Ceos parcialmente cubertos, con chuvias máis frecuentes e intensas no litoral norte. Temperaturas mínimas sen cambios significativos e máximas en descenso entre lixeiro e moderado. Ventos do noroeste, moderados na costa, con refachos fortes no litoral norte e frouxos no interior. 26/11/12
Cumio internacional na Coruña para darlle pulo á acuicultura en Europa. // O alcalde de Lugo, aliviado trala súa declaración ante a xuiza Pilar de Lara. López Orozco anunciou que vai solicitar o arquivo da súa imputación por suborno e tráfico de influencias. // En Vigo uns dos mil escolares participaron neste tapiz humano para denunciar a violencia contra a muller. No que vai de ano 40 foron asasinadas en toda España, tres en Galicia. 23/11/12
Cumio europeo na Coruña para darlle pulo á acuicultura. // Os gandeiros comezarán o martes unha folga indefinida de entrega de leite. // A Presidenta do Parlamento galego comunícalle oficialmente a Nuñez Feijóo, que ten o apoio maioritario dos deputados para ser presidente da Xunta. // Orozco considera reforzada a súa inocencia tras responder ás preguntas da xuíza Pilar de Lara. // Un tapiz humano para condenar a violencia de xénero. // Pre estrea de `Invasor¿. 23/11/12
Ceos estarán moi nubrados, con chuvias no litoral da provincia da Coruña. Vento forte de compoñente Sur no litoral e zonas altas, que pola tarde alcanzará intervalos moi fortes e moderados con intervalos fortes no resto. Temperaturas mínimas en ascenso entre moderado e notable, e máximas sen cambios significativos. 23/11/12
Cumio europeo na Coruña para darlle pulo á acuicultura, na que Galicia é líder. // Os gandeiros comezarán o martes unha folga indefinida de entrega de leite ás industrias. Todos os sindicatos chaman aos 20 mil gandeiros galegos a que tiren o leite a partir do día 27 en protesta polos baixos prezos. // A Presidenta do Parlamento galego comunícalle oficialmente a Nuñez Feijóo, que ten o apoio maioritario dos deputados para ser presidente da Xunta. Hoxe foi a rolda de consultas cos portavoces parlamentarios. // O socialista José López Orozco considera reforzada a súa inocencia tras responder a todas as preguntas da xuíza Pilar de Lara. Dixo sentirse aliviado e vai solicitar o arquivo da súa imputación por suborno e tráfico de influencias. // Un tapiz humano formado por dous mil nenos para condenar a violencia de xénero. Foi este mediodía nunha das rúas máis céntricas de Vigo. // Pre estrea de `Invasor¿, a película de Daniel Calparsoro, na Coruña. 23/11/12
O presidente da Xunta tomará posesión do seu cargo o sábado 1 de decembro. Antes, o martes e o xoves da semana que vén terá lugar o seu debate de investidura. // Cada vez son máis as mulleres que chaman o teléfono de atención ao maltrato, sen embargo as denuncias diminuíron. É o que denuncia un informe de Comisións Obreiras. // Galiciencia, unha feira que pretende espertar o interese dos escolares pola investigación. (22/11/12)
O único responsable político que senta no banco dos acusados polo sinistro do Prestige, José Luis López Sors, daquela director xeral da Mariña Mercante, defendeu hoxe no xuízo a súa decisión de afastar o petroleiro da costa. // A Xunta vai colocar nas próximas horas oitenta millóns de euros de débeda no Banco Europeo de Investimentos, para pagar infraestruturas que se están executando na comunidade neste 2012. // A crise económica, a falta de recursos, frea as denuncias por violencia de xénero. É o que conclúe un estudo presentado hoxe por Comisión Obreiras. // Unha doazón anónima de 8.500 euros evita o desafiuzamento unha familia de Vigo con tres fillos. Agora seguirá vivindo no mesmo piso, pagando un alugueiro social. // Galiciencia, unha feira que pretende espertar o interese dos escolares pola investigación e demostrar que a ciencia se pode estudar de maneira divertida. Mostra medio cento de inventos e proxectos de investigación realizados por estudantes de FP e ESO de toda Galicia. (22/11/12)
