Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba
  • Os alumnos de cociña do centro Carlos Oroza de Pontevedra rescatan e actualizan as receitas máis tradicionais
  • Os menús pódense degustar no comedor do centro, ao que acoden as propias avoas para dar a súa opinión

Os alumnos de cociña do centro Carlos Oroza de Pontevedra rescatan e actualizan as receitas máis tradicionais. Os menús pódense degustar no comedor do centro, ao que acoden as propias avoas para dar a súa opinión.

Hoxe hai 6 mil galegos menos con coronavirus que hai unha semana. a tendencia á baixa continíua, ainda que nos hospitais medra a presión. E segue a sobrecarga na atención primaria, que o Sergas tratará de paliar coa incorporación, en febreiro, de 150 técnicos sanitarios pra tramitar baixas ou receitas. Así o adiantou o conselleiro no parlamento, no que fixo un repaso á situación....

ALGO?

Unha análise previa á reunión desta tarde do comité clínicop, que deberá decidir se mantén ou relaxa as restricións na hostalaría...E cal é o plan de celebración dos eventos do entroido.

O sector hostaleiro e o de lecer nocturno é o que está máis pendente da reunión que vai manter hoxe o comtié clínico. A finais de mes decaen as restriccións actuais e os empresarios agardan se relaxen. Veremos se os datos que cada día publica o o SERGAs confirman hoxe descenso de casos activos e novos contaxios.
Antes da reunión do comité clínico, prevista pra tarde, escoitaremos ó conselleiro de sanidade. Julio García comesaña comparece no Parlamento para informar da evolución desta sexa onda e o impacto na atención primaria.
O pleno, que abre o periodo de sesión, comeza ás dez.
Pero, ademais da pandemia, o outro asunto motivo de conversa estes días é o tempo. Con valores, que aínda que non son raros nestas datas, non deixa de chamar a atención.
Boa parte de Galicia está agora branca pola xeada.
 

O sector pesqueiro e ecoloxistas están preocupados pola instalacións na costa Ártabra, de 80 aeroxeradores. Alertan do perigo para a actividade de ducias de barcos do arrastre...

Que tal MOI BOAS TARDES, esta són as novas nunha tarde na que caen por segundo día consecutivo o número de enfermos en Galicia. A comunidade semella pasalo cumio da sexta vaga. Segundo os últimos datos recollidos esta mañá con pouco máis de 71 mil casos activos, un milleiro menos que hai unha semana.

Os detalles que se van coñecendo sobre un proxecto pra instalar 80 muiños eólicos na costa ártabra xeran preocupación na zona. Dende o sector pesqueiro alertan de que afectaría a importantes caladoiros de xurelo, pescada ou xarda, e pon en perigo a actividade de ducias de barcos do arrastre. Tamén preocupa ós colectivos conservacionistas... esa zona é un importante corredor migratorio pra aves en perigo, coma as pardelas, e tamén zona habitual de paso de mamíferos en risco coma as marsopas... Ata a liña de evacuación afectaría, segundo o rexedor de Arteixo, a unha zona catalogada por Rede Natura

Galicia comeza a semana cos casos covid á baixa e, segundo os expertos, nos vindeiros días continuará a tendencia e confirmarase que estamos a atravesar o pico desta sexta vaga.

Todo nunha xornada marcada no calendario pra ría do Burgo, comezan os traballos de dragaxe pra paliar os efectos da contaminación e dos sedimentos depositados no fondos das augas... Os mariscadores xa reclaman axudas ó ver perxudicada a súa labor...


No tempo comezamos o día con xeadas ainda que pra hoxe agárdase aumento das temperaturas.