Galicia ten o 93,5% da súa poboación diana vacinada cunha dose e o 92,5% coa pauta completa. Datos que nos sitúan á cabeza de España, coma a autonomía coa mellor inmunización, pero que non son suficientes para o Sergas. O conselleiro de sanidade, Julio García Comesaña, di que aspira a ter o total da poboación diana vacinada o 30 de setembro
Desde as dúas os traballadores de Alcoa volven bloquear o complexo da Mariña. Impedirán que saia aluminio da pranta como medida de protesta ante a ruptura das negociacións para vendela fábrica.
A Xunta apoia a adscripción de ENCE ó porto de Marín. Trátase dunha solución xurídica, apoiada polo comité de empresa, para que a fábrica se manteña no seu actual emprazamento de Lourizán.
O presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, intervén agora na Convención nacional do PP. Un evento político que inauguraron Pablo Casado e Mariano Rajoy que cadraron en censura-las políticas do goberno central que repercuten no tecido económico galego.
Acordo político para reclamar que o galego estea en igualdade de condicions con outras linguas no ámbito audiovisual. A Mesa pola normalización lingüística lembra que só están dispoñibles en Galicia, nas distintas plataformas, os contidos de producción propia.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Fátima Rodríguez e Santiago Ameixeiras.
Segue a mellora dos indicadores epidemiolóxicos da pandemia sanitaria.
Nas últimas 24 horas, detectaronse só 6 novos contaxios de covid nas tres áreas sanitarias da provincia.
Ferrol, ademáis, leva dous días seguidos sen ningún enfermo de covid hospitalizado: nin en en planta nin na UCI.
Continúa tamén o descenso dos casos activos, das persoas que padecen a enfermidade,
A dirección do PSOE rexeita a denuncia presentada polo partido en Galicia contra o incremento de militantes no concello de As Pontes. Di que non hai fraude.
Os museos científicos coruñeses abren hoxe as reservas para a realización de visitas escolares.
A mocidade de Santiago non ve con bos ollos que se cobre para entrar nalgúns pubs da cidade.
Volve o bloqueo de Alcoa. Os traballadores retoma a folga e desde hoxe pretenden impedir a saída da producción da fábrica de aluminio ante o bloque das negociacións para a venda da fáctoría. Moi cerca, os empregados de Vestas vanlle pedir hoxe ó conselleiro de Industria que non aprobe o ERE que lle vai presentar a dirección.
Un luns no que o PP comeza en Galicia as microconvencións que rematarán a próxima fin de semana en Valencia
.Deportes. O Celta busca esta noite ante o Gradada o segundo triunfo que o alonxaría dos postos baixos da clasificación. O lugo no pasou do empate contra o Zaragoza. En baloncesto derrota do Obradoiro en Madrid.
O tempo. Empeza este último luns de setembro con ceos cubertos e orballo pero conforme avance o día vaise ir instalando de novo o anticiclón.
Os traballadores de Alcoa retoman mañá a folga para protestar contra a paralización da venda da fábrica de San Cibrao. Responsabilizan a dirección da multinacional e o Goberno do fracaso das negociacións.
No tempo da entrevista falamos co presidente do Consello Galego de Colexios Médicos, Isidro Lago. Preguntámoslle pola situación da Atención Primaria, a calidade asistencial, a evolución da pandemia e outros moitos temas
Centos de persoas participaron hoxe en Viveiro na concentración de apoio aos 115 traballadores de Vestas ante o previsible peche da fábrica de Chavín antes de que remate o ano. Á mobilización acudiron tamén os traballadores de Alcoa, que o luns retoman a folga.
Coa fin de semana chega tamén o alivio dalgunhas restricións coa ampliación xeralizada das cabidas e a volta das salas interactivas aos museos.
Entrevista coa Cantante e Violonchelista monfortina Rosa Cedrón. Realizada por Andrea Oca.
Esta semana se ha pasado por El rincón de Parlamento Elena Muñoz, senadora del Partido Popular. La política gallega nos cuenta que de pequeña "quería ser profesora" porque "quería saber tanto como mis profesores" y nos responde a la pregunta de si se iría a cenar con Pablo Casado o con Isabel Díaz Ayuso.
O avogado do maquinista do Alvia accidentado en Angrois en 2013 insiste na súa inocencia e en que non había ningunha medida de prevención, nin protección, nin de seguridade na curva Grandeira, onde faleceron 80 persoas e houbo máis dun cento de feridos.
Que tal boas tardes... son parte dos argumentos do escrito final de defensa que o letrado vén de presentar. Nos primeiros meses do ano que vén comezará o xuízo en Santiago.
De contado coñecemos máis polo miúdo o contido deste escrito... Nunha tarde que virou gris... de alerta amarela nas provincias de Pontevedra e A Coruña. Meteogalicia avisa de choivas que poden ser localmente fortes e que se senten xa nalgúns puntos, acompañadas de treboadas.
As ideas que naceron na pandemia, na Pont-Up Store
- A crise da covid obrigou a pechar moitos negocios, pero tamén espertou a audacia dos emprendedores
- Moitas das súas innovacións, con ADN galego, podemos coñecelas nunha feira aberta en Pontevedra
A crise da covid obrigou a pechar moitos negocios, pero tamén espertou a audacia dos emprendedores. Moitas das súas innovacións, con ADN galego, podemos coñecelas nunha feira aberta en Pontevedra.
A asociación de consumidores En Colectivo, autora da denuncia pola que a Comisión europea abríu o procedemento de infracción contra España polas prórrogas de concesión da AP9, considera que o Estado non vai ter argumentos na súa defensa polo que a Ap9 podería pasar a ser de balde a partir do ano 2023.
A asociación fai un chamamento a tódolos usuarios da autoestrada porque, de prosperar o procedemento contra España, se poderían reclamar as peaxes cobradas indebidamente desde o ano 2013.
Noite de aglomeracións ás portas dos pubs e discotecas con cargas policias en Santiago.
Os universitarios mostran a súa indignación, varios resultaron feridos debido ás cargas; os veciños, fartos do ruido indican que isto non ocorria cando os locais tiñan aforo completo.
A convención nacional do PP que culminará en valencia dentro dunha semana arrancará este próximo luns en Santiago.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Fátima Rodríguez e Santiago Ameixeiras.