Intervalos de ceos anubrados con chuvascos, máis probables na metade Sur.
Vento frouxo de compoñente Sur pola mañá, con algúns intervalos moderados no Sur, cambiando a compoñente Norte pola tarde. Temperaturas mínimas en lixeiro descenso, e máximas en lixeiro ascenso. 25/10/12
Santiago celebra o 25 aniversario da declaración do Camiño como Primeiro Itinerario Cultural Europeo. // Hostaleiros de Ferrol, A Coruña e Santiago promocionan o Camiño Inglés. // Núñez Feijóo comprométese para a próxima lexislatura a afianzar a solvencia de Galicia e buscar o crecemento económico. // Desde hoxe e ata mediados de decembro está en marcha a campaña de vacinación contra a gripe. // Os ministros europeos de Pesca acordan manter ata 2017 as axudas ao desguazamento de barcos. (24/10/12)
Santiago celebra o 25 aniversario da declaración do Camiño como Primeiro Itinerario Cultural Europeo, un recoñecemento que multiplicou o interese do mundo pola ruta xacobea. // Hostaleiros de Ferrol, A Coruña e Santiago, por onde pasa o Camiño Inglés, queren poñer en valor os establecementos destes lugares. // Núñez Feijóo comprométese para a próxima lexislatura a afianzar a solvencia de Galicia e buscar o crecemento económico. Así llo propuxo á xunta directiva do Partido Popular de Galicia. // Desde hoxe e ata mediados de decembro está en marcha a campaña de vacinación contra a gripe en Galicia, coa que o Sergas quere protexer do virus ao 65 por cento da poboación. // Os ministros europeos de Pesca acordan manter ata 2017 as axudas ao desguazamento de barcos pesqueiros e á paralización temporal da flota, tal e como pedía España. (24/10/12)
Santiago celebra o 25 aniversario da declaración do Camiño como Primeiro Itinerario Cultural Europeo. // Hostaleiros de Ferrol, A Coruña e Santiago promocionan o Camiño Inglés. // Núñez Feijóo comprométese para a próxima lexislatura a afianzar a solvencia de Galicia e buscar o crecemento económico. // Desde hoxe e ata mediados de decembro está en marcha a campaña de vacinación contra a gripe. // Os ministros europeos de Pesca acordan manter ata 2017 as axudas ao desguazamento de barcos. (24/10/12)
A resaca das eleccións: Parabéns para Feijóo e a AGE, mentres socialistas e BNG analizan os seus erros. // O histórico contrabandista arousán Luis Falcón senta no banco da Audiencia de Pontevedra. // Novidosa técnica aérea para a limpeza de liñas eléctricas na Mariña de Lugo. // O Camiño de Santiago cumpre 25 anos como Primeiro Itinerario Cultural Europeo. // Manuela Cortizo, unha cantareira de 82 anos que representa a tradición oral da comarca pontevedresa de Terra de Montes. 23/10/12
A resaca das eleccións: Parabéns para Feijóo e a AGE, mentres socialistas e BNG analizan os seus erros. // O histórico contrabandista arousán Luis Falcón, coñecido como "Falconetti", senta no banco da Audiencia de Pontevedra, acusado de branquear dous millóns e medio de euros procedentes do narcotráfico. El e a súa muller, tamén acusada, négano. // Novidosa técnica para a limpeza de liñas eléctricas na Mariña. Un helicóptero poda desde o aire as árbores cunha serra aerotransportada que pode traballar nos lugares de máis difícil acceso. // O Camiño de Santiago cumpre 25 anos como Primeiro Itinerario Cultural Europeo. Entre os numerosos actos conmemorativos, abre hoxe unha exposición sobre as paisaxes de Europa ligadas ás peregrinacións. // Manuela Cortizo, unha cantareira de 82 anos que representa a tradición oral da comarca pontevedresa de Terra de Montes. 23/10/12
Alternancia de nubes e claros, con posibilidade dalgún chuvasco illado en zonas altas do interior. Pola tarde, diminución progresiva das nubes. Vento no litoral Norte de compoñente Leste, moderado; e no resto de Sueste, frouxo. Temperaturas en lixeiro ascenso, con valores altos para a época do ano. 23/10/12
A resaca das eleccións: Parabéns para Feijóo e a AGE, mentres socialistas e BNG analizan os seus erros. // O histórico contrabandista arousán Luis Falcón senta no banco da Audiencia de Pontevedra. // Novidosa técnica aérea para a limpeza de liñas eléctricas na Mariña de Lugo. // O Camiño de Santiago cumpre 25 anos como Primeiro Itinerario Cultural Europeo. // Manuela Cortizo, unha cantareira de 82 anos que representa a tradición oral da comarca pontevedresa de Terra de Montes. 23/10/12
O Partido Popular aumenta en tres escanos a súa maioría absoluta, ata os 41. // Onte votaron algo menos dun 64 por cento dos censados, case sete puntos menos que nas anteriores eleccións autonómicas. // Julio Fernández Gayoso terá que comparecer cada 15 días na Audiencia Nacional. // Fútbol intenso en espera do derby do próximo sábado. // Temperaturas pouco habituais para esta época do ano. 22/10/12
