Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

É a primeira vez que vemos imaxes do pesqueiro Villa de Pitanxo nas profundidades do mar en Terranova. Captounas un robot para tentar de esclarecer por que naufragou. No naufraxio, o máis letal dos últimos 50 anos, morreron 21 tripulantes | A xuíza de Santiago decreta prisión provisional sen fianza para o condutor acusado de atropelar mortalmente un peón no barrio de Conxo | Familias galegas de afectados por enfermidades neurodexenerativas e profesionais puideron coñecer na Coruña o funcionamento do primeiro exoesqueleto infantil do mundo | O Centro Dramático Galego presenta a que será a súa nova estrea: Run Baby Run, unha obra da escritora valdeorresa Fátima Delgado que trata sobre discriminación de xénero no deporte. 05-10-2023

Despois dunha mañá de brétemas na costa e bancos de néboa no interior, os ceos quedan despexados ata a noite, cando se poden volver repetir as néboas. As temperaturas seguirán en valores altos polo aire cálido que nos chega do sur e que continuará nos próximos días. 05-10-2023

É a primeira vez que vemos imaxes do pesqueiro Villa de Pitanxo nas profundidades do mar en Terranova. No naufraxio morreron 21 tripulantes | Prisión provisional sen fianza para o condutor acusado de atropelar mortalmente un peón en Santiago | Presentan na Coruña o primeiro exoesqueleto infantil do mundo | O Centro Dramático Galego presenta a ‘Run Baby Run’, que trata sobre discriminación de xénero no deporte. 05-10-2023

Familias galegas de afectados por enfermidades neurodexenerativas e profesionais puideron coñecer na Coruña o funcionamento do primeiro exoesqueleto infantil do mundo | Conxemar, a feira viguesa do conxelado, remata hoxe a súa edición máis internacional coa industria buscando solucións á contención do consumo provocada pola inflación| É a primeira vez que vemos imaxes do pesqueiro Villa de Pitanxo nas profundidades do mar en Terranova. No naufraxio morreron 21 tripulantes. 05-10-2023

A central térmica das Pontes queima a estas horas as suas últimas existencias de carbón. Despois de case medio século en funcionamento, a actividade das instalacións chega así ao seu remate definitivo. | O ministro de Pesca comprometeuse hoxe en Vigo a que o sector pesqueiro sexa incluído nos fondos europeos de recuperación. Nunha visita á Feira Conxemar, asegurou que debe ser considerado sector estratéxico. | O concello da Coruña solicita á Xunta que declare a cidade zona residencial tensionada, unha figura incluída na nova lei de vivenda que permite establecer límites á suba dos prezos do alugueiro, actualmente os máis altos de Galicia. | Empeza en Lugo a celebración do San Froilán, con milleiros de visitantes previstos e máis de 200 actividades programadas ata o próximo día 12. 04-10-2023

A central térmica das Pontes queima a estas horas as suas últimas existencias de carbón. |  O concello da Coruña solicita á Xunta que declare a cidade zona residencial tensionada | O ministro de Pesca comprometeuse hoxe en Vigo a que o sector pesqueiro sexa incluído nos fondos europeos de recuperación. . | A policia investiga se un atropelo mortal ocurrido no barrio de Conxo, en Santiago, foi intencionado. Os dous detidos, escaparon do lugar do acccidente e chamaron a garda civil horas despois. | Empeza en Lugo a celebración do San Froilán, con milleiros de visitantes previstos e máis de 200 actividades programadas ata o próximo día 12. 04-10-2023

Empezan a subir as temperaturas, con máximas entre 7 e 9 graos por riba do que sería habitual nestas datas, entre os 26 graos polo norte e os 31 de Ourense. O día de máis calor será o venres. 04-10-2023

Coas casetas de polbo a feira na rúa, como un dos reclamos principais, empeza en Lugo a celebración do San Froilán. | O Ministro Luís Planas confirma, na sua visita a Conxemar, que a industria dos productos pesqueiros e as conservas non quedarán excluídos dos fondos europeos de recuperación. | A policia investiga se un atropelo mortal ocurrido no barrio de Conxo, en Santiago, foi intencionado. Os dous detidos, escaparon do lugar do acccidente e chamaron a garda civil horas despois. | Ocupación simbólica de oficinas bancarias por parte da CIG, para protestar contra a carestía da vida. 04-10-2023

Arranca en Vigo Conxemar, a gran feira de produtos do mar conxelados, con novo récord de participantes. Máis de 750 expositores de 45 países | O paro aumenta en Galicia en preto de 3.000 persoas no mes de setembro. Un aumento superior á media do conxunto de España nun mes no que a Seguridade Social rexistrou a perda de case 7.000 afiliados na nosa comunidade| A Xunta anuncia unha rebaixa do 8 ao 3 por cento do imposto de transmisións patrimoniais na compravenda de vehículos de segunda man. A partir de xaneiro será o máis baixo de España | A estrea en Galicia de 'O Corno', a película gañadora da Cuncha de Ouro en San Sebastián, inaugura o festival Curtocircuíto, en Santiago. 03-10-2023

Despois do paso dunha fronte pouco activa durante a madrugada, Galicia queda hoxe baixo a influencia das altas presións. A partir do mediodía foron abrindo grandes claros, persistindo as nubes baixas no norte e leste de Lugo. As temperaturas descenden lixeiramente, con máximas entre os 21 graos de Lugo e os 26 de Ourense. 03-10-2023

