Permanece activo, aínda que xa estabilizado, o incendio forestal declarado en Trabada, en Lugo, que xa calcinou máis de 450 hectáreas. O lume obrigou a cortar a autovía A-8 e a desaloxar varios veciños| En Vigo, avanza a investigación sobre as causas do incendio nun edificio no que faleceron catro membros dunha familia | A inflación galega é a terceira que máis medrou en setembro: case 4 puntos, o que sitúa a Galicia como a oitava comunidade cos prezos máis altos | Presenza masiva de turistas nesta Ponte do Pilar en Galicia. Se os hoteis da provincia de Pontevedra superan o 70 por cento de ocupación, Santiago está rozando o cheo. 13-10-23
Volveron as chuvias e coas primeiras alertas meteorolóxicas do outono. Media Galicia está en aviso amarelo por vento e por chuvascos fortes. No concello coruñés de Santa Comba xa caeron máis de 66 litros por metro cadrado e os refachos superaron os 117 quilómetros por hora en Viveiro. As chuvias que comezaron pola mañá na metade oeste afectarán ao resto do territorio pola tarde. Remiten o sábado para volver de novo con forza o domingo. 13-10-23
Permanece activo, aínda que xa estabilizado, o incendio forestal declarado en Trabada, en Lugo, que xa calcinou máis de 450 hectáreas | En Vigo, avanza a investigación sobre as causas do incendio nun edificio no que faleceron catro membros dunha familia. Puido ser fortuíto | A inflación medrou en Galicia un 3,7 % en setembro | Presenza masiva de turistas nesta Ponte do Pilar en Galicia. 13-10-23
Permanece activo o incendio forestal declarado en Trabada, en Lugo, que xa calcinou máis de 450 hectáreas. O lume obrigou a cortar a autovía A-8 | En Vigo, avanza a investigación sobre as causas do incendio nun edificio no que faleceron tres nenos e a súa nai | A inflación galega é a terceira que máis medrou en setembro: 3,7 por cento | Presenza masiva de turistas nesta Ponte do Pilar en Galicia.13-10-23
Pola tarde entran nubes que irán cubrindo os ceos agás en Ourense e sur de Pontevedra. As temperaturas continúan a baixar pero así e todo seguirán altas para a época do ano. Non se descarta algún orballo a última hora. pero O que si se confirma é que o venres volverán as chuvias. 11-10-23
Tres nenos e a sua nai, son, segundo os veciños, as vítimas mortais do incendio nun edificio do barrio das Travesas, de Vigo. A investigación apunta a que o lume puido ser intencionado. Os veciños din que tiñan denunciado a perigosidade do lugar pola presenza de ocupas. | A Consellería de Educación e os sindicatos asinaron un acordo, para recurtar o número de alumnos por aula. O máximo pasará de 25 a 20. Empezará a aplicarse a partir do próximo curso en quinto de Infantil. | Detidos tres homes por unha presunta violación en grupo a unha muller nun pub de Sarria, en Lugo. Dous deles foron enviados a prisión, acusados de violar á muller. | Transformar baixos comerciais en vivendas, poderá ser máis doado a partir do próximo luns. É cando entrará en vigor a flexibilización das normas de habitabilidade aprobada pola Xunta. 11-10-23
Tres nenos e a sua nai, son, segundo os veciños, as vítimas mortais do incendio nun edificio do barrio das Travesas, de Vigo. |A Consellería de Educación e os sindicatos asinaron un acordo, para recurtar o número de alumnos por aula. O máximo pasará de 25 a 20. | Detidos tres homes por unha presunta violación en grupo a unha muller nun pub de Sarria, en Lugo.| Transformar baixos comerciais en vivendas, poderá ser máis doado a partir do próximo luns. 11-10-23
Tres nenos e a sua nai son, segundo os veciños, as vítimas mortais do incendio nun edificio do barrio das TRavesas, de Vigo. A investigación apunta a que o lume puido ser intencionado. |O Consello aproba o teito de gasto para 2024, que ascende a 13.257 millóns de euros. Son 637 millóns máis ca este ano, o que representa un cinco por cento mais e o supón a cifra máis alta da historia da Xunta. | En Sarria tres homes foron detidos por unha presunta agresión sexual a unha muller nun pub desta localidade de Lugo. | Falamos do caso dunha muller que perdeu ao seu fillo embestido por un coche nunha estrada de Dumbría e se lle requiriu o pagamento dos traballos de limpeza do lugar. 11-10-23
Pedro Sánchez negocia co deputado do BNG Néstor Rego, no Congreso. Rego amosou a súa boa disposición a apoiar a investidura de Sánchez, pero condiciónao a compromisos con Galicia | O Goberno recorre ante o tribunal constitucional a Lei do Litoral galega, por considerar que invade competencias do Estado | O ministro de Industria asegúralle a Rueda o impulso do Goberno ao proxecto de Altri e axudas millonarias para potenciar a industria | O concello de Santiago estuda solicitar á Xunta que declare a cidade zona residencial tensionada | O 80 por cento da poboación de Galicia padece algún problema visual. Os ópticos galegos saen á rúa para explicar os beneficios das lentes de contacto. 10-10-23
Seguimos con sol e temperaturas moita altas para esta época do ano, que nas horas centrais do día volven superar os 30 graos en moitos puntos aínda que serán algo máis baixas ca onte. Polo litoral irán entrando brétemas durante a xornada. 10-10-23
