Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Nieves Cabo será outra vez a imaxe das vacinas nos centros da terceira idade.
O 27 de decembro foi a primeira en recibir primeira dose, agora Sanidade empeza por ela a aplicación da terceira. Será na residencia Porta do Camiño a partir das dez da mañá.
Os casos activos de coronavirus seguen baixando e xa están en 2 mil...
As malas noticias chega, unha vez máis do sector industrial... agora anunciase o peche de Vestas, fábrica de compoñentes eólicos de Viveiro, para final de ano, mentres os traballadores de Alcoa decidirán mañá que retoman as mobilizacións antes a falta de avances para a venda da fábrica de aluminio.
Deportes. o Celta buscará hoxe fronte ó Levante en Valencia o primeiro triunfo.
O tempo. No último día de verán, volve a dominar o anticiclón pero temperaturas baixas pola noite.


Nova fronte para os traballadores da industria en Galicia. A fábrica de compoñentes eólicos que VESTAS ten en Viveiro pechará contra finais de ano. A previsión da compañía é reubicar os máis de 100 traballadores noutras plantas pero dende o comité de empresa non coñecen aínda a folla de ruta deste peche.


O SERGAS comeza mañá en Santiago a vacinar coa terceira dose os maiores que viven nas residencias. Unha medida acordada entre tódalas comunidades e que comeza en Galicia coa incidencia acumulada á baixa: sitúase en 76 casos por cada cen mil habitantes a 14 días.
 

O sector pesqueiro galego non obtivo palabras tranquilizadoras do comisario europeo de pesca. Os dous asuntos que máis preocupan, que depende da Unión Europea, seguen sobre a mesa: a posible eliminación das axudas ó gasóleo ou o regulamento de control da pesca.
O grego Sinkevicios escoitou as demandas do sector e únicamente se mostru aberto a axustar a lexislación a aspectos específicos como o que se dan en Galicia.

Dirección e sindicatos de Stellantis negocian a modificación das condicións de traballo por mor da desaparición temporal da cuarta quenda, a de fin de semana.

Baixan tódo-los indicadores da pandemia.
Os casos activos xa pasan pouco dos dous mil, hai catro persoas menos hospitalizadas e detectáronse 61 novos contaxios

En Lugo, os feirantes concentráronse diante do concello pra que lles expliquen porque non poden traballar no San Froilan cando si o fan noutras cidades.

Xa está no cárcere o presunto asasino da coruñesa Mónica Marcos. José Ramón Guerreiro, a súa parella, xa pasou a noite no penal de Teixeiro.
A xuiza de garda ordenou o seu ingreso en prisión provisional comunicada e sen fianza por homicidio doloso, coas agravantes de alevosía e ensañamento.
O acusado negouse a declarar en sede xudicial e tamén diante da policía.

Desde hoxe e ata o 4 de outubro, os coruñeses poden presentar propostas sobre a cidade ou o seu barrio para incluir na partida de orzamentos participativos

O alcalde de Zas fai pública a carta que lle remitíu ó presidente de Abanca pedíndolle que no pechara a sucursal no municipio. 15 días despois non ten resposta.

Deportes. O Obradoiro comeza Liga ACB con derrota. Perdeu na pista do Unicaja.

No tempo da entrevista, falamos coa alcaldesa de Betanzos, maría Barral.

Pasou a súa primeira noite en prisión o presunto autor da morte da súa parella na Coruña a pasada semana. Non quixo declarar nn ante a xuiza nin ante a policía.
O caso vai pasaar agora a mans do xulgado de violencia de xénero.
E, en Pontevedra comezan a declarar esta mañá a vintena de acusados no xuízo polo alixo incautado no Titán Tres en 2018. Foran aprehendidos 1.700 quilos de cocaína.
No ámbito económico recollemos as protestas pola suba da luz e veremos o plan de Stellantis para esta semana, despois de quedar sen actividade o sábado e o domingo.
Deportes. O Celta xa prepara un novo partido de Liga, xa con urxencias ó sumar só un punto nas cnco primeiras xornadas.
O tempo. Estabilidade pero máis frío.
 

Protestas, este mediodía, en 20 localidades galegas en contra do prezo da luz e a impunidade coa que actúan as empresas hidroeléctricas. As concentracións foron organizadas polo sindicato CIG.

Prisión provisional comunicada e sen fianza por homicidio doloso, coas agravantes de alevosía e ensañamento.
É a decisión adoptada pola xuiza de garda da Coruña sobre o presunto asasino de Mónica Marcos. A xuiza considera o caso un asasinato.

Segue a boa evolución dos datos epidemiolóxicos da pandemia do coronavirus. Contunúan baixando os contaxios e as hospotalizacións.

Continúa este domingo a vacinación contra o coronavuirus sen cita previa.

Deportes: O Breogán vence e convence no primeiro partido da Liga ACB. O Lugo perde no campo do Cartaxena.
 

Continúan mellorando os indicadores epidemiolóxicos da pandemia.
Os últimos datos reflicten un novo descenso dos contaxios, dos casos activos e das hospitalizacións.
Desde hoxe, en Galicia non hai nungún concello en risco extremo. Só Monforte está en nivel medio de restricións.
O presunto autor da morte da súa parella, o mércores na Coruña, pasará a disposición xudicial nas próximas horas

O presidente de Colombia está hoxe en Galicia.

O Celta perde en Balaídos co Cádiz. En 5 partidos de Liga só logrou un punto.
Hoxe arranca a Liga ACB. O Breogán estrease esta tarde en lugo diante do Tenerife.

A partir desta medianoite non quedan xa en Galicia restricións ás reunións sociais, agás na hostalaría. Muda tamén o mapa de risco e só Monforte queda no nivel medio, o resto dos concellos pasa ao nivel máis baixo.


Que tal, boas tardes... estamos pendentes a esta hora do traslado á Coruña do presunto asasino de Mónica Marcos, que esta fin de semana pasará a disposición xudicial.