Arranca en Vigo Conxemar, con máis de 750 expositores de 45 países | O paro aumenta en Galicia en preto de 3.000 persoas no mes de setembro | A Xunta anuncia unha rebaixa do 8 ao 3 por cento do imposto na compravenda de vehículos de segunda man | A estrea en Galicia de 'O Corno', a película gañadora da Cuncha de Ouro en San Sebastián, inaugura o festival Curtocircuíto, en Santiago. 03-10-2023

Longas retencións na AP-9 á altura do aeroporto de Vigo pola afluencia de vehículos a Conxemar, a feira de produtos do mar conxelados | A feira comeza hoxe con máis de 750 expositores de 45 países | A Xunta anuncia unha rebaixa do 8 ao 3 por cento do imposto na compravenda de vehículos de segunda man. 03-10-2023

Xoán Carlos I saíu xa, camiño de Abu Dabi, con escala na cidade francesa de Niza, despois de dicir adeus a unha estadía de sete días en Sanxenxo. | O supercomputador cuántico máis potente do Sur de Europa está xa funcionando en Santiago, bautizado co nome de "Cumio" |Vigo é esta semana epicentro internacional do sector do conxelado. Vigo é esta semana epicentro internacional do sector do conxelado. |Xunta e sindicatos aprazan a unha nova xuntanza o mércores para negociar a rebaixa do número de alumnos por aula en Infantil e Primaria. | Concha de ouro do Festival de cine de San Sebastián para a película galega  'O Corno'. 02-10-2023

O supercomputador cuántico máis potente do Sur de Europa está xa funcionando en Santiago, bautizado co nome de "Cumio". |Xoán Carlos I saíu xa, camiño de Abu Dabi, con escala na cidade francesa de Niza, despois de dicir adeus a unha estadía de sete días en Sanxenxo, onde participou na Regata que leva o seu nome, e recibiu visitas de varios membros da sua famila. | Vigo é esta semana epicentro internacional do sector do conxelado. Profesionais da pesca de todo o mundo danse cita, hoxe no congreso da FAO. Mañá arranca a feira Conxemar . | A aventura dunha mariscadora da ría de Arousa nos anos 70, relatada na película O Corno, conquista a máxima distinción do xurado no festival de cine de San Sebastián. É a primeira cuncha de Ouro para unha producción feita en Galicia, e en Galego. 02-10-2023

Durante a mañá, nubes baixas polo oeste da provincia da Coruña con algúns orballos. As temperaturas mínimas, bastante altas en puntos da Mariña e Ourense. Durante o día as máximas oscilarán entre os 23 graos previstos en Santiago aos 28 de Ourense. 02-10-2023

Xoán Carlos I saíu xa cara Francia, camiño de Abu Dabi, despois de dicir adeus a unha estadía de sete días en Sanxenxo. | Xunta e sindicatos aprazan a unha nova xuntanza o mércores para negociar a rebaixa do número de alumnos por aula en Infantil e Primaria. | Un equipo de alumnos da universidade de Vigo presentan o primeiro prototipo de barco propulsado por enerxía solar. | Concha de ouro do Festival de cine de San Sebastián para a película galega  'O Corno'. Jaione Camborda, afincada en Santiago, fai historia ao ser a primeira directora española en conseguir este galardón. 02-10-2023

Embarque de don Xoan Carlos e os demáis participantes na regata da clase seis metros, en augas da ría de Pontevedra, en Sanxenxo. Un espectáculo, a partir das catro da tarde, ao que asisten As suas fillas e outros membros da familia real. | A situación política española e internacional, a debate no foro que se celebra na Illa da Toxa, con críticas parte do ex presidente Mariano Rajoy a negociación dunha amnistía. | Entra en vigor a lei de benestar animal que contempla un aumento de sancións polo seu abandono. En Galicia o número de cans rexistrados supera ao de habitantes menores de 15 anos. | Arranca en Ourense o Festival de Cine, Una das principais citas para os afeccionados a septima arte de Galicia. Entre as novidades, unha sección competitiva para escoller a mellor película galega do ano, con once longametraxes aspirantes.29-09-2023

Xoan Carlos e os demáis participantes na regata da clase seis metros, embarcan en en augas da ría de Pontevedra, en Sanxenxo. | Críticas parte do ex presidente Mariano Rajoy a negociación dunha amnistía no Foro que se celebra na illa da Toxa. | Entra en vigor a lei de benestar animal que contempla un aumento de sancións polo seu abandono. En Galicia o número de cans rexistrados supera ao de habitantes menores de 15 anos. | Arranca en Ourense o Festival de Cine, cunha sección competitiva para escoller a mellor película galega do ano, con once longametraxes aspirantes. | Remata o mes dedicado a enfermidade do Alzheirmer cuha plantación de árbores na cidade da cultura. 29/09/2023

As temperaturas empezan a subir e poden roldar os 28 graos en Vigo, Lugo e Santiago e superar os 31 en Pontevedra e Ourense. Ascensos térmicos que continuarán sábado e domingo cando é posible que se supere o récord de temperatura máxima en Lugo, Ourense e Pontevedra. 29-09-23

O rei Filipe VI está na illa da Toxa, para inaugurar, o foro Vínculo Atlántico, no que personalidades e expertos debaterán sobre temas como a globalización, a revolución tecnolóxica ou a situación política| Don Xoán Carlos permanece en Sanxenxo, acompañado por varios membros da familia, entre eles, a súa irmá a infanta Margarida. O rei emérito non descartaba, ante as cámaras, un encontro co seu fillo| Os prezos da electricidade e os combustibles impulsan unha nova suba do IPC en setembro, que se sitúa no 3,5 por cento | Alerta por escaseza de auga no sistema de abastecemento á Coruña e outros seis concellos da zona. 28-09-23