Nubes de tipo medio e alto, e máis abundantes no litoral Oeste da provincia da Coruña, onde haberá algunhas precipitacións débiles. Vento de compoñente Sur, pola mañá frouxo no interior e moderado no litoral, con intervalos fortes no litoral da Coruña. Pola tarde, forte en todo o litoral e moderado no resto. Temperaturas mínimas en lixeiro descenso, e máximas sen cambios significativos. (22/11/12)
José Luis López Sors, ex director xeral da Mariña Mercante, defendeu hoxe no xuízo a súa decisión de afastar o Prestige da costa. // A Xunta vai colocar nas próximas horas oitenta millóns de euros de débeda. // A crise económica, a falta de recursos, frea as denuncias por violencia de xénero. // Unha doazón anónima de 8.500 euros evita o desafiuzamento unha familia de Vigo. // Galiciencia, unha feira que pretende espertar o interese dos escolares pola investigación. (22/11/12)
Concello de Lugo: O alcalde Xosé López Orozco prepárase para gobernar en minoría tras a renuncia oficial dos edís do BNG. // Ponteemprego: Longas colas en Pontevedra ante a oferta de 200 postos de traballo nesta feira. // Desde o comezo da crise as emisións de gases de efecto invernadoiro por parte das industrias diminuíron un 27 por cento en Galicia. // "Vibracións prohibidas": A censura nos discos de pop-rock durante o franquismo, no CGAC. 21/11/12
Concello de Lugo: O alcalde Xosé López Orozco prepárase para gobernar en minoría tras a renuncia oficial dos edís do BNG. // Ponteemprego: Longas colas en Pontevedra ante a oferta de 200 postos de traballo nesta feira. // Optimismo no naval galego tras o visto e prace da Unión Europea ao novo sistema de bonificacións para a construción de buques. Confían en que o próximo ano sexa o da recuperación do sector. // As máquinas do Prestige funcionaban perfectamente o día do accidente. Declarouno hoxe o xefe de máquinas, Nikolaos ArgYropoulos. Mañá é a quenda do ex director da Mariña Mercante, José Luis López Sors. // Desde o comezo da crise as emisións de gases de efecto invernadoiro por parte das industrias diminuíron un 27 por cento en Galicia. Hoxe a maior parte da contaminación vén do transporte e as calefaccións. // "Vibracións prohibidas": A censura nos discos de pop-rock durante o franquismo, no CGAC. 21/11/12
O alcalde de Lugo prepárase para gobernar en minoría tras a renuncia oficial dos edís do BNG. // Ponteemprego: Longas colas en Pontevedra ante a oferta de 200 postos de traballo. // Optimismo no naval galego tras o visto e prace da Unión Europea ao novo sistema de bonificacións. // As máquinas do Prestige funcionaban perfectamente o día do accidente. Declarouno hoxe o xefe de máquinas, Nikolaos ArgYropoulos. // Desde o comezo da crise as emisións de gases de efecto invernadoiro por parte das industrias diminuíron un 27 por cento en Galicia. // A censura nos discos de pop-rock durante o franquismo. 21/11/12
Nubes e claros e bancos de néboa no interior para quedar pola tarde o ceo despexado. Vento frouxo, de compoñente Norte nas Rías Baixas e de compoñente Oeste no resto do litoral. No interior, frouxo de dirección variable. Temperaturas entre lixeiro e moderado descenso. 21/11/12
O Concello de Vigo decidiu, nun pleno extraordinario, pechar as contas municipais nos bancos que continúen coas execución hipotecarias. Tamén acordou que a policía local non participe nos desafiuzamentos. // Dereito á vida, a igualdade, á familia e á protección. Son os principios básicos que hoxe recordan nenos e adultos nas celebracións do Día Internacional da Infancia. // Sabores de outono: 54 bares de Ourense compiten polos mellores pratos con castañas e cogomelos. (20/11/12)
Xuízo do Prestige: O capitán Apostolos Mangouras quéixase do trato recibido e acusa ás autoridades españolas de espallar a contaminación.
