Representantes das forzas políticas tratan sobre cómo organizar debates televisados entre os candidatos as eleccións autonómicas do 18 F. O Partido Popular di agora estar disposto, igual que socialistas e nacionalistas, a participar en tódolos debates | O comité de Alcoa intensifica as xuntanzas coas administracións despois de que a multinacional pedise atrasar a reactivación da producción de aluminio prevista para este mes | A pintora e poetisa Carmen Sampedro expón estes días os seus traballos en Santiago. A mostra que ten por nome Eclética, inclúe varias pinturas que teñen como protagonista á muller
Representantes de PP, BNG, PSdeG-PSOE, Sumar e Podemos buscan un acordo sobre os debates para as eleccións do 18 de febreiro. Ademáis de participar no organizado pola TVG, os populares abren a porta a acudir ao debate a tres de TVE. | A factoría de Alcoa en San Cibrao volve estar baixo a ameaza de peche definitivo. Así o entenden os representantes dos traballadores despois de que a dirección da multinacional pedise atrasar o rearranque das cubas, previsto para este mes. | Máis de 20 concellos polos que pasa a AP-9 forman unha fronte para reclamar conxuntamente que a concesionaria Audasa deixe de estar exenta de pagar o 96 por cento do Imposto de Bens Inmobles | A copa do Rei regresa esta noite a Balaídos cinco anos despois. O Celta recibe á Real Sociedade. Cuartos de final, eliminatoria a partido único, que poderán ver esta noite, a partir das nove e media aquí, en la1 de TVE...
A Xunta activa a alerta por fenómeno meteorolóxico adverso e pide que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar| Na precampaña, Rueda promete apoio á hostalaría ante as dificultades para atopar man de obra. Ana Pontón bota unha partida de futbolín en Ames, para subliñar o seu compromiso coa mocidade. Besteiro aboga por potenciar o tráfico ferroviario de mercadorías | Sanidade comprométese a manter as dúas prazas de pediatría no centro de saúde do Carballiño, vacantes dende hai meses por unha xubilación e unha comisión de servizos | Dende hoxe, cambios na normativa para circular con patinetes eléctricos. Entra en vigor a esixencia dunha placa que acredite que o vehículo está homologado.
Todo o litoral galego está en alerta laranxa por ondas que poden chegar aos 7 metros. Día de Chuvascos e Chuvias que serán máis persistentes no oeste da Coruña. As temperaturas mínimas subiron e as máximas oscilan entre os dez graos de Verín aos 18 de Ribadeo na Mariña de Lugo
Temporal no mar ao paso dunha fronte, pouco activa, pero con fortes ventos do sur, que xa de madrugada deixaron refachos de máis de 130 quilómetros por hora no Penedo do Galo en Viveiro, na costa norte e na serra do Xistral | | A consellería de Sanidade comprométese a manter as dúas prazas o servizo de pediatría no Carballiño, que están vacantes dende hai meses | Derrota dos equipos galegos de fútbol. O Celta ppor un a cero fronte a Real Sociedad e na Segunda, o Racing de Ferrol caeu por primeira vez na Malata por un gol a tres ante o Oviedo.
A Xunta activa a alerta por fenómeno meteorolóxico adverso ao paso dunha fronte con refachos de máis de cen quilómetros por hora | Galicia, no foco da política nacional, como mostra o desembarco, esta fin de semana, dos líderes das principais formacións: Pedro Sánchez, Alberto Núñez Feijóo, Yolanda Díaz e Santiago Abascal | Derrota dos equipos galegos de fútbol, que xogaron nos seus estadios o sábado. O Celta perdeu por un a cero fronte a Real Sociedad e na Segunda División, e o Racing de Ferrol caeu por primeira vez na Malata por un gol a tres ante o Oviedo.
Recollidos uns 4.200 quilos de granulado, segundo os datos feitos públicos hoxe pola Xunta. Os efectivos que están a traballar en 56 praias de 30 concellos retiraron tamén estes días unhas nove toneladas doutros plásticos | Reúnese por primeira vez o comité científico asesor formado por profesores universitarios e profesionais de centros de investigación. | A Xunta electoral amplía ata o 15 de febreiro o prazo para depositar o voto por correo. Na precampaña, o Partido Popular ofrece facer gratuítos os estudos de grao universitario, os nacionalistas, medidas para aumentar a vivenda de alugueiro, e os socialistas, incrementar o peixe nos menus escolares. | A comarca ourensá da Limia, a segunda zona de España que produce máis patacas, cambia o seu sistema de rego mediante motobombas e tubaxes de aluminio superficial por un novo método a presión soterrado, alimentado por 40 pozos.
| A Conselleira Angeles Vázquez di que o efecto da marea de granulados será pequeno, en comparación con outras fontes de contaminación mariña, e da por superada a crise, unha vez que as correntes levan os materiais cara á costa cantábrica. | "Consume o noso" é o lema dunha campaña de promoción de peixe e marisco . A iniciativa está impulsada polas asociacións e federacións do sector en Galicia. | A Xunta electoral amplía nun día, ata o 15 de febreiro, o prazo para depositar o voto por correo| A comarca da Limia cambia o seu sistema de rego mediante motobombas e tubaxes de aluminio superficial por un novo método a presión soterrado.
