Dous mortos en accidentes de caza durante a din de semana. // Comeza unha folga de fame para pedir que coa entrega da súa vivenda remate a débeda que ten co banco. // Alfonso Rueda evita comentarios sobre o seu papel no novo goberno galego. // O sector da alimentación ecolóxica aumentou mais dun once por cento durante o último ano, a pesar da crise. // Empate a uns do Celta contra o Mallorca en Balaídos e derrota cero a dous do Deportivo fronte ao Levante. (19/11/12)
Comeza a nova lexislatura autonómica. Nesta sesión especial, encabezada polo parlamentario de máis idade, o histórico Xosé Manuel Beiras, e polos máis novos, o Parlamento galego reelixiu pouco despois do mediodía a Pilar Rojo como presidenta da institución. // Varios colectivos manifestáronse diante do Parlamento, mentres se celebraba a sesión constitutiva. // O alcalde de Lugo, o socialista José López Orozco, terá que declarar como imputado polos delictos de suborno e tráfico de influencias no sumario da Operación Pokemon. Orozco defende a súa inocencia e asegura que non pensa dimitir. // O mar e os deportes náuticos, ao alcance de todos... Sanxenxo acolle xa o Centro Nacional de Vela adaptada, onde se imparten cursos gratuítos, teóricos e prácticos. // Deportivo e Celta xogan o domingo. O Dépor, fronte ao Levante e o Celta recibe ao Mallorca en Balaídos. 16/11/12
Comeza a IX lexislatura autonómica. // Varios colectivos manifestáronse diante do Parlamento, mentres se celebraba a sesión constitutiva. // O alcalde de Lugo, José López Orozco, terá que declarar como imputado na Operación Pokemon. Orozco asegura que non pensa dimitir. // Centro Nacional de Vela Adaptada, en Sanxenxo. // Deportivo - Levante e Celta - Mallorca, o domingo. 16/11/12
Intervalos nubrados con chuvascos ocasionalmente tormentosos, máis probables na madrugada. Durante a tarde de novo irán empezando polo Sur e Sueste de Galicia. Vento do Sur moderado, con intervalos fortes no litoral atlántico. Temperaturas sen cambios ou en lixeiro descenso. 16/11/12
Segundo día de interrogatorio o capitán do Prestige. O avogado do Estado tentou demostrar que Mangouras desobedeceu as ordes das autoridades españolas. // A infanta Elena inaugura oficialmente en Sanxenxo o Centro Nacional de Vela Adaptada. Unha escola que achega a navegación ás persoas con discapacidade física ou psíquica. // As protestas dos gandeiros logran que un supermercado que acaba de inaugurar en Santiago retire o leite de oferta que usaban como produto reclamo. // En Galicia máis de 40.000 persoas padecen unha enfermidade mental. Asociacións de familiares e enfermos, en colaboración coa fundación Solidarios Anónimos, presentaron hoxe unha campaña de concienciación na que participan famosos do cine e a televisión. (15/11/12)
Néboas matinais no interior e nos litorais de Lugo e da Coruña durante a mañá, quedando os ceos pouco anubrados no resto, salvo o sueste, onde haberá máis nubes e posibilidade dalgunha precipitación débil e illada. Temperaturas en ascenso entre lixeiro e moderado, quedando as máximas en valores altos para a época do ano. Ventos frouxos do leste e o sueste, moderados nas zonas de montaña. (15/11/12)
Segundo día de interrogatorio o capitán do Prestige. // A Xunta busca contratos con Petrobrass para o naval galego. // Folga xeral: O día despois. // Chega a Ourense a exposición do concurso de fotografía Purificación García. // Abre en Santiago un novo centro comercial cun espazo dunhas cinco hectáreas e 140 locais. (15/11/12)
Segundo día de interrogatorio o capitán do Prestige. O avogado do Estado tentou demostrar que Apostolos Mangouras desobedeceu as ordes das autoridades españolas no momento do accidente. // O Goberno galego pediralle ao de Mariano Rajoy que as relacións comerciais entre Galicia e a empresa Brasileira Petrobrass sexan prioritarias. // Folga xeral: A nosa comunidade liderou o seguimento do paro a nivel nacional, xunto a Asturias e Cataluña. // Chega a Ourense a exposición das obras seleccionadas na novena edición do concurso de fotografía que a deseñadora Purificación García convoca cada dous anos. // Esta mañá abriu en Santiago un novo centro comercial cun espazo dunhas cinco hectáreas e 140 locais. Para moitos este tipo de establecementos supoñen unha competencia que dificilmente pode soportar o comercio tradicional. (15/11/12)
Milleiros de persoas saíron á rúa para protestar contra as políticas de recortes e austeridade do Goberno e pedir un cambio de rumbo. As centrais convocantes estiman que o seguimento da folga está a ser do noventa por cento. // Empresas emblemáticas como a Citroen de Vigo manteñen parada a produción a causa da folga, nesta xornada que se está a caracterizar pola ausencia de incidentes de importancia. // Trens parados e os aeroportos da Coruña e Vigo baleiros. No comercio o seguimento da folga está a ser irregular, segundo a patronal, e de case o cen por cen, segundo os sindicatos. // Aprazado por folga: O Tribunal do xuízo do Prestige suspende ata mañá a vista pola ausencia de boa parte dos avogados persoados na causa. 14/11/12
