Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Os colectivos ecoloxistas estudan o impacto que pode ter a última sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que anula a repotenciación dun parque eólico na Costa da Morte. Cren que pode significar a suspensión de todos aqueles que sigan o mesmo modelo de tramitación.

O campo galego maniféstase hoxe en Madrid para reclamar prezos xustos polos seus produtos.

Medra a presión hospitalaria. Hai 41 persoas máis con coronavirus ingresadas en Galicia. Pola contra, caen os novos contaxios detectados e o número total de casos activos, que rolda os 75.600. Datos desta fin de semana que parecen confirmar que transitamos polo pico da sexta onda. Así o cren expertos coma o epidemiólogo Francisco Caamaño, con quen falamos hoxe no tempo da entrevista

Por primeira vez en nove días baixa o número de persoas con COVID. Hai pouco máis de 78.000 diagnosticadas. Baixan tamén as hospitalizacións e aínda que o número de novos contaxios é algo maior ó do último reconto, segue estando por baixo dos rexistrados hai unha semana.

Albíscase o pico de contaxios desta sexta onda ao tempo que avanzan tamén as investigacións sobre a COVID. O Hospital da Coruña participa nun estudo internacional para valorar se un fármaco podería evitar os contaxios nas persoas non vacinadas.

No tempo da entrevista falamos hoxe co líder de Siniestro Total. Cúmprense 40 anos da publicación do primeiro disco da banda. Hemos repasar a traxectoria do grupo cun dos seus fundadores, Julián Hernández

A alta velocidade será unha realidade en toda Galicia no verán.. é o compromiso do goberno trala visita da ministra de transportes á nosa comunidade...


Visita na que Nuñez Feijoo expresou o seu desacordo con establecer un sistema de cobro por kilómetro percorrido nas autovías.... Todo nun día de fola no sector das conservas, os sindicatos falan de seguimento masivo.


Escoitamos tamén ás afectadas polas gravacións da Maruxaina mentres ouriñaban na rúa, esta mañá declararon en sede xudicial trala reapertura do caso

Prepárase no Arsenal de Ferrol para sair con 200 militares a bordo e participar xunto a outras unidades da OTAN na zona onde aumenta a tensión entre Rusia e Ucraína.

Día de folga no sector da conserva de peixe, que emprega a milleiros de galegos... Levan máis dun ano negociando o novo convenio estatal, pero non hai avances en materias importantes coma a salarial. Os sindicatos insisten en eliminar a discriminación que sofren as mulleres, porque as categorías nas que son contratadas teñen nóminas moito menores que as dos homes. A patronal nega a fenda salarial, e asegura que non pode ceder máis nos salarios sen compromete-lo futuro das empresas...

- Descenden os contaxios aínda que continúa por riba dos seis mil.

Tamén baixan as hospitalizacións: hai 32 pacientes menos ingresados en planta, pero 4 máis en coidados intensivos.

- Sanidade anuncia que o martes tra-lo comité clínico se publicará o protocolo que se aplicará no antroido.

O conselleiro só avanzou en Ourense a reducción de comensales de 15 a 10 persoas.

- O ano pasado realizáronse case 300 transplantes en Galicia.

Unha actividade qude permitiu rebaixar a lista de espera para recibir un órgano. En 2021 cumpríronse corenta anos do primeiro transplante de ril en Galicia

- Reactívase a investigación xudicial pola gravacións de mulleres ouriñando na rúa nas festas da Maruxaina.

O xulgado de Viveiro comezou a tomar declaración, a instancias da Audiencia provincial, a parte das denunciantes.

La industria española de conservas de pescado afronta una huelga. Es el primer paro del sector en décadas y afecta a 30.000 trabajadores y a 700 empresas en todo el país que protestan por la falta de acuerdo a la hora de negociar el convenio estatal que les regula. Quieren subida de salarios, ligados a la inflación, y másestabilidad laboral.

En Las Mañanas de RNE, Javier Carreiro, secretario general de la Federación de Industria, Construcción y Agro de UGT, acalara que la primera diferencia es la brecha salarial y denuncia que la oferta de la patronalno garantiza el poder adquisitivo de todos los trabajadores.

Carreiro ha explicado que hay muchos trabajadores que son fijo discontinuo porque depende la temporada de pescado, y asegura que si la reforma laboral que se está tramitando en el Congreso pasara el trámite, les ayudaría.

Una jornada de huelga que continuará el 3 y 4 de febrero en las fábricas de todo el país.

A Xunta xa pensa en reduci-las restriccións que afectan á hostalaría desde antes de fin de ano. As medidas están en viggor ata finais de mes, pero en función da como evolucionen os contaxios estes días, o comité clínico podería decidir a semana que vén relaxa-las.
Aínda que as hospitalizacións se manteñen estables... este xoves incluso baixaron.. a situación segue sendo de máxima tensión. Varios millerios de persoas sairon a pasada tarde á rúa na Coruña para demandar máis persoal e recursos.
O hoxe pendentes do ssector da conserva. Os traballadores están convocados hoxe a unha folga para presionar na negociación do convenio colectivo. E tambén protagonismo para Alcoa, culminouse o apagado das cubas, agora a mirada está posta en 2024 data prevista para o reinicio da actividade.
O tempo: Para hoxe anunciase máis frío pola circulación de ventos do nordés.

Os sanitarios din basta... percorren desde as sete as rúas da coruña pra reclamar un reforzo de persoal en todas as áreas sanitarias.... denuncian a delicada situacion do CHUAC coruñés...


 é unha das principais novas dun día no que a produción de aluminio en alcoa parouse na súa totalidade co peche das últimas cubas...


Contamos tamén o paro da industria conserveira, queren máis salairos e igualdade laboral... esta noite comeza a súa folga

Galicia prevé recibir este ano catro millóns de visitantes. A prolongación do Xacobeo e a chegada o AVE preséntase coma atractivos diferenciais

O cansanzo dos sanitarios e usuarios volve hoxe a facerse notar nas rúas. Co máximo de contaxiados simultáneos de toda a pandemia, ainda que nos hospitais a presión é menor que noutras ondas, tamén hai máis baixas, e iso repercute no trabalo diario. Sen persoal non hai sanidade, é a mensaxe que se repetirá esta tarde nas rúas da Coruña da man do persoal do Hospital... e á que se unían esta mañá os pensionistas en Vigo, que denuncian eivas no seguemento dos doentes crónicos e as urxencias doutras patoloxías.

- Os sindicados vinculan unha agresión ós sanitarios nun PAC de Sanxenxo á presión na Atención Primaria.

Consideran que está a provocar situacións de tensión a diario, pero aclaran que, en ningún caso, xustifica unha agresión física.

- A administración de xustiza está a sofrir de xeito moi acusado a sexta onda da pandemia.

Hai xulgados que se viron obrigados suspender unha de cada tres vistas por incomparecencias debido ás baixas médicas.

- "Espazos de preservación familiar", así se chama o plan da Xunta pra previr casos de desprotección da infancia.

Trátase dun proxecto piloto, que se vai desenvolver no Salnés e o Barbanza, para garantir que os menores reciben atención adecuada nos seus fogares.

- A Xunta volverá modifica-las frecuencias e percorridos dos autobuses entre Ferrol e a Coruña.

Os alcaldes dos concellos afectados e a plataforma de usuarios do transporte consideran os cambios insuficientes. Crén que só buscan boicotear a protesta desta tarde.