Un desprendemento de terra mantén cortada a autovía A6 en Becerreá. Hai media hora quedou habilitado para circular en sentido Coruña un dos carrís en sentido Madrid. | A chuvias, de ata 50 litros por metro cadrado, e os fortes ventos provocan dende o pasado mércores máis de 700 incidencias en toda Galicia. | Carga policial nunha protesta de bombeiros comarcais en Pontevedra. Os traballadores dos 17 parques de Galicia reclaman un convenio colectivo único con subidas salariais e un aumento na dotación de 80 empregados máis para atender o servizo. |Os donativos de roupa que se recollen nos colectores xestionados por Cáritas superan xa as 40.000 toneladas anuais. As prendas son vendidas en tendas que empregan a persoas en risco de exclusión. 20-10-23
Alerta vermella a na costa que pasa a laranxa a partir do mediodía. Seguimos con chuvias especialmente intensas na montaña de Lugo. Son chuvascos que se manterán durante a fin de semana cunha pequena tregua mañá pola tarde. 20-10-23
Os fortes ventos provocan nas últimas horas 170 incidencias en toda Galicia, sobre todo pola caída de árbores e obxetos nas estradas. | Carga policial nunha protesta de bombeiros comarcais en Pontevedra.| A Policía Nacional interveu na autovía do Salnés un camión con 30 quilos de heroína, procedente de Irán. |O proxecto de orzamentos da Xunta para 2024 no recorre, por vez primeira en 16 anos, ó endebedamento. | Os donativos de roupa que se recollen nos colectores xestionados por Cáritas superan xa as 40.000 toneladas anuais. 20-10-23
Desprendemento de terra e rochas que arrastrou un vehículo na Autovía A-6, ao seu paso por Becerreá. Obriga a manter cortada a circulación en sentido á Coruña. | Os fortes ventos teñen provocado, nas últimas horas, 170 incidencias en toda Galicia, sobre todo pola caída de árbores e obxetos nas estradas. | A Policía Nacional interveu na autovía do Salnés un camión con 30 quilos de heroína, procedente de Irán. | A cooperativa de Cáritas que xestiona roupa donada, supera xa as corenta mil toneladas anuais de prendas.20-10-23
O tren de borrascas que entran polo Atlántico segue deixando, tempo moi inestable. Case 300 incidencias rexistrou o 112 nas últimas horas, a maioría relacionadas con enchentes en baixos e locais, polas intensas precipitacións. |O Presidente da Xunta arremete no Senado contra as negociacións para lograr a investidura de Pedro Sánchez. Advertíu que non permitirá acordos que vaian contra a igualdade e perxudiquen a Galicia. | O detido pola violación e asasinato da veciña de Cabanas Elisa Abruñedo confesou ser o autor do crime ante a Garda Civil. | O Conservatorio de Vigo convírtese en escaparate de cómo se debe preservar e transmitir a música tradicional no ensino artístico superior. Cincuenta expertos de cinco paises participan no proxecto Erasmus TUNE 19-10-23
Toda Galicia en alerta pola borrasca Aline, con rexistros que acadaron os 98 litros por metro cadrado. Os ventos varren a comunidade con refachos que superaron os 122 kilómetros por hora. Toda a costa en aviso laranxa. A medianoite activase a primeira alerta vermella do outono con ondas de ata 10 metros na costa norte. 19-10-23
O tren de borrascas que entran polo Atlántico segue deixando, tempo moi inestable. | O Presidente da Xunta arremete no Senado contra as negociacións para lograr a investidura de Pedro Sánchez. | O detido pola violación e asasinato da veciña de Cabanas Elisa Abruñedo confesou ser o autor do crime ante a Garda Civil. | O Conservatorio de Vigo convírtese en escaparate de cómo se debe preservar e transmitir a música tradicional no ensino superior, co proxecto Erasmus TUNE. 19-10-23
Balsas de auga que chegan a impedir a circulación, en Santiago. A cidade levou, nas últimas horas, a peor parte dos efectos das intensas precipitacións. | O Presidente da Xunta referíuse hoxe, na sua intervención no Senado, as negociacións sobre un novo financiamento autonómico, e consecuencias dunha posible amnistía. |Grandes empresas enerxéticas confirman o seu interese por instalar en Galicia plantas de produción de enerxías limpas, as únicas permitidas a partir de 2050, segundo a normativa da Union Europea. | 19-10-23
Aprobado o teito de gasto da Xunta para o ano que ven, de 13.257 millóns de euros, a cifra máis alta da sua historia, e que supera en máis de 600 millóns a deste ano. | o detido polo crime de Elisa Abruñedo, continúa a espera de pasar a disposición xudicial, logo de que a garda civil requisara na sua vivenda varias escopetas e armas brancas. | Uniósn Agrarias comeza unha campaña para vetar o acceso as axudas públicas das industrias lacteas que imcumpran coas obrigas cos gandeiros .| MOndoñedo celebra o día grande das San Lucas, A feira máis antiga da que se ten constancia en Galicia, con máis de 800 anos de tradición 18-10-23
Unha nova borrasca aproximáse polo Atlántico. Os seus efectos notaránse sobre todo a partir da media da tarde cando as chuvias poden ser localmente fortes e acompañadas de treboadas. . Pola tarde prácticamente toda Galicia estará en alerta amarela por chuvias e tamén por ventos que poden superar os 80 kilómetros por hora. 18-10-23