Milleiros de persoas saíron á rúa para protestar contra as políticas de recortes e austeridade do Goberno. // Empresas emblemáticas como a Citroen de Vigo manteñen parada a produción a causa da folga. // Trens parados e os aeroportos da Coruña e Vigo baleiros. // O Tribunal do xuízo do Prestige suspende ata mañá a vista pola ausencia de boa parte dos avogados. 14/11/12
Ceos con intervalos de nubes, principalmente de tipo medio e alto. Vento frouxo do Leste e Sueste, con intervalos moderados nas zonas de montaña. Bancos de néboas matinais. Temperaturas en lixeiro ou moderado ascenso. 14/11/12
Comezan a declarar os imputados no xuízo do Prestige. // Ambiente atípico nos mercados nas semanas previas ó Nadal, con mínima demanda pese ós baixos prezos. // O IPC medrou en outubro en Galicia o 1,1 por cento. // Os aeroportos galegos perderon no que vai de ano medio millón de pasaxeiros, con respecto a 2011. // Case 200 soldados da Brilat parten cara Afganistán. // X Aniversario do MARCO. (13/11/12)
Ceos pouco nubrados ou despexados durante toda a xornada, unicamente con algunhas nubes de tipo alto. Vento frouxo de compoñente Leste, con intervalos moderados no litoral Norte. Temperaturas mínimas sen cambios significativos, de novo con algunha xeada matutina en zonas do interior, e máximas en lixeiro ascenso. (13/11/12)
Comezan a declarar os imputados no xuízo do Prestige. // Ambiente atípico nos mercados nas semanas previas ó Nadal, con mínima demanda pese ós baixos prezos. // O IPC medrou en outubro en Galicia o 1,1 por cento. // Os aeroportos galegos perderon no que vai de ano medio millón de pasaxeiros, con respecto a 2011. // Case 200 soldados da Brilat parten cara Afganistán. // X Aniversario do MARCO. (13/11/12)
Asociacións de xuíces e usuarios piden cambios na lei de Execución Hipotecaria. // Volve o xuízo do xuízo do Prestige. // As empresas galegas reducen o atraso tecnolóxico con respecto as do resto do estado. // O prezo da centola, en mínimos históricos. // Celta e Deportivo tratan de esquecer unha xornada na foron derrotados tras unha controvertida actuación arbitral. // Gravados de Picasso en Pontevedra. (12/11/12)
Contra os desafiuzamentos: Asociacións de xuíces e usuarios piden cambios na lei de Execución Hipotecaria. // Coa declaración do capitán Apostolos Mangouras retómase mañá na Coruña o xuízo do Prestige. Nas próximas tres semanas, os protagonistas da vista serán os imputados. // As empresas galegas reducen o atraso tecnolóxico con respecto as do resto do estado. A práctica totalidade das de máis dez traballadores e tres de cada catro microempresas xa dispoñen de conexión a internet. // O prezo da centola, en mínimos históricos. Estase vendendo en loxa a oito euros, case tres veces menos que o ano pasado por estas datas. // Celta e Deportivo tratan de esquecer unha xornada na que a piques estiveron de regresar coa vitoria e na que sen embargo foron derrotados tras unha controvertida actuación arbitral. // Picasso en Pontevedra: O Café Moderno acolle parte da obra gráfica do pintor malagueño. (12/11/12)
Néboas matinais no interior, localmente persistentes. Ceos con nubes e claros na metade norte, e poucos nubrados ou despexados na metade sur. Temperaturas mínimas en lixeiro ou moderado descenso, con algunhas xeadas débiles no interior. As máximas permanecerán sen cambios significativos ou ascenderán lixeiramente. Ventos frouxos do nordeste. (12/11/12)
Asociacións de xuíces e usuarios piden cambios na lei de Execución Hipotecaria. // Volve o xuízo do xuízo do Prestige. // As empresas galegas reducen o atraso tecnolóxico con respecto as do resto do estado. // O prezo da centola, en mínimos históricos. // Celta e Deportivo tratan de esquecer unha xornada na foron derrotados tras unha controvertida actuación arbitral. // Gravados de Picasso en Pontevedra. (12/11/12)
Avogados, procuradores e traballadores da xustiza saen á rúa para protestar contra o proxecto de lei de taxas xudiciais do Goberno central. Din que supón un atentando contra dereito á tutela xudicial que recolle a Constitución. // A Xunta garante a continuidade da campaña de vacinación contra a gripe en Galicia, a pesar da inmobilización de parte das vacinas que se estaban empregando. // Directores consagrados como Bertolucci, Haneke, os irmáns Taviani ou Kiarostami, presentan a partir de esta noite as súas últimas producións en Cineuropa. // Lendoiro, o presidente do Deportivo pide un prazo, tres meses, para negociar cos seus acredores tentando evitar que se lle aplique a lei concursal ao Club. // Previas do Depor e o Celta. // Escoitamos o novo son do restaurado órgano da catedral de Ourense. 09/11/12
Avogados, procuradores e traballadores da xustiza saen á rúa para protestar contra o proxecto de lei de taxas xudiciais do Goberno. // A Xunta garante a continuidade da campaña de vacinación contra a gripe en Galicia. // Comeza Cineuropa. // Lendoiro pide tres meses para negociar cos seus acredores. // Previas do Depor e o Celta. // O novo son do restaurado órgano da catedral de Ourense. 09/11/12