O Concello de Vigo decidiu, nun pleno extraordinario, pechar as contas municipais nos bancos que continúen coas execución hipotecarias. Tamén acordou que a policía local non participe nos desafiuzamentos.
O empresario Roberto Tojeiro abandona o seu posto de vocal no consello de Administración de Novacaixagalicia Banco. A decisión reflexa o malestar dos accionistas particulares que investiron ata 70 millóns de euros para apoiar a entidade resultado da fusión das caixas galegas.
Dereito á vida, a igualdade, á familia e á protección. Son os principios básicos que hoxe recordan nenos e adultos nas celebracións do Día Internacional da Infancia.
Premian a unha sociedade apícola do concello pontevedrés de Covelo por coidar a biodiversidade na Serra do Suído.
Sabores de outono: 54 bares de Ourense compiten polos mellores pratos con castañas e cogomelos. (20/11/12)
Ceos cubertos con chuvias que empezarán polo litoral atlántico e á tarde chegarán a toda a comunidade, sendo moderadas, localmente fortes nas provincias atlánticas. Vento forte do Sur e do Sueste. Temperaturas mínimas en moderado ou notable ascenso e máximas sen cambios significativos. (20/11/12)
Prestige: Mangouras acusa ás autoridades españolas de espallar a contaminación. // O Concello de Vigo decide pechar as contas municipais nos bancos que continúen cos desafiuzamentos. // O empresario Roberto Tojeiro abandona o seu posto de vocal no consello de Administración de Novacaixagalicia Banco. // Día Internacional da Infancia. // Premio por coidar a biodiversidade na Serra do Suído. // Sabores de outono: Os mellores pratos con castañas e cogomelos. (20/11/12)
Morre un mozo de 23 anos en Vila de Cruces, polo disparo dun compañeiro nunha batida contra os xabarís, e outro de 21, ao disparárselle a súa escopeta mentres cazaba en Vilalba. // Comeza unha folga de fame para pedir que coa entrega da súa vivenda remate a débeda que ten co banco. Está no paro, non pode pagar a hipoteca nin vivir no piso, por falta de recursos para afrontar os gastos. // Hai hoxe dez anos partía e afundíase o Prestige, causando a maior marea negra ocorrida nas nosas costas. (19/11/12)
Ceos anubrados ou moi anubrados, con chuvias máis probables no oeste da provincia da Coruña. Temperaturas en lixeiro ascenso. Ventos do sur e sueste, moderados no interior e fortes na costa. (19/11/12)
Morre un mozo de 24 anos en Vila de Cruces, polo disparo dun compañeiro durante unha batida contra os xabarís, e outro de 21, ao disparáselle a súa escopeta mentres cazaba en Vilalba. // Comeza unha folga de fame para pedir que coa entrega da súa vivenda remate a débeda que ten co banco. Está no paro, non pode pagar a hipoteca nin vivir no piso, por falta de recursos para afrontar os gastos. // Moitos xa o ven como o futuro vicepresidente da Xunta, pero Alfonso Rueda, ata agora conselleiro de Presidencia, evita comentarios sobre o seu papel no novo goberno galego. // O sector da alimentación ecolóxica aumentou mais dun once por cento durante o último ano, a pesar da crise. Esta fin de semana mostráronse en Arzúa as principais novidades dos produtos naturais feitos en Galicia. // Empate a uns do Celta contra o Mallorca en Balaídos, a pesar do mellor xogo dos de Vigo, e derrota cero a dous do Deportivo fronte ao Levante, nun partido cheo de incidencias. (19/11/12)