Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A boa evolución dos datos, que seguen á baixa, non permite baixa-la garda. Especialmente ante as repuntas detectadas en lugares coma a área sanitaria de Santiago.

O goberno galego pide prudencia á hora de reduci-las restriccións na Semana Santa, coa mira posta, máis ben, en que o verán permita recupera-la actividade.

As autoridades advirten tamén dalgúns malos comportamentos detectados durante esta ponte de San Xosé, anque recoñecen que a maioría dos cidadáns cumpren as normas.

Un brote nunha residencia de Silleda reúne 50 dos 55 positivos en centros sociosanitarios. Tardou en detectarse porque están todos asintomaticos.

A corporación de Pontevedra declara persoa non grata ó presidente de ENCE. BNG e o PSOE acusan a Ignacio Colmenares de instigar ós traballadores ó uso da violencia.

Segue sen concretarse o formato da reunión que manterá este venres Feijoo cos líderes da oposición. O líder socialista, Gonzalo Caballero prefire un encontro conxunto.

Aprazado o xuizo con 21 acusados en relación cun alixo de 1.700 quilos de cocaínda. O motivo, a baixa médica de dúas letradas da defensa.

Continuamos baixo o dominio das altas presións... ceos despexados e temperaturas en ascenso.

Comeza unha nova semana na que os traballadores da Unidade de Coidados Intensivos do Hospital Clínico de Santiago volven a realizar unha nova mobilización, en demanda de melloras labois...

O ADIF, o administardor de Infraestructuras Ferroviarias, buscará recursos para conectar por tren o porto exterior da Coruña, en Punta Langosteira.

En Brión, os pais de alumnos do colexio de Pedrouzos pídenlle á Xunta que contrate coidadores pró comedor.

En Narón, a dirección da empresa de habilitación naval, Gabadi, e os sindicatos negocian o ERE de despedimento para 36 traballadores indefinidos.

A primavera entrou con forza en Galicia e acompañou unha ponte festiva que ensaiou os novos pasos da desescalada. Hostalaría aberta ata as nove da noite e mobilidade interior por case toda a comunidade. Os controis foron máis dos habituais. 2.600 axentes vixiaron que todo se fixese dentro da norma. Os incumprimentos, que os houbo, foron, con todo, as excepcións.

Polo demais, os indicadores da pandemia continúan con evolución positiva. O peor, unha nova morte nunha residencia. Foi en Silleda.

E hoxe, en Pontevedra, comeza o xuízo polo caso Titán, en relación ós 1.700 quilos de cocacína achados neste remolcador interceptado en alta mar. Hai 21 acusados.

Hoxe falamos das infraestructuras ferroviarias: dos prazos para a entrada en funcionamento do AVE, da mellora das conexións con Lugo e Ferrol ou da saída sur de Vigo.
 Xosé Manuel García conversa coa presidenta de ADIF

Nova repunta do número de hospitalizados por coronavirus.bBaixan os contaxios e o número de persoas que padecen a enfermidade.
 Detectados outros 16 casos de coronavirus na residencia de maiores Coviastec de Silleda.


 --- Concentracións, este mediodía, en 20 localidades galegas, para protestara polo pla forestal da Xunta. (( Piden unha moratoria para a plantación de eucaliptos ))).


 --- Hoxe arranca a nova temporada de pesca. 36.000 pescadores comn licenza poder pescar trioita ata o 31 de xull.
 
 --- Deportes. Perde o Celta co Real Madrid: 1- 3. Nova de derrota do Obradoiro. Desta volta, contra o Unicaja en Fontes do Sar. Esta tarde xoga o Lugo

Cómo utilizar o noso patrimonio sonoro para facer novas creacións contemporáneas...
É o tema central das xornadas que, entre o mércores e o sábado, se van desenvolver en Santiago.
Están organizadas por Luneda Produccións, en colaboración co concello compostelán e a Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Alejandra López fala coa responsable da organización

Consternación en Salvaterra do Miño
 Morren, en accidente de tráfico,  tres dos seus veciños, tres membros dunha mesma familia:  unha nai, de 38 anos, e os seus dous fillos: unha nena de 13 anos e un neno de 6.
 
 Volve aumentar o número de hospitalizados por coronavirus.
 Hoxe hai 258 persoas ingresadas, das que  53 permanecen en coidados intensisivos.