Aprobado o teito de gasto da Xunta para o ano que ven, de 13.257 millóns de euros. | Gómez Besteiro presentou case 3.000 avais na sede central do PSdeG-PSOE , cinco veces máis do mínimo esixido. | O detido polo crime de Elisa Abruñedo, continúa a espera de pasar a disposición xudicial.|Uniósn Agrarias comeza unha campaña para vetar o acceso as axudas públicas das industrias lácteas que incumpran coas obrigas cos gandeiros.| MOndoñedo celebra o día grande das San Lucas, A feira máis antiga da que se ten constancia en Galicia. 18-10-23
O Parlamento aproba, cos votos da maioría do Partido Popular, o teito de gasto da Xunta para o ano que ven. Serán 13.257 millóns de euros, a cifra máis alta da sua historia. | O detido polo crime de Elisa Abruñedo, violada e apuñalada hai dez anos, permanece na Comandancia da Garda Civil da Coruña, á espera de pasar a disposición xudicial. |Máis de 30 proxectos industriais perigan en Galicia ante a falta de enerxía renovable e competitiva. Así o aseguran os representantes do sector eólico. | En Mondoñedo hoxe é o día grande das San Lucas, a considerada feira máis antiga de Galicia. 18-10-23
Comenzan os traballos para levantar a duna de Riazor, na Coruña. Unha barreira na praia para protexer o paseo marítimo das embestidas dos temporais que, xa empezan a chegar. | A pobreza baixou en Galicia no último ano, Aínda que o 23 por cento dos galegos seguen en risco de exclusión social. Así o indica o informe da rede Galega contra a pobreza presentado hoxe. | O Sergas emprende un estudo clínico para comprobar se a vacina reforzada contra a gripe que se emprega nos maiores de oitenta anos pode ser tamén efectiva na franxa de idade a partir dos 65.| No sorteo da Copa do Rei, o club deportivo Boiro, que milita na preferente de Galicia norte, queda enfrontado ao Mallorca, de primeira división. O Arousa, xogará contra outro primeira, o Granada. 17-10-23
A borrasca Babet manterá en alerta ata esta noite á meirande parte de Galicia por vento e chuvias fortes que poden descargar ata 40 litros por metro cadrado en doce horas. Refachos que xa superan os 137 kilómetros por hora e ondas que no mar poden chegar aos 7 metros ao sur de Cabo Vilán onde está activo o aviso laranxa 17-10-23
A Garda Civil detivo hoxe a un home acusado do homicidio de Elisa Abruñedo, ocorrido no concello coruñés de Cabanas en setembro de 2013. | Comenzan os traballos para levantar a duna de Riazor, na Coruña. | A pobreza baixou en Galicia no último ano, Aínda que o 23 por cento dos galegos seguen en risco de exclusión social. |O Sergas emprende un estudo clínico para comprobar se a vacina reforzada contra a gripe que se emprega nos maiores de oitenta anos pode ser tamén efectiva na franxa de idade a partir dos 65.| | Na Copa do Rei o club deportivo Boiro, que milita na preferente de Galicia norte, queda enfrontado ao Mallorca, de primeira división. 17-10-23
Ao club deportivo Boiro podía tocarlle o Mallorca no sorteo da primeira rolda da Copa do Rei. | Boa parte da frota esta amarrada. Os fortes ventos deixan incidencias no aeroporto de Vigo. | Operación contra un grupo criminal neonazi con rexistros en diversas provincias entre elas na de Lugo. A policía e os mossos de Escuadra levaron a cabo rexistros e detencións contra a organización supremacista Combat 18. | O sergas ofrecerá a todos os galegos de entre 65 e 79 anos vacinas reforzadas contra a gripe, como parte dun ensaio clínico. 17-10-23
Pasa a disposición xudicial en Vigo o home acusado de provocar o incendio no pavillón das Travesas. De 37 anos, ten antecedentes por delictos similares na cidade.| o servizos sanitarios seguen a ser o principal foco de queixas dos cidadans. Así o constata o informe anual presentado hoxe pola Valedora do Pobo no Parlamento| Vacinación conxunta contra a gripe e a covid para maiores de 80 anos. Unha vez rematada para os usuarios das residencias e a domicilio, hoxe comenzou nos centros de saúde. Tamén para os nenos de ata cinco anos. | Unhas 8.000 persoas están empregadas en Galicia no sector do Pan, do que hoxe se celebra o Día Internacional. Para estudar este alimento básico o Campus Universitario de Lugo conta coa Cátedra do Pan. 16-10-23
As chuvias que comezaron pola mañá polo litoral atlántico serán xeralizadas pola tarde. Co paso das horas tamén irá arreciando o vento sur que deixará refachos fortes na costa atlántica que se intensificarán de madrugada cando a alerta no mar pasará de nivel amarelo a laranxa.Ventos que varrerán tamén mañá a comunidade . As temperaturas soben. As máximas volverán superar os 20 graos. 16-10-23
Pasa a disposición xudicial en Vigo o home acusado de provocar o incendio no pabillón das Travesas. | Comeza a vacinación conxunta fronte á gripe e a covid de maiores de oitenta anos, que están sendo citados nos centros de saúde. |O servizos sanitarios seguen a ser o principal foco de queixas dos cidadáns sobre o funcionamento da administración.| Unhas 8.000 persoas están empregadas en Galicia no sector do Pan, un dos produtos máis presentes nas nosas mesas, e do que hoxe se celebra o Día Internacional. | 16-10-23
Comenza a vacinación conxunta contra a gripe e a covid para maiores de 80 anos nos centros de saúde| O home detido en Vigo polo incendio no pavillón deportivo do Carme, no barrio das Travesas, de 37 anos, ten antecedentes por provocar outros lumes e por delictos de danos.| As queixas sobre a sanidade seguen estando entre as principais da cidadanía galega. | Hoxe celebrase o Día das Escritoras para poñer en valor o labor e o legado das mulleres dedicadas á literatura, a través da historia. 16-10-23