Feijóo suma e segue. O Partido Popular aumenta en tres escanos a súa maioría absoluta, ata os 41, tras unha xornada electoral na que a sorpresa foi a entrada con forza no Parlamento da Alternativa Galega de Esquerdas. // Onte votaron algo menos dun 64 por cento dos censados, case sete puntos menos que nas anteriores eleccións autonómicas. Os votos en branco ou nulos, duplicáronse. // Julio Fernández Gayoso terá que comparecer cada 15 días na Audiencia Nacional. É a medida provisional acordada polo xuíz logo da declaración prestada polo ex copresidente de Novacaixagalicia polo caso das indemnizacións multimillonarias. // Fútbol intenso en espera do derby do próximo sábado. // Calor de outono. Temperaturas pouco habituais para esta época do ano. 22/10/12
intervalos nubrados, con precipitacións intermitentes, de intensidade localmente moderada, máis probables pola mañá no Oeste de Galicia, estendéndose progresivamente ao resto. Vento de compoñente Sur, moderado no litoral atlántico e frouxo no resto. Temperaturas en ascenso, entre lixeiro e moderado. 22/10/12
O Partido Popular aumenta en tres escanos a súa maioría absoluta, ata os 41. // Onte votaron algo menos dun 64 por cento dos censados, case sete puntos menos que nas anteriores eleccións autonómicas. // Julio Fernández Gayoso terá que comparecer cada 15 días na Audiencia Nacional. // Fútbol intenso en espera do derby do próximo sábado. // Temperaturas pouco habituais para esta época do ano. 22/10/12
Últimos preparativos para as votacións do domingo. // Os partidos buscan, nas últimas horas da campaña, o voto dos indecisos. // O día das eleccións estará nubrado e podería chover algo a partir do mediodía. // Actos de sensibilización e consellos para previr o cancro de mama. // Celta e Deportivo enfróntanse mañá aos dous grandes da Liga. 19/10/12
Nos máis de setecentos colexios electorais de Galicia ultímanse os preparativos para que todo estea listo pasadomañá, domingo. Ese día case dous millóns setecentos mil galegos teremos a ocasión de decidir a composición do Parlamento. // Os partidos buscan, nas últimas horas da campaña, o voto dos indecisos. // O día das eleccións, agárdase unha xornada máis apracible no meteorolóxico que estes días atrás. Aínda que estará nubrado e podería chover algo a partir do mediodía. // Actos de sensibilización e consellos para previr o cancro de mama, unha experiencia traumática pola que pasan tres de cada mil mulleres maiores de 50 anos. // A véspera de dous partidazos. Celta e Deportivo enfróntanse mañá aos dous grandes da Liga. 19/10/12
Néboas matinais no interior e alternancia de nubes e claros en xeral con algún chuvasco illado en puntos do litoral. Vento frouxo de dirección variable. Temperaturas mínimas en descenso entre lixeiro e moderado e máximas sen cambios significativos, con algún ascenso puntual. 19/10/12
Últimos preparativos para as votacións do domingo. // Os partidos buscan, nas últimas horas da campaña, o voto dos indecisos. // O día das eleccións estará nubrado e podería chover algo a partir do mediodía. // Actos de sensibilización e consellos para previr o cancro de mama. // Celta e Deportivo enfróntanse mañá aos dous grandes da Liga. 19/10/12
Terceiro día de folga dos estudantes, que nesta xornada contan co apoio das federacións de Anpas. // A Xunta asegura que nos últimos catro anos se reduciu o número de incendios. Tamén di a Xunta que ten as contas actualizadas, e os seus pagamentos fanse, de media, en 45 días. // Campaña a dous días das eleccións. // Tres membros dunha mesma familia morren nun accidente de tráfico en Arzúa. // Celta e Deportivo apuran a súa preparación para enfrontarse este sábado aos dous grandes da Liga. (18/10/12)
Terceiro día de folga dos estudantes, que nesta xornada contan co apoio das federacións de Anpas. Trátase dunha protesta contra os recortes no ensino público e en desacordo co proxecto de lei para a mellora da calidade educativa. // A Xunta asegura que nos últimos catro anos se rexistraron en Galicia un vinte por cento menos de incendios que na lexislatura anterior, e se detivo ao dobre de persoas por provocalos. Tamén di a Xunta que ten as contas actualizadas, e os seus pagamentos fanse, de media, en 45 días. // Campaña a dous días das eleccións. // Tres membros dunha mesma familia morren ó chocar o coche no que viaxaban contra un camión na estrada Santiago-Lugo á altura de Arzúa. // Celta e Deportivo apuran a súa preparación para enfrontarse este sábado aos dous grandes da Liga. (18/10/12)
Intervalos nubrados con chuvascos, máis probables no litoral da Coruña e no Leste de Lugo e de Ourense, onde poden ser de neve nas cotas máis altas.
Vento frouxo do Sueste durante a mañá, con algún intervalo de moderado no litoral Norte, tendendo a quedar en calma pola tarde. Temperaturas en descenso entre lixeiro e moderado, principalmente as mínimas. (18/10/12)