 
 Os barcos de artes menores de Galicia pararán 24 horas o venres día 26.
 Protestan pola decisión da Unión Europea de obrigarlles a instalar nos barcs xeolocalizadores e cámaras de video

As adegas máis representativas comezan hoxe unha nova tempada de visitas enoturísticas, aproveitando a ponte de San Xosé e a relaxación das restricións anticovid. No Ribeiro fano ademáis estreando un selo que garante a máxima seguridade para os visitantes e as guías

O norte da provincia de Lugo ten a maior concentración de lobos de España. Son unhas 14 mandas, segundo o seguemento que realiza o proxecto Rebinxe, unha asociación que defende a convivencia do lobo e a gandería. Un dos seus integrantes, que tamén é gandeiro, pide máis axudas por danos, máis medidas de prevención e suavizar o debate actual sobre a protección do lobo

A mobilidade é a protagonista, no arranque da ponte festiva, con libre circulación dentro de Galicia e normas máis flexibles na hostalaría, ainda que coas reunións dentro das casas limitadas só a conviventes. As actividades de encontro coa natureza, entre as favoritas. //. Un 2.600 axentes da Garda Civil e a Policía Nacional controlan, dende hoxe e ata o domingo, o cumplimento das restriccións. Unha parte do operativo céntrase nos accesos a Galicia, xa que se mantén o peche perimetral da comunidade e está prohibido entrar ou sair sen causa xustificada. // A queima de restos agrícolas e forestais queda prohibida dende hoxe para evitar a proliferación de incendios. A prohibición inclúe as queimas previstas con permisos xa concedidos con anterioridade. A consellería de Medio Rural anunciou a medida tras analizar a situación meteorolóxica e os indicatores técnicos do risco. 19-03-2021

Arranque da ponte festiva, con libre circulación dentro de Galicia e normas máis flexibles na hostalaría, ainda que coas reunións dentro das casas limitadas só a conviventes. As actividades de encontro coa natureza, entre as favoritas. // Os casos activos descenden lixeiramente e acadan os 2.575, unha cifra similar á de finais de agosto. O número de hospitalizados continúa a baixa. Houbo 188 novos contaxios e comunicáronse cinco falecementos no último día. // Colectivos de toda Galicia sumanse ao chamamento mundial dos Venres por un Futuro, un movemento xuvenil que reclama accións urxentes fronte a emerxencia climática. // Unhas 14 mandas de lobos teñen o seu hábitat no terzo norte da provincia de Lugo. É a maior concentración da especie en España, segundo o seguemento da asociación Rebinxe. 19-03-2021

Despedimos o inverno con máis nubes sobre todo polo norte e leste de Galicia que deixarán algunhas chuvias que poden ser de neve en cotas por riba dos 1.100 metros. Xornada máis fresca polo vento do norte que sopra con forza no litoral e zonas altas. 19-03-2021

Arranque da ponte festiva, con libre circulación dentro de Galicia e normas máis flexibles na hostalaría, ainda que coas reunións dentro das casas limitadas só a conviventes. As actividades de encontro coa natureza, entre as favoritas. // Os casos activos descenden lixeiramente e acadan os 2.575, unha cifra similar á de finais de agosto. O número de hospitalizados continúa a baixa. Houbo 188 novos contaxios e comunicáronse cinco falecementos no último día. // Colectivos de toda Galicia súmanse ao chamamento mundial dos Venres por un Futuro, un movemento xuvenil que reclama accións urxentes fronte a emerxencia climática. // Unhas 14 mandas de lobos teñen o seu hábitat no terzo norte da provincia de Lugo. É a maior concentración da especie en España, segundo o seguemento da asociación Rebinxe. 19-03-2021

A pandemia está a ter un efecto devastador na demografía galega. Eramos un dos territorios máis envellecidos de Europa, e agora están a nacer a metade dos nenos que antes. Os expertos temen que moitas parellas que decidiron apraza-los seus plans de descendencia acaben descartándoos definitivamente.

Galicia volverá vacinar contra a covid con doses  de Astrazéneca. Falta por concretar a data.
Os expertos que asesoran ó goberno de España e a Comisión de Saúde Pública reunense esta ponte festiva para decidir se se exime a algún colectivo desta vacina ante a aparición de trombos.

Detectados dous gromos en dous barcos amarrados un en Burela e o outro no porto exterior da Coruña.  14 son tripulantes dun persqueiro burelés e 18 pertencen a un buque de bandeira liberiana que tivo que arribar ó porto coruñés. Tres mariñeiros están ingresados, un na UCI.

O ministerio de Transportes non acepta o cesamento dos membros da comisión de investigación de accidentes ferroviarios. Era unha demanda da asociación de víctimas do accidente do Alvia.

Concentración da plataforma de Traballadores Públicos Temporais de Galicia. Denuncian o abuso da contratación temporal nas administracións públicas de españolas, e reclaman a sua estabilización.

No tempo, continuamos baixo a influencia anticiclónica, anque chega unha fronte pouco activa

Os cruceiros espallados por toda Galicia supoñen un tesouro etnográfico, non sempre ben valorado nin sequera por nós mesmos... O Consello da Cultura Galega proponnos que coñezamos mellor estes elementos, tan característicos do noso territorio e da nosa idiosincrasia. Cada mes vai publicar unha ruta de cruceiros: un percorrido por unha área xeográfica concreta reparando nalgunhas das cruces que cativaron a Castelao e outros intelectuais. Unha reportaxe de Manuel Gutiérrez da Silva.