Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A hostalaría abre, desde hoxe, ata as nove da noite en toda a provincia. Pechaba as seis da tarde.
 Desde hoxe, todos os  concellos  recuperan a mobilidade entre sí e cos de toda Galicia. Agás co lucense de Paradela e cos ourensán de Maside e Vilardebós.
 Prohíbense as reunións de non conviventes nos domicilios.
 Baixa a presión hospitalaria pola covid, pero repuntan os contaxios

No inicio dunha loga fin de semana que empeza con este día de San Xosé, atípico, por outra parte. Celébrase o día do pai pero están prohibidas as reunións nas casas de persoas que non son conviventes. Iso sí, pode haber algo máis de actividade nos bares que desde hoxe poden abarir ata as nove da noite en case tódo-los concellos.
Galicia aínda non decidiu cando reanudará a vacinación coas doses de AstraZéneca, pero será a vinderia semana.
Polo demais, a fin de semana será soleada, aínda que hoxe nos roa polo norte unha fronte que pode deixar algunha precipitación e máis frío

Só un 20 por cento dos establecementos hoteleiros ten previsto abrir durante a ponte dos próximos días. O sector destaca, en cambio, que a demanda de Casas rurais e pisos turísticos comenza a animarse pese a non poder recibir visitantes de fora de Galicia. // A Xunta aprobou hoxe un plan de apoio aos comercios afectados polos peches ao que destinará 10 millóns de euros en bonos de ata 30 euros. // Un edificio polémico construído hai catro anos, con pisos de luxo que non se poden vender, e un expediente urbanístico extraviado. Son elementos dun caso que levou a un constructor de Ourense a acusar a varios funcionarios municipais de chantaxe. // O sábado empeza a primavera que, segundo a AEMET, vai ser seca e cálida. 18-03-2021

Satisfacción xeral entre a hostalaría, pola ampliación do horario de apertura e as novas normas de desescalada que entran en vigor mañá. O sector pide cautela aos usuarios para non baixar a garda no cumplimento das medidas de seguridade. // Os casos activos volven baixar, son 72 menos que o día anterior. Os pacientes na UCI son 57. O consello aproba a creación de Unidades especiais para facer un seguemento dos pacientes de Covid unha vez dados de alta. // Só un 20 por cento dos establecementos hoteleiros teñen previsto abrir durante a ponte dos próximos días. O sector destaca, en cambio, que a demanda de Casas rurais e pisos turísticos comenza a animarse. pese a non poder recibir visitantes de fora. // Unha mariscada aos que se convirtan en pais mañá, 19 de marzo. É o agasallo prometido por unha empresa que comercializa peixe na Costa da morte. 18-03-2021

Na ponte de San Xosé vaise manter con poucos cambios agás o venres, que se agardan máis nubes no norte e algunha chuvia feble. En xeral ceos despexados, sol e vento do nordés que xa hoxe ha deixar temperaturas máximas máis baixas, que quedarán por baixo dos 15 graos. 18-03-2021

Satisfacción xeral entre a hostalaría, pola ampliación do horario de apertura e as novas normas de desescalada que entran en vigor mañá. O sector pide cautela aos usuarios para non baixar a garda no cumplimento das medidas de seguridade. // Os casos activos volven baixar, son 72 menos que o día anterior. Os pacientes na UCI son 57. O consello aproba a creación de Unidades especiais para facer un seguemento dos pacientes de Covid unha vez dados de alta. // Só un 20 por cento dos establecementos hoteleiros teñen previsto abrir durante a ponte dos próximos días. O sector destaca que a demanda de Casas rurais e pisos turísticos comenza a animarse. pese a non poder recibir visitantes de fora. // Unha mariscada aos que se convirtan en pais mañá, 19 de marzo. É o agasallo prometido por unha empresa que comercializa peixe na Costa da morte. 18-03-2021

A ponte de San Xosé chegará mañá cos hospitais en niveis de ocupación do mes de outubro pasado, e os casos activos tan baixos coma en agosto, pero coas UCIs aínda sen recuperarse da terceira vaga.