A borrasca Juan apenas se deixará sentir en Galicia xa que afecta sobre o todo o centro peninsular. O que sí notaremos é a baixada das temperaturas, con mínimas ao final dun día que empezou con algúns chuvascos no norte de lugo. Co avance da xornada os ceos foron quedando máis despexados e así seguirán durante boa parte da fin de semana. A partir do luns volverán as borrascas atlánticas e as chuvias.
O granulado plástico recollido suma xa uns 4.200 quilos, segundo os datos feitos públicos hoxe pola Xunta | O impacto ecolóxico da marea de granulado plástico procedente do Toconao non será moi relevante. Así o indicou a Conselleira de Medio Ambiente antes da primeira xuntanza do comité científico para asesorar sobre esta materia, que hoxe se celebrou en Vilaxoan | A socialista Paula Alvarellos é xa a nova alcaldesa de Lugo en substitución de Lara Méndez, que renunciou para concorrer as próximas eleccións autonómicas
Activado o plan de risco de inundacións, nunha xornada de reconto en Cambados dos danos causados pola manga mariña, un fenómeno similar a un tornado con refachos de case 150 quilómetros por hora| Deputados dos distintos grupos na Eurocámara intercambian acusacións sobre as xestións da Xunta e o goberno central. O Comisario de Medio Ambiente anuncia unha revisión da normativa sobre transporte destes materiais. | Os bombeiros comarcais, en folga indefinida, poñen fin á acampada de protesta na plaza do Obradoiro, iniciada hai máis dun mes. Anuncian que seguirán coas medidas de presión para negociar un convenio con melloras salariais| O Celta recupera o impulso gañador e sorprende ao Valencia, cunha vitoria que lle permite pasar a cuartos de final na Copa do Rei.
Desactivadas xa todas as alertas por temporal. Tralas intensas chuvias e vento que nos deixou a borrasca Irene, hoxe os chuvascos foron remitindo co avance do día. O máis destacado este xoves é o descenso das temperaturas coas mínimas ao final do día cando tamén se prevé que volva soprar o nordés, con refachos fortes no litoral.
Reparación hoxe, en Cambados, dos danos causados pola manga mariña, un fenómeno similar a un tornado. Xerouse nas inmediacións da illa de Ons, antes de tomar terra con refachos de case 150 quilómetros por hora | Toma de posesión, hoxe, de sete novos comisarios que se incorporan a diferentes unidades da Policía Nacional en Galicia, nas comisarías da Coruña, Ourense e Vigo-Redondela. |O Celta tumba ao Valencia e métese nos cuartos da copa do Rei despois dun partidazo de Douvikas e De la Torre. Con resultado de 1 a tres os de Rafa Benítez xa pensan no sorteo de mañá.
O vento levanta o tellado dunha vivenda en Nigrán e desprázao uns cen metros ata unha casa veciña. E unha das incidencias que deixa, dende esta madrugada, o paso da borrasca| Novo cruce de acusacións entre a Xunta e o Goberno Central sobre os medios que dedica cada administración mobiliza para á limpeza e recollida dos plásticos chegados ás praias procedentes do buque Toconao. | As doazóns aumentaron en Galicia o ano pasado ata un total de 331, A mitade de ril, Os doadores tiñan unha idade media de 60 anos. Actualmente uns 200 os pacientes galegos agardan por un transplante| Non pode camiñar nin ver, pola enfermidade de nacemento que padece. Pero eso non lle impedíu abrir unha tenda para vender as obras de artesanía que ela mesma realiza con fíos. A historia de Lorena Quintas, un exemplo excepcional de superación das dificultades, que nos amosa o seu traballo, nunha aldea de Allariz
Hoxe é o día no que a borrasca Irene se atopa máis preto de Galicia, polo que o tempo está a ser moi desapracible. Seguen as chuvias, por momentos con moita intensidade. Agardamos unha tarde de ventos moi fortes do suroeste no litoral e zonas altas do interior; e temporal no mar. As temperaturas, malia sufrir un lixeiro descenso, seguen sendo moi suaves. Ata 17 graos en Vigo ou Pontevedra.
A forza do vento levanta o tellado dunha vivenda en Nigran e causa desprendementos e caídas de árbores. | Novo cruce de acusacións entre a Xunta e o Goberno Central sobre os medios que cada administración mobiliza para á limpeza dos plásticos nos areais. | | Visitamos o arquivo diocesano de Mondoñedo-Ferrol, que garda os libros parroquiais desde o século dezaseis
O vento levanta o tellado dunha casa en Nigrán, de madrugada, e causa tamén algúns desprendementos | Retirar o antes posible os grans de plástico para evitar danos na area e os ecosistemas. É o que piden expertos e ecoloxistas para preservar a materia orgánica nos areais | O actor estadounidense Viggo Mortensen súmase á campaña 'Aquí tamén se fala' que puxo en marcha o Instituto Rafael Dieste da Coruña, nun video que xa se volveu viral
O paso dunha fronte na segunda metade do día, deixaranos unha tarde de precipitacións persistentes e vento forte do sur, con practicamente toda Galicia en alerta amarela. As temperaturas mínimas ascenden, mentres que as máximas seguirán altas para a época.
A Xunta cuantifica en 2.500 quilos os granulados procedentes do Toconao recollidos ata agora. | Voadura da caldeira de Meirama, de 126 metros de alto, último vestixio que quedaba en pé da que foi a central términa más eficiente de España. | O PP propón celebrar durante a campaña un so debate, a catro, retransmitido na TVG. | A sonoridade da música clásica fusiónada coa cultura grega. E a proposta musical de Abraham Cupeiro, na sua nova xira.