As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Agora a Xunta retrasa ata final de mes a fase de control desta sexta onda da pandemia. E é que despois de dous días de descenso os contaxios volveron subir aínda que sen chegar a niveis da semana pasada.
A crise sanitaria únese ou ten como consecuencia unha crise económica que ten un impacto moi desigual na poboación e tamén nas empresas. Moitas familias non conseguen chegar a final de mes e as empresas avisan... terán que subir máis os productos a cesta da compra para ser rendables ou senón terán que pechar.
Deportes. Boa xornada en fútbol e e a medaias en baloncesto. Gañaron o Celta e o Lugo. O equipo lucense ó lider da categoría. E, en baloncesto tamén triunfo do Breogán que derrotou por seis puntos ó Baskonia e está máis preto de xogar a Copa, e derrota do Obradoiro por 20 puntos en Manresa.
O tempo. con vento do nordés o día vaia estar máis frío. Ademais van aparecer nubes polo norte. Serán máis abundantes na mariña de Lugo. Vexamos como empeza a xornada nas principais cidades.
Repunte dos contaxios nas residencias de maiores... Superan xa os 500, a xunta defende que a maioría teñen ´sintomas leves...
é unha das últimas novas dun día no que a asociación PROVIVENDA reclama medidas pra limitar os prezos dos alquileres nas principais cidades galegas...
Deseguida contamos máis, estaremos tamén en Balaidos co descanso do partido do Celta Osasuna.
- Os senegaleses que axudaron a Samuel Luiz a noite en que o mataron, regularizaron a súa situación
- Seis meses despois do crime da Coruña contan como aquel acto mudou as súas vidas
Ibrahima e Magatte viron recompensada a súa valentía, axudando ao mozo coruñés na noite en que o mataron, porque regularizaron a súa situación e ofrecéronlles traballo.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
O sergas agardaba que nestes días alcanzásemos o cumio da sexta vaga, pero os datos non terminan de acompañar. Hoxe volven repunta-los novos casos detectados e os doentes totais de coronavirus... Tamén volven aumenta-los ingresados... ainda que baixa a incidencia a 7 días
A XUnta confía na vacinación, especialmente entre os grupos de idade con maior nivel de contaxios, e avanza pra vindeira semana a terceira dose do grupo de 20-29 anos. Os de 30 a 39 xa están acudindo ós centros de vacinación.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Sanidade pretende frear o impacto do coronavirus entre os máis novos e xa comezou a citar ós maiores da 20 anos para poñerlles terceira vacina. Neste grupo a incidencia do virus case duplica a do resto da poboación.
O SERGAS agarda que xa esteamos no pico desta sexta onda... levamos dous días con menos contaxios.
A presión hospitalaria mantense estable, pero na Coruña, área con máis ingresados, xa se fixo unha reprogramación das actuacións médicas.
E, hoxe lembramos unha suposta fraude na patronal galega ocorrida na dédcada dos noventa. Despois de varias suspensións está fixado para este mércores a vista.
O tempo. Hoxe aínda con algo máis de frío e a partir de mañá aínda baixarán algo máis as temmperaturas. Precaución coa neboas e as xeadas nestas primeiras horas da mañá.