Intervalos nubrados con chuvascos, máis probables pola tarde. Pola noite aumentarán as nubes e as chuvias empezarán polo Noroeste. Vento frouxo de compoñente Sueste. Temperaturas sen cambios significativos. 09/11/12
O Deportivo negocia con Facenda para que esta lle levante o embargo. // Alfonso Rueda di que a viaxe de Feijóo a Brasil busca ofrecer os servizos das industrias navais galegas. // Sae da fábrica de Citroen de Vigo o coche número once millóns. // O Complexo Hospitalario Universitario de Santiago é unha das cinco empresas galegas galardoadas cos premios "Líderes en Calidade". // Unha pantalla para atender aos maiores a distancia. // Algas: Nas costas de Galicia recóllense cada ano mil toneladas. (08/11/12)
O Deportivo negocia con Facenda para que esta lle levante o embargo dos ingresos do club para pagar ás débedas da entidade coruñesa, cifradas en 34 millóns de euros. // Alfonso Rueda di que a viaxe de Feijóo a Brasil busca ofrecer os servizos das industrias navais galegas nos lugares nos que neste momento proxectan construír buques. // Sae da fábrica de Citroen de Vigo o coche número once millóns. Trátase dun dos novos modelos de prezo económico dirixidos aos mercados emerxentes, que se montan aquí en exclusiva. // O Complexo Hospitalario Universitario de Santiago é unha das cinco empresas galegas que este ano foron galardoadas cos premios "Líderes en Calidade" que outorga un organismo certificador da Xunta. // Unha pantalla para atender aos maiores a distancia. É un dispositivo de tele asistencia desenvolvido e patentado pola Universidade da Coruña, tras dez anos de investigación. // Algas: Nas costas de Galicia recóllense cada ano mil toneladas. (08/11/12)
Intervalos nubrados con chuvascos que localmente irán acompañados de aparato eléctrico. Vento frouxo de compoñente Leste, moderado con momentos fortes no litoral da Coruña. Temperaturas entre lixeiro e moderado ascenso, localmente notable nos valores mínimos. (08/11/12)
O Deportivo negocia con Facenda para que esta lle levante o embargo. // Alfonso Rueda di que a viaxe de Feijóo a Brasil busca ofrecer os servizos das industrias navais galegas. // Sae da fábrica de Citroen de Vigo o coche número once millóns. // O Complexo Hospitalario Universitario de Santiago é unha das cinco empresas galegas galardoadas cos premios "Líderes en Calidade". // Unha pantalla para atender aos maiores a distancia. // Algas: Nas costas de Galicia recóllense cada ano mil toneladas. (08/11/12)
Dous dos ex directivos de Novacaixagalicia aos que lle piden unha fianza global de máis de dez millóns de euros anuncian que van recorrer o auto. // Políticos, fiscais e xuíces tentan cambiar as leis de xogo para evitar desafiuzamentos. // Un veciño de Amoeiro, en Ourense, tarda 13 horas en denunciar o asalto a súa casa polo medo que pasou. // 6.000 alumnos de secundaria e bacharelato participan nunha vídeo conferencia sobre física de partículas. // Foro sobre crecemento sostible. // ¿O concerto da lembranza¿, en Lugo. 07/11/12
Dous dos ex directivos de Novacaixagalicia aos que lle piden unha fianza global de máis de dez millóns de euros anuncian que van recorrer o auto da Audiencia Nacional. // Políticos, fiscais e xuíces tentan cambiar as leis de xogo para evitar que as vítimas da crise queden na rúa. Vemos o caso de tres persoas ás que un cambio de circunstancias lles impiden seguir pagando as súas hipotecas. // Un veciño de Amoeiro, en Ourense, tarda 13 horas en denunciar o asalto a súa casa polo medo que pasou. Atracárono seis homes encapuchados. // 6.000 alumnos de secundaria e bacharelato dun cento de institutos galegos participan nunha vídeo conferencia sobre física de partículas. // Expertos en medio ambiente e da administración debaten sobre crecemento sostible e advirten de que non todo vale neste contexto de crise. // ¿O concerto da lembranza¿ que onte tivo lugar na capela do cemiterio de San Froilán en Lugo. 07/11/12
Dous dos ex directivos de Novacaixagalicia aos que lle piden unha fianza global de máis de dez millóns de euros anuncian que van recorrer o auto. // Políticos, fiscais e xuíces tentan cambiar as leis de xogo para evitar desafiuzamentos. // Un veciño de Amoeiro, en Ourense, tarda 13 horas en denunciar o asalto a súa casa polo medo que pasou. // 6.000 alumnos de secundaria e bacharelato participan nunha vídeo conferencia sobre física de partículas. // Foro sobre crecemento sostible. // ¿O concerto da lembranza¿, en Lugo. 07/11/12
Ceos pouco anubrados ou despexados durante a mañá, pero irán entrando nubes polo Sur segundo avance o día que deixarán chuvascos cara á noite. Vento de compoñente Leste moderados en xeral, con momentos fortes nos litorais Norte e Noroeste e nas zonas altas. Bancos de néboa matinais illados en zonas de interior. Temperaturas sen cambios significativos. 07/11/12
A policía agarda os resultados das autopsias para determinar se as dúas mortes de Narón son froito da violencia de xénero. // Os estaleiros esperan recuperar a actividade coa aprobación dun novo sistema de bonificacións fiscais. // Nova protesta das traballadoras de Alfageme que reclaman o mantemento da empresa e dos 150 empregos. // Chega aos mercados a centola. // 'Todo é silencio¿, a última película de José Luis Cuerda. // O Outono Fotográfico de Ourense. (06/11/12)
