A entrevista do domingo en Rne Galicia. Xosé Manuel García fala co Delegado do Goberno en Galicia, José Miñones.
A Xunta reclamaralle ao Goberno central unha parte das vacinas de Pfizer correspondente ao lote anunciado de 3,4 millóns. Sanidade reprograma a vacinación da semana que vén porque de momento non van chegar doses desta partida e recibirase a metade das previstas de Moderna.
A Misión Biolóxica de Galicia, con sede en Pontevedra, conmemora este o seu centenario. Trátase dun centro de investigación agraria e forestal que se ocupa especialmente dos principais cultivos e variedades de Galicia. Pablo Lago falou coa súa directora Elena Cartea.
Colapso da páxina web so SERGAS ante a elevada demanda de mozos e mozas que hoxe querían pedir vez para recibir a vacina do coronavirus. A Xunta abría ás 9 da mañá a autocita para 25.000 persoas de entre 16 e 21 anos e xa dende primeira hora a WEB deixou de funcionar con normalidade.
Que tal boas tardes... Ata o dagora o SERGAS xestionou máis de 1.300 solicitudes e os servizos informáticos da Xunta informan de que se chegaron a rexistrar picos máis dun millón e medio de demandas simultáneas.
Este é un dos principais focos de atención desta xornada, na que tamén miramos cara TOKIO... porque hoxe celebramos dúas novas medallas olímpicas para os deportistas galegos: as que conseguiron os equipos de piragüísmo na modalidade de K4 500... con Rodrigo Germade e Carlos Arévalo... e de balonmán... no que compite Rodrigo Corrales.
A Xunta pide que se lexisle pra poder facer obrigatoria a vacinación contra a Covid dos colectivos máis sensibles: sanitarios e coidadores de anciáns. Unha petición que o PSdeG cre que xera un debate ficticio, din que non hai rexeitamento no sector. Falan de cortina de fume pra tapa-lo colapso da atención primaria e o mal funcionamento dos rastrexos. Uns rastrexos que os sindicatos critican que se adxudicaran a unha empresa privada.
Unións Agrarias da a benvida á plataforma Conta Láctea, recén anunciada pola Xunta. Utilizarana pra demostrar que están a pagarlles polo litro de leite moito menos do que custa, que se está a incumprir a legalidade.
Os traballadores do grupo R en Galicia agardan compromisos concretos de mantemento do emprego, tras facerse o grupo Másmovil con Euskaltel, dono da cableira galega. Másmovil lanza unha mensaxe de tranquilidade e di que a operación non afectará ós postos de traballo de R en Galicia.
A Fiscalía propón xulgar aos catro adultos que supostamente participaron na malleira que causou a morte a Samuel Luis por asasinato. A xuiza dí que é algo que se verá máis adiante. As partes piden que se fagan máis dilixencias. Así se resume o acontecido nos xulgados da Coruña onte onde foron citados para comunicarlle qué feitos se lles imputan.
O centro de saúde de Ponteareas pechará polas tardes a partir do quince de agosto por falta de médicos sustitutos. As consultas urxentes atenderanse no PAC.
O peche de servizos bancarios deixará 38 concellos galegos sen oficinas nen caixeiros. O BNG denuncia que a Xunta vaia premiar os peches con 2,88 millóns de euros de subvención aos bancos para que instalen máquinas automáticas.
Nas estradas da provincia de Lugo xa está vixilando o dron incorporado á Campaña de Tráfico deste verán en Galicia. A metade das sancións impostas son por non usar o cinto.
