En febreiro perderon o seu traballo 3.391 persoas en Galicia. // A CIG presenta a convocatoria de folga xeral en Galicia para o 29 de marzo. // A Xunta quere rebaixar este ano o gasto farmacéutico un 7%. // No que vai de ano foron detidas en Galicia 50 persoas acusadas de ter provocado incendios forestais. // O Concello Oleiros vai abrir un expediente para multar ao Bispado por ter abandonada unha igrexa. 02/03/12
O baixo nivel do río Miño ao seu paso por Ourense preocupa ó Concello da cidade. // PP e BNG unen os seus votos para desaloxar da alcaldía de Cee ao independente Ramón Vigo, que gobernaba en minoría. Á fronte deste concello vai estar agora a popular Zaira Rodríguez. // Hoxe cúmprense tres anos desta lexislatura autonómica. Para a oposición foi un tempo perdido. Núñez Feijóo salienta a responsabilidade ante a situación económica. // Doce panadeiros artesáns de Pontevedra acaban de asociarse, coa idea de elaborar un pan diferenciado e de alta calidade, para facer fronte á competencia do pan industrial. // Na Coruña na Fundación Luís Seoane pode verse a primeira gran retrospectiva do ano sobre Valentín Paz Andrade. 01/03/12
Baixo nivel do río Miño ao seu paso por Ourense. // PP e BNG unen os seus votos para desaloxar da alcaldía de Cee ao independente Ramón Vigo. // Hoxe cúmprense tres anos desta lexislatura autonómica. // Panadeiros artesáns de Pontevedra asócianse para elaborar un pan diferenciado e de alta calidade. // Exposición retrospectiva sobre Valentín Paz Andrade. 01/03/12
Ceos pouco nubrados ou despexados nas primeiras horas e nubes de evolución diúrna que crecerán no interior, dando lugar a chuvascos de distribución irregular e ocasionalmente acompañados de tormenta. Vento frouxo de dirección variable, con predominio do compoñente Leste no litoral Norte. Temperaturas sen cambios significativos. 01/03/12
A prolongada ausencia se chuvias está a preocupar no agro galego. Falta herba para alimentar o gando e haina que comprar fóra, co que se está a encarecer a produción do leite. // Sesión de control ao Goberno galego. O presidente Alberto Núñez Feijóo di que tentará non tocarlle o salario aos empregados públicos no que queda de lexislatura. // Un matrimonio da Coruña está entre os pasaxeiros do ¿Costa Allegra¿, o cruceiro que sufriu un incendio no Índico e está a ser remolcado cara a Illas Seychelles. // Dúas mulleres morreron nas últimas horas en accidentes de tráfico en Galicia. // Só en Galicia, máis de 200 mil persoas teñen algunha das enfermidades consideradas raras. 29/02/12
A prolongada ausencia se chuvias está a preocupar no agro galego. // Sesión de control ao Goberno galego. // Un matrimonio da Coruña está entre os pasaxeiros do ¿Costa Allegra¿. // Dúas mulleres morreron nas últimas horas en accidentes de tráfico en Galicia. // Máis de 200 mil galegos teñen algunha das enfermidades consideradas raras. 29/02/12
Nubes baixas no terzo oeste de Galicia, que serán localmente persistentes nas zonas costeiras, e ceos pouco anubrados ou despexados no resto, aínda que a partir da tarde crecerán nubes en zonas montañosas. Ventos frouxos do sur e sueste en xeral, con intervalos moderados no litoral oeste da Coruña. As temperaturas seguen sen cambios ou con lixeiros descensos nas máximas. 29/02/12
Xa está en Vigo o "Ratonero", o pesqueiro do Grove apresado no Atlántico cando traía cara Galicia tres toneladas e media de cocaína, que recollera fronte ás costas de Venezuela. // O Parlamento galego aproba a lei de medidas para os empregados públicos. // Fóra do Parlamento centos de funcionarios protestaron mentres se votaba a lei que lles vai impor novos recortes laborais. // José Blanco asegura que as acusacións contra el do empresario Jorge Dorribo, son só unha estratexia coa que tenta evitar o cárcere. // Na Coruña, continúa ingresado un dos nenos ós que un home lles tirou ácido á cara cando baixaban do autobús escolar. 28/02/12
Tempo seco en toda Galicia aínda que con algún banco de néboa matinal e a entrada de brumas nas últimas horas pola costa oeste. Ventos moderados de compoñente este no litoral norte, mentres que no resto serán frouxos do sueste pola mañá, cambiando a sueste pola tarde. As temperaturas seguirán sen cambios ou en lixeiro descenso no caso das máximas, aínda que continuarán altas nas horas centrais do día. 28/02/12
Xa está en Vigo o "Ratonero", o pesqueiro apresado no Atlántico cando traía cara Galicia tres toneladas e media de cocaína. // O parlamento galego aproba a lei de medidas para os empregados públicos. // Protestas dos empregados públicos. // José Blanco asegura que as acusacións de Dorribo son unha estratexia coa que tenta evitar o cárcere. // Na Coruña, continúa ingresado un dos nenos aos que un home lles tirou ácido á cara. 28/02/12
