As novas da provincia de Ourense presentadas por Fátima Rodríguez e Santiago Ameixeiras.
A Xunta quere aproveitar o dispositivo de vacinación contra a gripe para poñer tamén a terceira dose da COVID ós maiores de 80 anos. A medida vaise abordar hoxe no consello interterritorial de saúde. O ministerio e as comunidades tamén deben decidir sobre a apliación de aforos en eventos deportivos.
A dirección de Vestas non aceptou atrasar a presentación do ERE que suporá o despedimento dos 115 traballadores e xa se iniciou o periodo de consultas.
E hoxe pendentes da Toxa onde, pola tarde, o Rei inaugura un foron La Toja, polémico ata polo seu nome.
Empeza a conta atrás para os 115 traballadores de Vestas en Viveiro. A multinacional eólica rexeita sentar coa Xunta e o comité arredor dunha mesa industrial para barallar alternativas ao peche da fábrica de Chavín e dá por comezada a negociación do ERE.
E a esta hora estamos pendentes da reunión do comité clínico, que hoxe estuda o novo protocolo para o lecer nocturno. De contar co seu aval e co do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, podería entrar en vigor esta mesma fin de semana.
- Queren comprobar a existencia dunha vila ou unha explotación mineira en Brandomil, que ten un abondoso legado antigo
- A tecnoloxía axuda a identificar muros e calzadas baixo as leiras e outros vestixios soterrados dende hai milenios
Os arqueólogos buscan cun xeorradar e un detector magnético restos romanos na parroquia de Brandomil, no concello coruñés de Zas.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Fátima Rodríguez e Santiago Ameixeiras.
Foi a polémica do verán, e aínda podemos ver as súas consecuencias nos encoros de Lugo e Ourense... O excesivo turbinado por parte de Naturgy e Iberdrola, que deixou baleiras as concas, non será investigdo polo parlamento galego.
Unha iniciativa do BNG, que apoiaban os socialistas, pèro que o PP rexeitaba hoxe no pleno. Logo de duras críticas á confederación hidrográfica e o goberno central, e de que coñeceramos que as eléctricas avisaron á Xunta antes dese baleirado O PP apela a que as competencias son nacionais. Din que a investigación debería darse no Congreso.
O concello de Santiago pedirá, á delegación do goberno, o apoio da unidade de antidisturbios da policía nacional para evitar que, o xoves, se repitan os incidentes da semana pasada.
A policía municipal tivo que intervir para dispersar a centos de estudantes concentrados as portas de locais nocturnos do Ensanche compostelán
O alcalde compostelán quere que a presencia policial sexa só disuasoria.
--- En Ferrol, os veciños do barrio de Ferrol Vello reclaman a reapertura do consultorio médico Manuel Comellas. Está pechado desde marzo de 2020.
--- O alcalde das Pontes, valentín González Formoso, presenta o xoves a súa candidatura a secretaría xeral do Psdg.psoe.
--- O concello da Coruña constrúe unha rotonda para eliminar o paso soterrán da avenida de Arteixo baixo a ronda de Nelle.
--- Deportes.
--- No tempo da entrevista, hoxe falamos do Museo Carlos Maside con Xosé Díaz, fillo de Isaac Diaz Pardo
As novas da provincia de Ourense presentadas por Fátima Rodríguez e Santiago Ameixeiras.
Acordo para o alivio das restriccions nos locais de lecer nocturno. Inclúe o uso do cerfificado de vacinación, pero para iso será necesario o respaldo do Tribunal Superior de Galicia que, no seu día rexeitou esta medida, logo validada polo supremo.
A evolución da pandemia permite ampliar horarios: hai un ano que Galicia non tiña tan poucos casos activos.
Nos tribunais o xuiz que instrúe a denuncia polo uso de cámaras ocultas nunha para gravar as partes intimas de mulleres e colga-las en páxinas porno rexeita os recursos e ratifica o sobreseemento provisional do caso.
E as primarias do PSdeG terán alomenos dous candidatos. Valentín González Formoso competirá con Gonzalo Caballero.
Deportes. O celta volve gañar en Balaídos.
O temo.. menos nubes e máis frío.
O certificado COVID será chave para o funcionamento de pubs e discotecas. O lecer nocturno terá, coma no resto da hostalaría, dous niveis de capacidade: no máximo os locais poderanse ocupar ata o 75% do espazo e pecharán ás 4 da madrugada. Para iso deberán esixir o documento. Se non, só poderán usar o 30% da cabida e cerrarán unha hora antes.
Xunta e sector acordaron hoxe o protocolo que mañá deberá ratificar o comité clínico. Un plan que ten que contar tamén co aval do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
O vicepresidente da Comisión Europea Margaritis Schinas dixo hoxe en Santiago que Galicia é unha das rexións con maior potencial para captar fondos europeos.
- O Festival de Cine Internacional de Ourense estreará as súas películas de animación
- Reescribe o guión de “Operación Dobre Dous”, que fixera con Sam Peckinpah, e que agora se vai converter en longametraxe
Recibe a Calpurnia de Honra no Festival de Cine Internacional de Ourense, que lle recoñece a súa longa traxectoria como cineasta e o éxito das súas tres adaptacións de novelas galegas.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Fátima Rodríguez e Santiago Ameixeiras.