Os acusados pola malleira mortal a Samuel Luíz, increpados ao acudir ante a xuíza. A fiscalía e as acusacións particulares piden que sexan xulgados por asasinato. // É o esforzo dos padexeiros. Carlos Arévalo, co número dous, chegou quinto. Tamén, nesa mesma posición fixoo Antía Jácome que, con 21 anos, se estrea nuns xogos. // Un Dron vixia as estradas galegas nesta campaña de verán. A Dirección Xeral de Tráfico engade este dispositivo como complemento para evitar accidentes ao volante. No que vai de ano morreron 44 persoas. // Despois de tres días de baixada, os casos activos de covid volven subir hoxe. Son 21 máis, ata un total de 18.643, e os novos contaxios detectados repuntan a 1.110. Nos hospitais a situación mantense estable, con 302 pacientes ingresados, 52 deles nas UCI. As vítimas mortais asceden a 2.481, logo de comunicarse 2 falecementos nas últimas horas. 05-08-2021
Las acusaciones en el crimen de Samuel piden imputar un delito de asesinato a los cuatro investigados
- Se trataría de una mujer en libertad con medidas cautelares y de tres varones encarcelados por este caso
- No obstante, según el TSXG, la jueza no emitirá este jueves resolución y se pronunciará en los próximos días
A Fiscalía eleva a asasinato a súa acusación contra os catro adultos investigados polo crime de Samuel Luiz. A causa xudicial seguirase por un delito de homicidio ou asasinato, que a xuíza concretará ao longo da instrución.
A Xunta incrementará a vixilancia de eventos coma os festivais. Revisarán o protocolo de seguridade se detectan gromos coma os que se están producindo noutras comunidades. Educación cre que as vacinas a maiores de 12 anos poden coincidir co arranque do curso.
Preocupación nas Catedrais ante a sucesión de incidentes cos visitantes. O alcalde pídelle á Xunta mais axuda para controlar a afluencia de visitantes. Piden responsabilidade ós turistas logo de que fose preciso rescatar a varios grupos pola suba da marea.
38 concellos galegos non teñen ningún tipo de infraestructura bancaria. O banco de españa eleva a 250 mil persoas as que teñen déficits nesta materia.
Pablo Villar, un capitán galego, leva 10 meses atrapado en Iemen en condicións penosas. A CUT pide a súa repatriación.
Os sanitarios levan tamén as súas protestas á rúa. Vigo, Pontevedra e Sanxenxo acolleron concentracións para denunciar a presión asistencial provocada pola pandemia. Mentras, no consello de atención primaria a Xunta asegura que para rebaixa-la a saturación que se está a rexistrar nos servizos de administración é precisa a colaboración das farmacias na expedición de certificados de vacinación e rexistro dos autotest.
As dez desta mañá están citados pola xuiza os catro investigados maiores de idade pola morte de Samuel Luiz. Nesta comparecencia se lles concretará os delitos que se lles imputación. O xuizo será con xurado.
As anpas denuncian que o vindeiro curso haberá 500 profesores menos. O Conselleiro de Educación negao e atribúe en parte a reducción de profesores a que en infantil e primaria a evolución demográfica.
En Vigo comezaron os traballos da montaxe do alumeado do Nadal. O alcalde, Abel Caballero, confía na boa evolución da pandemia e espera a visita de millons de persoas.
A presión asistencial e a falta de reforzos durante o verán provocan a sobrecarga dos sanitarios. Hoxe alzan a súa voz con concentracions en Sanxenxo e Pontevedra pra dicir que non poden máis.
A Xunta prevé que na terceira semana deste mes se poida rebaixar as restriccións actuais.
Ingresados no hospital de vigo tres tripulantes do pesqueiro Manuel Laura. Chegou ó porto de Vigo logo de que lles negaran asistencia médica en Irlanda, e ten outros seis positivos.
As anpas galegas alertan dun recorte sen precedentes pro vindeiro curso. Haberá 500 profesores menos, 200 menos que en 2019. O conselleiro nega que haxa menos profesores que no último curso previo á pandemia
O xuizo polo crime de Samuel Luiz será con xurado popular. A policía toma declaración a unha nova testemuña e non descarta novas detencións.
A denuncia do Colexio de Médicos de Pontevedra contra responsables do SERGAS pola saturación da Atención Primaria xa ten resposta por parte de Sanidade. O Conselleiro Julio García Comesaña anunciou no parlamento que reunirá ao consello técnico de atención primaria para tentar aliviar a carga dos facultativos.
