Entra en vigor a especial protección do lobo, que prohibe a súa caza en toda España. Polémica entre gandeiros, ecoloxistas e administracións.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Fátima Rodríguez e Santiago Ameixeiras.
Os traballadores de Alcoa retoma a folga. Será a partir do luns e como na primavera teñen intención de bloquear a fábrica. Consideran que xa non pode haber máis marxe ante o incumprimento de tódo-los prazos pra venda da fabrica e evitar o peche anunciado pola multinacional norteamerica.
Alcoa e Vesta, tamén abocada ó peche.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Fátima Rodríguez e Santiago Ameixeiras.
Navantia Ferrol comezará, en marzo de 2022, a construcción das fragatas F-110 para a armada española.
Confirmouno o presidente do estaleiro público Domínguez, durante a inauguración, este martes, do novo Centro de Excelencia do Sector Naval, o CESENA.
Este centro encargarase da dixitalización de tódolos estaleiros de España. Dependente da empresa Siemens, xa emprega a 50 enxeñeiros.
Arranca en Santiago a inoculación da terceira dose da vacina contra o coronavirus nas residencias de maiores.
O Tramo Melide-Palas de Rei autovía A-54, que unirá Santiago con Lugo, está executado ó 50 por cento.
O concello de Santiago destina este ano 650 mil euros á bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares.
Deportes. Celso Borges abandona o Deportivo e regresa a Costa Rica. Acadou un acordo co club que preside Antonio Couceiro.
Os gandeiros galegos están preocupados pola entrada hoxe en vigor da orde que da maior protección o lobo. Consideran que quedan máis desprotexidos e sen axudas. O Goberno asgura que xa se prevén recursos económicos para facer fronte á nova situación.
Este mércores coñeceremos os acordos adoptados polo comité clínico na mesma xornada na que empezou o proceso de vacinación nas residencias da terceira idade. Sanidade estuda agora pechar os grandes centros nos que se realizou ata agora o proceso de inmunizacion.
E hoxe saberemos se os gtraballadores de alcoa retoman a folga ó non concretarse a venda da fábrica de aluminio.
Deportes. Primeira victoria do Celta. Gañou 0-2 ó Levante.
O tempo. Hoxe entra o outono e faino co anticiclón sobre Galicia. Subiron algo as temperaturas mínimas.
Os gandeiros galegos vense abandonados tra-la publicación hoxe no BOE da nova orde de protección do lobo. Temen non ser indemnizados se sofren algún ataque a partir dagora e non cumpren os requisitos de prevención que establece a lei.
Dende o movemento ecoloxista sinalan que aínda hai excepcións que permiten a caza do lobo.
E hoxe constituíuse no Congreso dos Deputados a ponencia que estudará a transferencia da AP-9 a Galicia. Un primeiro trámite tra-lo que, semella, se vai romper a unanimidade política coa que o asunto saíu do Parlamento galego.
- A primeira en recibila foi Nieves Cabo, a mesma que xa fora pioneira na primeira e na segunda dose
- A Consellería de Sanidade agarda que o proceso poida rematar en dúas semanas
Nieves Cabo foi, de novo, a primeira en recibila . Na Consellería de Sanidade agardan que os 30.000 usuarios de residencias teñan a terceira dose en dúas semanas.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Fátima Rodríguez e Santiago Ameixeiras.
Desde mañá xa non se poden cazar lobos. Hoxe o Boe publica a orde correspondente. A Xunta e as outras comunidades cántabras anuncia un recurso ante o Supremo e piden que ata que non se sustancie se suspenda a súa aplicación. Consideran que o lobo non é unha especie en perigo e que os grandes prexudicados son os gandeiros, porque coa nova norma, decae o plan de xestión da Xunta e as axudas por danos xa dependerán do ministerio.
No lado o posto están os colectivos ambientalistas que acolleron con satisfacción este aumento da protección do lobo.
Comezou a aplicarse a terceira dose da vacina contra a COVID nas residencias.
A Xunta chamará agora un por un a aqueles galegos que aínda non recibiron ningunha dose, segundo anunciou a directora xeral de saúde pública, Carme Durán.
No Congreso dos Deputados, hoxe constitúese a ponencia que detallará as condicios nas que debe facerse o traspaso da AP-9 a Galicia.
Pero esa unidade xa non existe. O BNG dirixe as súas críticas ó PSOE que agora fala de ceder a xestión e non a titularidade da Autopista do Atlántico.
- presidente de Navantia anuncia que en marzo pode empezar a construcción das fragatas F-110.
Declaracions de Ricardo Dominguez durante a inauguración do Centro Excelencia Sector Naval de Siemens, que axudará á dixitalización dos estaleiros.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Fátima Rodríguez e Santiago Ameixeiras.
As dez arranca a inoculación da terceira dose da vacina contra o coranavirus nas residencias de maiores.
O centro elixido é a residencia Porta do Camiño de Santiago. O mesmo no que se iniciou a vacinación, o domingo 27 de decembro.
O mércores, a vacinación estenderase o resto de residencias de Galicia.
O Concello da Coruña incorpora 8 novos vehículos cero emisións cadrando coa semana da mobilidade. Xa tiña outros 8 no parque móbil.
A Cámara Mineira de Galicia defende o proxecto da empresa que promove a reactivación da mina de Touro
Visto para sentenza o primeiro xuízo polo despedimento de 24 traballadores do grupo Cándido Hermida de Ferrol.
Dous pasaxeiros dun cruceiro dan positivo en coronavirus e están confinados na Coruña. Os seus contactos permanecen en Corentena.