Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Malena González y Abelardo Vázquez
Galicia tamén suspende cautelarmente a administración da vacina de AstraZéneca. Faino por prudencia e de acordo coas indicacións do Ministerio de Sanidade. O presidente da Xunta está convencido de que antes ou despois volveremos con esta vacina.
Polo demais, hoxe, nova reunión do comité clínico, coa vista posta outra vez na hostalaría. Na reunión de onte á tarde entre a Xunta e o sector abordouse a posibilidade de ampliar horarios ata ás oito e media do serán.
E todo isto, nun clima de movementos políticos a nivel nacional que poden levar á ferrolá Yolanda Díaz á vicepresidencia do goberno.
- O funcionamento da nova situación, co confinamento da actividade non esencial, era unha das preocupacións.
- Daquela había aquí douscentos casos de covid e faleceran dúas persoas pola pandemia
Recollemos recordos e impresións na rúa, un ano despois do estado de Alarma que obligou a todos a quedar nas casas. Foi xusto cando a Pandemia se cobraba as primeras vítimas mortais en Galicia. // Hoxe comeza a administración da segunda dose da vacina para aos maiores de 80 anos. Esta semana chegarán unhas 45.000 doses de Pfizer para continuar coa súa inmunización. Tamén segue a administrarse a vacina de Astra Zeneca aos colectivos esenciais menores de 55 anos // Os equipos galegos non lograron pasar do empate nesta xornada. O Celta empatou a 0 en Balaídos fronte o Athletic. e o Lugo sumou tamén un empate fronte o Girona. Os celestes afastanse das prazas europeas..// O fotoxornalista ourensán Brais Lorenzo é o autor da foto premiada coa que captou a celebración do 98 aniversario dunha usuaria da residencia de maiores de Celanova tras superar a covid. 15-03-2021
2.300 mortos, É a cifra que deixa o balance da Pandemia a día de Hoxe. Unha pandemia que se cobraba as primeiras vítimas galegas hai xustamente un ano, cando arrancaba o estado de Alarma que fixo recluir a todos nas casas. // // Hoxe entran en vigor o mapa de restricións que deixa a nove concellos en nivel extremo ou alto. A mellora dos datos epidemiolóxicos fai confiar á Hostalaría en que esta mesma semana se permita unha ampliación dos seus horarios. // Intensifícase a polémica pola continuidade da fábrica de celulosa de Ence na ría de Pontevedra. O concello declara persoa non grata ao presidente da compañía e acúsao de instigar protestas violentas dos traballadores.// Os seminarios menores de Lugo e Santiago admitirán alumnas o próximo curso, por primeira vez na historia. Un cambio, din, insipirado nas ideas do Papa Francisco sobre a educación. 15-03-2021
2.300 mortos, É a cifra que deixa o balance da Pandemia a día de Hoxe. Unha pandemia que se cobraba as primeiras vítimas galegas hai xustamente un ano, cando entraba en vigor o estado de Alarma que fixo recluir a todos nas casas. // // Hoxe entran en vigor o mapa de restricións que deixa a nove concellos en nivel extremo ou alto. A mellora dos datos epidemiolóxicos fai confiar á Hostalaría en que esta mesma semana se permita unha ampliación dos seus horarios. // Intensifícase a polémica pola continuidade da fábrica de celulosa de Ence na ría de Pontevedra. O concello declara persoa non grata ao presidente da compañía e acúsao de instigar protestas violentas dos traballadores.// Os seminarios menores de Lugo e Santiago admitirán alumnas o próximo curso, por primeira vez na historia. Un cambio, din, insipirado nas ideas do Papa Francisco sobre a educación. 15-03-2021
As altas presioes estarán situadas ao noroeste, polo que o ceo quedará pouco anubado en xeral, con algunhas nubes altas e neboas matinais no interior. Temperaturas mínimas en descenso e as máximas ascenden lixeiramente. 15-03-2021
Yolanda Díaz perfílase como a futura líder e candidata de Unidas Podemos. Pablo Iglesias anuncia que él deixa o Goberno e xa llo comunicou ó presidente Pedro Sánchez, a quen lle propuxo que a ferrolá sexa a súa sustituta na vicepresidencia segunda do goberno.
Aumenta a presión asistencial, pero continúa a caída dos casos activos de coronavirus. O vicepresidente da Xunta confía en que mañá se poidan tomar medidas de alivio pro sector hostaleiro, coma o retraso do toque de recollida e do peche dos locais.
O concello de Pontevedra declarará persoa non grata a Ignacio Colmenares, presidente de ENCE. Considera que está detrás dos incidentes protagonizados polos traballadores.
O sindicato labrego galego pide que se intensifique o control das prantacións ilegais de eucalipto. Advirten de que o anuncio dunha moratoria está provocando un efecto chamada
O Centro Galego de Artes da Imaxe, o CGAI, que este ano cumpre 30 anos de funcionamento, vaise transformar en Filmóteca de Galicia.
O Tempo, con ceos pouco anubrados... as altas presións están situadas ao noroeste de Galicia. Pra mañá agardamos poucos cambios.
informativo-pontevedra---150321 464817 2021-03-15t10-31-46000
Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Malena González y Abelardo Vázquez
Os concellos de Cariño, Miño e Mugardos recuperan hoxe a mobilidade co resto de Galicia.
Están en nivel medio de restricións anticovid.
Outros dous municipios - Sobrado e Arteixo - continúan en nivel alto. Os seus veciños só poden desplazarse ata concellos na súa mesma situación sanitaria.
Os datos da pandemia deixánnos 5 novas mortes e a estabilización hospitalaria na provincia.
Estamos a luns, volveu o anticiclón, inciamos semana, e facémolo pensando case, case, no descanso que está por vir. A ponte do 19 de marzo... Como quedará daquela o mapa da pandemia e como estarán para daquela as restriccións. Mañá volve reunirse o comité clínico.
De momento, hoxe, sumamos un novo alivio, unha nova mellora que agora afecta a oito concellos máis, que recuperan a mobilidade co resto de Galicia e xa poden abrir a hostalaría tamén no interior. Unha situación da que agora disfrutamos en case toda a comunidade: só quedan 5 concellos co nivel máximo de restriccións e outros catro en nivel alto.
A Xunta baralla ampliar o horario da hostalaría, agora limitado ás seis da tarde. Esta tarde, nova reunión co sector.
- A escritora alemá afincada en Galicia repasa en "Flashes" algunhas das súas vivencias
Nesta entrevista, descubrimo-las instantáneas que esta escritora alemá afincada en Galicia presenta en "Flashes". Vivencias persoais lembradas dende o humor dunha muller que atopou na escritura a súa salvación.