A policía agarda os resultados das autopsias para determinar se as dúas mortes de Narón son froito da violencia de xénero. // Os estaleiros esperan recuperar a actividade coa aprobación este mesmo mes dun novo sistema de bonificacións fiscais para a construción naval. O comisario europeo da competencia dixo que recibiría o visto e prace antes da fin de novembro. // Ducias de latas de conserva guindadas á entrada da Deputación de Pontevedra. E unha nova protesta das traballadoras de Alfageme que reclaman o mantemento da empresa e dos 150 empregos. // Chega os mercados a que para moitos é a raíña dos mariscos. As primeiras centolas frescas da temporada acadaron nas lonxas prezos máximos duns 13 euros. // Este venres chega aos cines 'Todo é silencio¿, a última película de José Luis Cuerda, rodada en Galicia e con guión do escritor Manuel Rivas. // O Outono Fotográfico de Ourense. (06/11/12)
A policía agarda os resultados das autopsias para determinar se as dúas mortes de Narón son froito da violencia de xénero. // Os estaleiros esperan recuperar a actividade coa aprobación dun novo sistema de bonificacións fiscais. // Nova protesta das traballadoras de Alfageme que reclaman o mantemento da empresa e dos 150 empregos. // Chega aos mercados a centola. // 'Todo é silencio¿, a última película de José Luis Cuerda. // O Outono Fotográfico de Ourense. (06/11/12)
Pouco a pouco o ceo foi despexando. As nubes van ir perdendo terreo sobre todo no sur da comunidade. Un día que amenceu moito máis frío e con brétemas en boa parte de Galicia. Máis sol pero cos termómetros que nas horas centrais do día roldarán os 15 graos. (06/11/12)
Expertos de 56 países estudan en Vigo como frear o quecemento global. // O paro subiu en Galicia en outubro un 3,2%. // Os gandeiros ameazan con deixar de entregar leite ás industrias para desabastecer o mercado, en protesta polos prezos que están a recibir. // Un xardín para os sentidos en Castrelos, en Vigo. // O Deportivo sae dos postos de descenso despois de derrotar ao Real Mallorca en Riazor. (05/11/12)
Expertos de 56 países estudan en Vigo como frear o quecemento global. Forman parte do Grupo Intergubernamental sobre cambio climático da ONU, un organismo distinguido co premio Nóbel da Paz polo seu último informe. // O paro subiu en Galicia en outubro un 3,2%, con case 8.500 persoas máis que en setembro inscritas nas oficinas de emprego. // Os gandeiros ameazan con deixar de entregar leite ás industrias para desabastecer o mercado, en protesta polos prezos que están a recibir, por debaixo do custe de produción. // Un xardín para os sentidos. A Unión Europea distingue cunha mención especial a adaptación de parte dos xardíns do pazo de Castrelos, en Vigo, para que os poidan gozar as persoas cegas. // O Deportivo sae dos postos de descenso despois de derrotar ao Real Mallorca en Riazor cun gol de Bruno Gama. O Celta espera conseguir a primeira vitoria a domicilio en Vallecas despois de caer coa cabeza alta no Camp Nou. (05/11/12)
Expertos de 56 países estudan en Vigo como frear o quecemento global. // O paro subiu en Galicia en outubro un 3,2%. // Os gandeiros ameazan con deixar de entregar leite ás industrias para desabastecer o mercado, en protesta polos prezos que están a recibir. // Un xardín para os sentidos en Castrelos, en Vigo. // O Deportivo sae dos postos de descenso despois de derrotar ao Real Mallorca en Riazor. 05/11/12
Ceos anubrados con chuvascos, que serán máis persistentes na franxa costeira. Temperaturas sen cambios significativos, cun lixeiro descenso das mínimas. Ventos de compoñente oeste, moderados pola mañá e frouxos pola tarde. 05/11/12
Flores, lembranzas e compañía para os defuntos. // Imputan no sumario do roubo do Códice Calixtino ao organista da catedral de Santiago. // A Xunta vaise facer cargo da xestión da auga, que agora é competencia dos concellos. // Catro mozos galegos con discapacidade intelectual convértense en funcionarios do estado. // Mal bagaxe para os equipos galegos na recente rolda de Copa. // O Home Lobo de Allariz, en realidade era unha muller. 02/11/12
Flores, lembranzas e compañía para os defuntos. Os cemiterios son estes días lugar de reunión entre os vivos para honrar a memoria dos que xa non están. // Imputan no sumario do roubo do Códice Calixtino ao organista da catedral de Santiago, tras descubrir a policía, na casa del, un facsímil do manuscrito, valorado en 2.500 euros. // A Xunta vaise facer cargo da xestión da auga, que agora é competencia dos concellos. O Conselleiro de Medio Ambiente asegura que se lles vai propoñer un pacto aos municipios. // Catro mozos galegos con discapacidade intelectual acaban de converterse, por oposición, en funcionarios do estado. // Mal bagaxe para os equipos galegos na recente rolda de Copa. O Deportivo empatou a 1 en Riazor co Mallorca, co que se volverá medir este domingo na competición de Liga. // O Home Lobo de Allariz, en realidade era unha muller, segundo unha investigación. 02/11/12