temperaturas máis altas dende que hai rexistros // Noitevella anticipada no Porriño, con festa infantil. 30-12-22

 

O prezos volven frear a súa subida en decembro e rematan 2022 algo menos dun seis por cento máis caros que hai un ano // Longas reas para encher o depósito nas gasolineiras // A catedral de Santiago celebra a cerimonia que conmemora a traslación dos restos do Apóstolo // Unha fronte deixará moito vento e choiva esta Noitevella // Noitevella anticipada no Porriño, con festa infantil. 30-12-22

Nesta véspera de Fin de Ano, longas reas para encher o depósito nas gasolineiras. O domingo xa non se aplicará o desconto de 20 céntimos por litro a todos // A inflación modérase un punto en decembro // Noitevella anticipada no Porriño, con festa infantil // Unha fronte deixará moito vento e choiva esta Noitevella. Con todo, será o fin de ano coas temperaturas máis altas dende que hai rexistros. 30-12-22

Preparativos para as celebracións da Noite Vella, que este ano, xa sen restricións, se agardan multitudinarias. Hoteis e discotecas teñen practicamente todo reservado // Co novo ano entrarán en vigor as novas medidas para reducir a contaminación nas cidades. Pontevedra é a única galega que xa cumpre cos parámetros da Unión Europea // Especialistas en Intelixencia Artificial abordan na Coruña os desafíos e oportunidades desta tecnoloxía para a sociedade // En Galicia hai preto de dous mil centenarios, pero pasar dos 110 anos é unha proeza que hoxe consegue o pintor vigués Luis Torras, o home máis vello de Galicia. 29-12-22

Preparativos para as celebracións da Noite Vella, que, xa sen restricións, se agardan multitudinarias // Co novo ano entrarán en vigor as novas medidas para reducir a contaminación nas cidades. Pontevedra xa cumpre cos parámetros da Unión Europea // Especialistas en Intelixencia Artificial abordan na Coruña os desafíos desta tecnoloxía // Hoxe está de aniversario o home máis lonxevo de Galicia, o pintor de Vigo Luis Torras. 29-12-22

Toda a costa galega está en alerta amarela por ondas de ata cinco metros. Tamén hai alerta por chuvias nas provincias atlánticas, porque poden caer ata 40 litros por metro cadrado en doce horas. Seguimos con chuvascos durante o día e con chuvias máis xeneralizadas de cara á noite. 29-12-22

Preparativos para as celebracións da Noite Vella, que este ano se agardan multitudinarias. Hoteis e discotecas teñen practicamente todo reservado // O consello da Xunta aproba a declaración de proxecto industrial estratéxico para a futura fábrica de fibras téxtiles de Altri en Palas de Rei // Especialistas en Intelixencia Artificial abordan na Coruña os desafíos e oportunidades desta tecnoloxía para a sociedade // En Galicia hai preto de dous mil centenarios, pero pasar dos 110 anos é unha proeza que hoxe consegue o pintor vigués Luis Torras, o home máis vello de Galicia. 29-12-22

Un Equipo de Reconstrución de accidentes da Garda Civil traballa na zona onde caeu o autobús ao río Lérez, na busca de probas para investigar as causas do sinistro // Reaccións ás medidas anunciadas polo Goberno para facer fronte á crise // Especialistas galegos traballan no deseño da medicina do futuro, coa axuda da xenética e a Intelixencia Artificial // Damos un paseo por Camiños Creativos. É o título da exposición que, en Santiago e da man do Xacobeo, nos convida a movernos entre pinturas, fotografías, audiovisuais ou instalacións. Artistas universais e obras nunca antes exhibidas en Galicia. 28-12-22

Chuvias importantes esta mañá na fachada atlántica, sobre todo polo sur. En Baiona caeron case 29 litros por metro cadrado na primeira metade deste día. Chuvias que se entenderán pola tarde ao resto da comunidade. Recuperamos os paraugas nun día no que sopra con forza o vento sobe todo na costa norte e na Mariña, con refachos que superaron os 100 quilómetros por hora en Cedeira e na Pontenova, en Lugo. 28-12-22

Un Equipo de Reconstrución de accidentes da Garda Civil traballa na zona onde caeu o autobús ao río Lérez para investigar as causas do sinistro // Reaccións ás medidas anunciadas polo Goberno para facer fronte á crise // A medicina do futuro, coa axuda da xenética e a Intelixencia Artificial // Camiños Creativos, unha exposición que nos convida a movernos entre pinturas, fotografías, audiovisuais ou instalacións. 28-12-22

Avanza a investigación do accidente de autobús en Cerdedo-Cotobade que lle custou a vida a sete persoas. Un Equipo de Reconstrución de accidentes da Garda Civil traballa na zona onde caeu o vehículo // O novo paquete de medidas que aprobou o Goberno co fin de facer fronte a inflación mantén algunhas das axudas e inclúe tamén novidades. As principais, en alimentación e en vivenda // O sector pesqueiro saúda que se manteña a rebaixa nos combustibles para os profesionais do mar pero lamentan que non se baixe o IVE do peixe // O Xacobeo reúne en Santiago artistas universais nunha exposición que explora os fértiles camiños creativos e a relación entre arte e desprazamento. 28-12-22

Todo preparado en Cerdedo-Cotobade para retirar do río o autobús caeu ó Lérez en Noiteboa, con 9 persoas a bordo // Retransmisión en directo da retirada do autobús // Recuperar o autobús é fundamental para a investigación. A análise do vehículo pode axudar a coñecer as causas do accidente // Valentín González Formoso mantén a intención de ser candidato á presidencia da Xunta, pero di que desistiría se tamén se posicionase José Ramón Gómez Besteiro, absolto da súa ultima causa xudicial // Con 8.600 empresas, a construción é a terceira actividade que xera máis emprego en Galicia. 27-12-22

Baixada das temperaturas, que se notou sobre todo a primeira hora da mañá. Durante o día, continuamos con nubes e claros e con posibilidade dalgunha chuvia pouco importante no leste. Si volverán con máis forza a partir de mañá pola tarde, cando se agarda que entre unha fronte moi activa 27-12-22

Todo preparado en Cerdedo-Cotobade para retirar do río o autobús caeu ó Lérez en Noiteboa // Recuperar o autobús é fundamental para a investigación das causas do accidente // Valentín González Formoso mantén a intención de ser candidato á presidencia da Xunta, pero di que desistiría se tamén se posicionase José Ramón Gómez Besteiro // Con 8.600 empresas, a construción é a terceira actividade que xera máis emprego en Galicia. 27-12-22