As novas da provincia de Ourense presentadas por Fátima Rodríguez e Santiago Ameixeiras.
As prórrogas concedidas a Audasa para seguir cobrando peaxe na AP-9 son ilegais, segundo a Unión Europea. Agora o gobero español ten dous meses para alegar. Europa considera que unha prórroga dun contrato é como unha nova concesión e polo tanto debe facerse un concurso. A resolución é froito da denuncia de En Colectivo.
Accidente do Alvia... reabrese a comision de investigación de investigación.
E, máis problemas para Alu Ibérica O Administrador Xudicial das plantas na Coruña e Avilés solicita o preconcurso de acredores.
Deportes segundo triunfo do Breogan agora en Burgos. hoxe xoga o Obradoiro. O ensino terá que remontar un punto pra acceder a eurocap.
O tempo. Hai aviso amarelo por tormentas
A prórroga da concesión da autoestrada AP-9 foi ilegal. Así vén de ditaminalo a Comisión Europea, que lle abre un expediente a España porque se adxudicou sen convocar unha licitación pública.
Que tal boas tardes... Decontado debullamos esa comunicación da Unión Europea a España e recollemos as primeiras reaccións.
Hoxe falamos tamén de turismo porque este mes de agosto chegaron a Galicia máis viaxeiros ca ningún outro dende que hai rexistros. Ademais, en outubro a Xunta estima que poderían completar o Camiño máis de 140.000 peregrinos, o que se agardaba para todo o ano.
- Ata o domingo en Tui, nunha edición que combina as retrospectivas de grandes cineastas coa produción máis próxima
- Unha programación arriscada que inclúe 22 curtas e longametraxes a concurso, estreas, obradoiros e concertos
Play-Doc 2021: Unha edición que recupera as retrospectivas de grandes cineastas internacionais combinadas coa produción máis próxima e recente. Unha programación arriscada que inclúe 22 curtas e longametraxes a concurso, estreas, obradoiros e concertos.
Gonzalo Caballero presentarase á reelección como secretario xeral do PSdeG.
Anunciouno formalmente esta mañá, proclamando a súa vontade de cohesiona-lo partido e apelando á integración. Non quixo aclarar, de momento, se ese chamamento á unidade implica que sería preferible frear posibles candidaturas alternativas.
Os Colexios de Enfermaría únense para reivindicar a figura da enfemeira escolar.
O sector dos salóns de peiteado volve a demandar a rebaixa do IVE que lles subiron na anterior crise económica.
Concentración esta mañá en Santiago de traballadores do Banco Sabadell
Rexeitan o Expediente de Regulación de Emprego, que en Galicia afectaría a 90 dos 400 empregados.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Fátima Rodríguez e Santiago Ameixeiras.
Navantia Ferrol comezará, en marzo de 2022, a construcción das fragatas F-110 para a armada española.
Confirmouno o presidente do estaleiro público Domínguez, durante a inauguración, este martes, do novo Centro de Excelencia do Sector Naval, o CESENA.
Este centro encargarase da dixitalización de tódolos estaleiros de España. Dependente da empresa Siemens, xa emprega a 50 enxeñeiros.
Arranca en Santiago a inoculación da terceira dose da vacina contra o coronavirus nas residencias de maiores.
O TRAMO Melide-Palas de Rei autovía A-54, que unirá Santiago con Lugo, está executado ó 50 por cento.
O concello de Santiago destina este ano 650 mil euros á bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares.
Deportes. Celso Borges abandona o Deportivo e regresa a Costa Rica. Acadou un acordo co club que preside Antonio Couceiro.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Fátima Rodríguez e Santiago Ameixeiras.
A mellora da pandemia permite aumentar aforos nos espectáculos musicais e eventos culturais. Hoxe ultímanse o protocolo que se vai aplicar ós locais de lecer nocturno, coa protesta das salas de concertos por quedar fora da negociación.
Respecto ó mapa de concellos: mellora Monforte pero polos gromos nos centros escolares, empeora a situación de Foz e o Barco.
hoxe estamos pendentes do Congreso onde esta vez sí podería aprobarse a constitucion dunha comisión de investigación sobre o accidente do Alvia.
E volve a conflictividade a Alcoa: os traballadores acordaron retomar a folga e o bloqueo da fábrica de aluminio.
O tempo: menos nubes pola mañá e temperaturas mínimas algo máis altas.
Intensifícanse as mobilizacións na Mariña contra o declive industrial da comarca. Hoxe os traballadores de Vestas, en Viveiro, comezaron as concentracións ás portas da fábrica para evitar o peche anunciado antes de que remate o ano. E os empregados de Alcoa volverán o luns á folga.
O comité clínico relaxa as medidas nos enventos culturais, mentres o goberno galego e o sector do lecer nocturno negocian un novo protocolo que podería entrar en vigor en canto comece outubro.
Entra en vigor a especial protección do lobo ibérico, que prohibe a súa caza en toda España
- A Xunta recorrerá a supresión das batidas, á que tamén se opoñen as demais comunidades do norte
- O 95 por cento dos lobos de España viven en Galicia, Asturias, Cantabria e Castela e León