115 mil galegos xa pasaron a enfermidade. Calcúlase que un de cada 10, tres meses despois de recibir a alta, aínda ten secuelas. O Consello da Xunta vén de acordar a creación de unidades postcovid pra face-lo seu seguemento
 
A hostalaría recibe con alivio as ampliacións de horario, ata as 9 da noite, e dos aforos en parte da comunidade, pero lamentan que non se dera cabida a un turno de ceas.

A aparición dun foco de coronavirus obriga a inmobilizar unha granxa con milleiros de visóns en Santiago. A Xunta insiste en que a situación está controlada e non hai risco pras persoas

Hoxe toma posesión o administrador xudicial do Colexio de enfermería de Pontevedra. A xunta de goberno provisional da entidade persoarase no procedemento aberto contra o presidente, a súa muller e unha filla.

Cruce de acusacións entre o Estado e a Xunta polas obras do Pazo de Meirás. Patrimonio requírelles un informe, obrigatorio nos Bens de Interés Cultural. O delegado do goberno asegura que o teñen dende o 5 de marzo

O BNG reclama maior atención ó acoso escolar. Reclama datos reais e actualizados dun problema que causa moito sufrimento ós que o padecen e propón a creación dunha unidade específica en Educación.

O tempo.... hoxe comeza o descenso de temperaturas, e ate o domingo non se agardan cambios significativos.

Os locais de hostalería abren, a partir de mañá, ata as nove da noite.
Agás en 11 oncellos, bares e restaurantes poden utilizar o 75 por cento do aforo das terrazas e o 50 do interriior dos locais.
Tres concellos - Arteixo, Neda e Sobrado seguen en nivel alto de restricións.
Todos concellos da provincia recuperan a mobilidade entre sí e cos de toda Galicia. Agás con tres: un de lugo e dous de Ourense
Os alcaldes de Ferrol e A Coruña únense para reclamar que a alta velocidade ferroviaria chegue tamén a cidade departamental.
Falece na Coruña o ex presidente da Real Academia Galega Xosé Ramón Barreiro. Tiña 84 anos.

A véspera da ponte de San Xosé tráenos algunha nube máis e descenso das temperaturas. Onde parece que comeza a despexar é no sector da hostalaría. A Xunta decididu ampliar o horario de apertura ata as nove da noite. Será a partir de mañá. Na maioría dos casos haberá tamén ampliación de aforos. Con todo, o piloto vermello continúa sobre os concellos de Vilardevós, Maside e Paradela.
Importante: o toque de queda segue as 10 da noite, hai peche perimetral de Galicia e están prohibidas as reunións de non conviventes nos fogares.
Ata principios da semana que vén non se revisarán estas medidas.
Ademais, sabemos xa que a vacinación dos maiores de 70 anos está prevista para maio.

Coincidindo co día de San Patricio, Carlos Núñez estrea hoxe "Celtic Beethoven", un vídeo-concerto a demanda que estará dispoñible en internet durante un mes. Moitos músicos novos, algúns galegos, acompañan ao gaiteiro neste proxecto que nos axuda a descubrir a paixón de Beethoven polas melodías celtas tradicionais

A hostalaría poderá abrir ata as 9 da noite a partir do venres en prácticamente toda Galicia,Tal como acaba de anunciar o Presidente, agás en tres concellos, que pasarán A ponte de san Xosé en máximas restricións, entre eles o de Maside que se suma mañá aos de Vilardevós e Paradela en quedar en confinamento perimetral e coa hostalaría pechada. // De cara a Semana Santa, a atención das autoridades está posta no control dos movementos.

As forzas de seguridade anuncian que intensificarán as medidas para evitar desprazamentos non autorizados. // Ingreso incondicional en Prisión. É o que decretou o xuíz logo de tomar declaración ao arrestado en relación co crime de Chapela. A policía mantén aberta a investigación por se houbese máis persoas implicadas // Coincidindo có Día de San Patricio, Carlos Núñez estrea hoxe"Celtic Beethoven", un vídeo-concerto a demanda que estará disponible en internet durante un mes. 17-03-2021