A falta de chuvia e unhas temperaturas máis propias da primavera que do inverno no que aínda estamos obrigaron a adiantar varios meses o comezo da campaña de prevención dos incendios. // A FEGAMP considera que os concellos deberán, a curto prazo, colaborar entre eles para compartir servizos se non queren hipotecar o seu futuro. // Entra en servizo un novo treito da Vía Ártabra, unha autovía coa que se tenta desconxestionar o tráfico entre a Coruña e os concellos limítrofes. // O Gradiant, o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia facturou o ano pasado 1,8 millóns de euros e ten asinados contratos para este ano por valor de dous millóns. // O Celta e o Deportivo seguen arriba. O Obradoiro gaña por terceira vez consecutiva. // Forum Gastronómico 2012, en Santiago. 27/02/12
A falta de chuvia obrigara a adiantar o comezo da campaña de prevención dos incendios. // A FEGAMP considera que os concellos deberán compartir servizos se non queren hipotecar o seu futuro. // Entra en servizo un novo treito da Vía Ártabra. // O Gradiant, o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia facturou o ano pasado 1,8 millóns de euros. // O Celta e o Deportivo seguen arriba. O Obradoiro gaña por terceira vez consecutiva. // Forum Gastronómico 2012, en Santiago. 27/02/12
Ceos pouco anubrados ou despexados en xeral, con nubes de estancamento na Mariña lucense. Temperaturas mínimas sen cambios significativos e máximas en lixeiro ascenso, con valores altos para esta época do ano. Ventos do este, frouxos con intervalos moderados no terzo norte, e frouxos de dirección variable no resto. 27/02/12
Máis de tres toneladas de cocaína intervidas e cinco detidos nun pesqueiro do Grove que navegaba polo Atlántico. // Visitamos en Vigo o último buque científico do Instituto Español de Oceanografía, o ¿Ángeles Alvariño¿. Costa vinte millóns de euros e estará traballando en setembro, nunha campaña de investigación nas Canarias. // Prezos baixos nas primeiras poxas da ameixa depurada nas bateas experimentais de ría de Ferrol. // O Deportivo está de festa. Celebra que acaba de chegar á cifra histórica dos 25.000 abonados. // O autobús itinerante coa mostra dos 75 anos de historia de RNE está hoxe en Santiago. 24/02/12
Máis de tres toneladas de cocaína intervidas e cinco detidos nun pesqueiro do Grove. // Visitamos en Vigo o último buque científico do Instituto Español de Oceanografía, o ¿Ángeles Alvariño¿. // Prezos baixos nas primeiras poxas da ameixa das bateas experimentais de Ferrol. // O Deportivo acaba de chegar á cifra histórica dos 25.000 abonados. // Mostra dos 75 anos de RNE en Santiago. 24/02/12
Ceo pouco nubrado ou despexado nas primeiras horas, con intervalos de nubes medias e altas en aumento durante a xornada. Vento frouxo do Leste no terzo Norte e variable no resto. Temperaturas sen cambios significativos, aínda que puntualmente ascenderán as mínimas e descenderán as máximas. Xeadas no interior. 24/02/12
Investigan se o dobre asasinato de Xermade, en Lugo, foi para roubar ou por un axuste de contas, por tráfico de drogas ou débedas. // Parte dos beneficios que se obteñan da explotación do monte van ter que reinvestirse nel. É unha das novidades da lei do monte que hoxe comezou a súa tramitación no Consello da Xunta. // O Goberno galego tamén aprobou esta mañá o plan sectorial do Campus do Mar de Vigo, nos antigos terreos da ETEA, nos que abre a posibilidade de construír vivendas. // Máis de 3.000 autónomos galegos tiveron que pechar os seus negocios o ano pasado por mor da crise. // Nace en Pontevedra unha nova ruta histórica de sendeirismo que parte da cidade do Lérez ata Vilanova de Arousa, atravesando o val do Salnés. // A comida e a música viguesa únense para promocionar a cidade en Madrid. 23/02/12
Nova xornada de ceos poucos nubrados ou despexados. Vento moi frouxo de compoñente Leste no litoral Norte e variable no resto. Frío e xeadas no interior durante a madrugada, mentres que nas primeiras horas da tarde a sensación térmica será moito máis suave. 23/02/12
Investigan se o dobre asasinato de Xermade, en Lugo, foi para roubar ou por un axuste de contas. // Parte dos beneficios que se obteñan da explotación do monte van ter que reinvestirse nel. // Ábrese a posibilidade de construír vivendas no Campus do Mar de Vigo. // Máis de 3.000 autónomos galegos pecharon os seus negocios o ano pasado. // Nace en Pontevedra unha nova ruta histórica de sendeirismo. // Vigo promociónase en Madrid. 23/02/12
Leva meses sen chover e os encoros galegos están xa a pouco máis do cincuenta por cento da súa capacidade, 10 puntos por baixo da media dos últimos dez anos. // Dous homes morreron en Xermade, en Lugo, cando tentaban roubarlles na casa. // Declara no tribunal Supremo Manuel Bran, o primo político de José Blanco, e en Lugo o alcalde anuncia accións legais contra o empresario Jorge Dorribo. // O Partido Popular rexeita no Congreso unha proposta do BNG para reactivar o sector naval galego, que sí contou co apoio do grupo socialista. // Diminúen os accidentes de tráfico en Galicia, pero aumentan, e moito, os atropelos. // Polémica en Ourense entre a Igrexa e a ONG que xestiona esta casa de acollida para enfermos de SIDA sen recursos. O Bispado quere desaloxalos pola vía xudicial porque non pagan o aluguer do local desde hai ano e medio. 22/02/12