Nos deportes o regatista Nico Rodríguez acaba de gañar unha nove medalla para Galicia e é a terceira, tras a de Peleteiro e Portela. Conseguiu o bronce na clase 470, barco no que é tripulante con Jordi Xammar.
Sanidade notifica cinco novas mortes por Covid nas últimas horas cando a pandemia vai moderándose. O comité clínico baixou a Cambados, Boiro e o Barco do nivel máximo e no alto permanecen outra semana as sete cidades.
Atracou en Vigo o pesqueiro Manuel Laura. Tivo que adiantar o regreso ao dar positivo por coronavirus varios membros da tripulación e que en Irlanda non lle deran atención médica.
O paro reduciuse o mes pasado en case 5.800 persoas co que o número de desempregados queda en 152 mil. O sector servizo foi o que tirou do emprego.
- Chegou segunda a 19 milésimas da dinamarquesa Jørgensen
- Especial Juegos Olímpicos de Tokyo 2020 en RTVE.es | Sigue en directo los Juegos Olímpicos de Tokyo 2020 en RTVE Play
A padexeira de Aldán consegue a primeira medalla logo de participar en 6 Xogos Olímpicos.
Este martes se cumple un mes del asesinato de Samuel Luiz en A Coruña. Se van conociendo más detalles de lo que ocurrió. Hemos hablado con el comisario que dirige la investigación y dice que no descarta que se pueda probar que fue un crimen homófobo. El comisario del caso Samuel sabe que en el grupo agresor había al menos once jóvenes y han detenido a seis. Falta por determinar el grado de participación de los otros cinco. El comisario es consciente de la enorme presión social en torno al caso y ha tratado de aislar al equipo de investigadores. No descarta que se pueda probar el componente homófobo de este crimen. Es pronto para hablar de homofobia. Esta misma mañana los agentes han interrogado a un nuevo testigo.
Teresa Portela: a protagonista deste martes. A palexeira de Cangas vén de conseguir ós seus 39 anos e na sexta participación nuns xogos unha medalla de plata. A segunda que conseguen desportistas galegos tra-la de Ana Peleteiro.
Melloran tódo-los indicatores nesta quinta onda da pandemia.
Hoxe hai 15 hospitalizados e tamén baixan os casos activos e os novos positivos. Pero nas últimas horas comunicáronse 10 novos falecementos.
Mañá chega a Vigo un pesqueiro con tripulantes contaxiados ós que Irlanda negou atención médica.
A CIG considera que as autoridades irlandesas incumpriron o Regulamento sanitario internacional.
Baixou o paro en xullo.
O desemprego reduciuse un 3,67 por ciento respecto al mes anterior. Agora hai 152 mil desempregados en Galicia.
A sexta foi a vencida. Na súa sexta participación olímpica, Teresa Portela conseguiu a medalla de plata en K1-200. En Londres xa quedara a unhas milésimas do broce. Tiña unha trintena de medallas en mundiais e europeos, pero ós 39 anos faltaballe unha nuns xogos olímpicos e xa a ten. "o que a segue conseguea dixo unha feliz Teresa Portela ó rematar.Foron peor as cousas en vela, Iago López e Támara Echegoyen quedaron ás portas do bronce na respectiva competición.
Por aquí empezamos, estes son os outros titulares deste martes.
As análises de ADN implican a dous dos principais acusados na morte de Samuel Luiz.
Sanidade cré que estamos chegando ó pico desta quinta onda da pandemia. Por iso, non se agardan máis restriccións no comité clínico de hoxe.
Este martes, sesión extraordinaria do pleno do parlamento para debater e autorizar o teito de gasto para o 2022 e que ascende a 11.571 millóns de euros.
- O concello vaina propoñer para a máis alta distinción e que sexa imaxe da cidade
- Tras saltar 14,87 cm as súas primeiras palabras foron para a Barbanza
- Especial Juegos Olímpicos de Tokyo 2020 en RTVE.es | Sigue en directo los Juegos Olímpicos de Tokyo 2020 en RTVE Play
O brinco 14 metros e 87 centimetros en Toquio valeulle a medalla de bronce e proposta para a máis alta distinción de Ribeira.