Néstor Rego amosou a súa boa disposición a apoiar a investidura de Sánchez, pero condiciónao a compromisos con Galicia | O Goberno recorre ante o tribunal constitucional a Lei do Litoral galega | O ministro de Industria asegúralle a Rueda o impulso do Goberno ao proxecto de Altri | O concello de Santiago estuda solicitar á Xunta que declare a cidade zona residencial tensionada | Os ópticos galegos saen á rúa para explicar os beneficios das lentes de contacto. 10-10-23
O deputado do BNG Néstor Rego amosa a súa boa disposición a apoiar a investidura de Sánchez, pero condiciónao a compromisos con Galicia | No debate de política xeral, os grupos parlamentarios presentan as propostas de resolución | A Xunta prevé abrir este ano a segunda unidade de hospitalización psiquiátrica infanto-xuvenil de Galicia. Está no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e será de referencia para o sur da comunidade | Os ópticos galegos saen á rúa para explicar os beneficios das lentes de contacto. 10-10-23
Máis calor aínda para empezar a semana neste outubro no que día a día se están a bater récords de temperatura. Hoxe as máximas volverán ser moi altas tanto polo norte coma no sur, con 31 graos en Lugo ou 32 polas rías Baixas e ata 35 en Ourense. 09-10-23
Xosé Ramón Gómez Besteiro anuncia a sua intención de optar a ser elixido como cabeza de lista dos socialistas galegos para as autonómicas, nas primarias que o partido celebrará o próximo día 29. | Primeiro debate de política xeral con Alfonso Rueda como presidente da Xunta. Anunciou a creación dun bono de 5.000 euros ao ano para coidado de dependentes no fogar e medidas para axilizar a implantación de novas empresas. | Dende hoxe pode descargarse o Bono Activa Comercio da Xunta; que permite descontos de 30 euros en compras de máis de 4.500 pequenos establecementos. | A denominación de Orixe Rías Baixas prevé duplicar o valor das súas vendas no ano 2030. Así o recolle o Plan Director presentado hoxe, e que contempla o reto para os próximos sete anos, de chegar a superar os 300 millóns de euros de facturación. 09-10-23
Xosé Ramón Gómez Besteiro anuncia a sua intención de optar a ser elixido como cabeza de lista dos socialistas galegos para as autonómicas. | Primeiro debate de política xeral con Alfonso Rueda como presidente da Xunta. Anunciou a creación dun bono de 5.000 euros ao ano para coidado de dependentes. | Dende hoxe pode descargarse o Bono Activa Comercio da Xunta. | O concello de Santiago asegura que a discoteca desaloxada por un incendio conta cos permisos e a licenza en regra.| A denominación de Orixe Rías Baixas prevé duplicar o valor das súas vendas no ano 2030. 09-10-23
Primeiro debate do estado da autonomía para Alfonso Rueda coma presidente, no que anunciou un bono de 5.000 euros ao ano para dependentes no fogar. | O concello de Santiago asegura que a discoteca desaloxada por un incendio conta cos permisos e a licenza en regra. E anuncia que se van inspeccionar tamén outros locais de lecer nocturno.| Os empates do Celta e do Racing de Ferrol son saboreados de diferente maneira. Namentres aos de Vigo sábelle mal tras un partido frenético co Xetafe , os ferroláns celebran convertir A Malata nun fortín. 09-10-23
O lume declarado de madrugada, deixa completamente calcinado o restaurante e as oficinas do porto deportivo de Moaña. Bombeiros de distintas localidades acudiron a extinguilo, ao estar pechado o parque do Morrazo por falta de efectivos.| O idioma galego supón unha aportación de 1.400 millóns de euros cada ano á economía da nosa comunidade. |A producción de pataca na comarca ourensá da Limia redúcese un 20 por cento, a causa das choivas de finais da primavera. | Zapatos únicos no mundo. Ese é o contido da exposición "Walk this Way" que hoxe inaugura a Fundación Barrié na Coruña. Son máis de 100 pares que forman parte da colección privada do deseñador Stuart Weitzman. 06-10-2023
O lume deixa completamente calcinado o restaurante e as oficinas do porto deportivo de Moaña |O idioma galego supón unha aportación de 1.400 millóns de euros cada ano á economía da nosa comunidade. | A producción de pataca na comarca ourensá da Limia redúcese un 20 por cento, a causa das choivas de finais da primavera. | No Grove esta xa en marcha a Festa do Marisco, nalgúns casos cun notable incremento dos prezos respecto a outros anos. |Zapatos únicos no mundo. Ese é o contido da exposición "Walk This Way" qu a Fundación Barrié trae á Coruña. 06-10-2023
Continuaremos con temperaturas extraordinariamente altas na fin de semana porque os termómetros subirán aínda máis co que de novo se poderían bater récords de temperatura para un mes de outubro. Hoxe notaran esa calor sobre todo en Lugo e Ourense e na costa atlántica. 06-10-2023
Completamente calcinado. Así quedou o restaurante do porto deportivo de Moaña a causa do lume declarado de madrugada por causas que aínda se descoñecen, e que afectou tamén ás oficinas do club. |No Grove esta xa en marcha a Festa do Marisco, que chega a sua edición número 60, nalgúns casos cun notable incremento dos prezos respecto a outros anos. | Co sesenta por cento da pataca recollida, os pataqueiros da comarca da Limia, en Ourense, estiman que a produción reducirase un 20 por cento polas choivas de finais da primavera. 06-10-2023