Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Mañá a noite decaaen boa parte das medidas restrictivas aprodas pola Xunta antes de fin de ano para controlar esta sexta vaga da pandemia. Pero, aínda que xa non hai veto ás reunións nocturnas, e se amplían os horarios na hostalaría e lecer nocturno, o sector non entende qe ainda se manteñan limitacións.
A petición da Xunta de reducir as corentenas a cinco días non foi debatida no consello interterritorial de saúde.
E, xa saaberán, as Tanxugueiras estarán na final do festival do que sairá a representación española en eurovisión.
Deportes. triunfo do Deportivo en Zamora, con varios siareiros feridos un deles de gravidade cando no último minuto celebraban o gol do triunfo coruñes e o valado de protección non aguantou o peso dos que se amoreron na parte baixa da grada. Celt "B" e Racing, perderon.
O tempo... vai continuar se cambio, hoxe pode haber algún grao máis ó medodía, pero seguen as xeadas nocturnas

Dende as sete desta tarde, os veciños e profesionáis da Mancomunidade do Baixo Miño mabilízanse en Tomiño en defensa pola atención primaria. Ao igual que noutros moitos concellos denuncian a falta de facultativos e de recursos que está a precarizar o servizo...

Todo isto nunha xornada na que o Comité Clínico anunciou as novas restriccións que estrarán en vigor a partir da madrugada do sábado. Entre as novidades está a fin do chamado toque de non queda e a volta do consumo en barra. Os bares e restaurantes poderán abrir ata a unha pola semana e a unha e media nas fins de semana. O mesmo no lecer nocturno, que poderá abrir ata as 5 nas fins de semana.

A maioría das restricións, como a de consumo en barra ou o toque de queda, deixarán de ter efecto próximo venres. Amplíanse os horarios para a hostalaría anque se mantén a obriga de presentar o certificado covid. A Xunta propón a partir de agora reducir de sete a cinco días o illamento dos infectados. // O proxecto de construcción dun parque eólico a 30 quilómetros da costa de Ferrol, que sería o maior de España, levanta a protesta de tódalas confrarías do Cantábrico. Considérano incompatible coa actividade pesqueira nun dos caladoiros máis valiosos para a frota. // Un vecino de Porriño de 39 años, afincado en México, morre nese país a consecuencia dos disparos de dous atracadores que pretendían roubarlle o coche // Hoxe coñecemos un adianto do novo sinxelo de Tanxugueiras: Averno, que é tamén a sua primeira colaboración co rapeiro madrileño Rayden, un dos rivais que compiten con elas no Benidorm Fest. 26-01-2022

A primeira hora da mañá, os termómetros marcaban a mínima de sete graos baixo cero en Xinzo de Limia, e tres baixo cero na capital. Os ceos seguen despexados en xeral, cun aumento da temperatura nas horas centrais. 26-01-2022

O consumo en barra volve estar permitido, amplíase o horario da hostalaría e desaparece o chamado toque de non queda. A Xunta pon fin ás restricións implantadas para frear os contaxios durante a explosión da variante Ómicron.// // Seguen a baixar os casos activos, e os pacientes hospitalizados, aínda que repuntan lixeiramente os novos contaxios. O Sergas notifica o falecemento de catro persoas // As confrarías do Cantábrico mobilízanse contra o proxecto de construcción do parque eólico Nordés, a 30 quilómetros da costa de Ferrol, que sería o maior de España. Considérano incompatible coa actividade pesqueira nun dos caladoiros máis valiosos para a frota. // Máxima espectación en Benidorm, ante a primeira gala de selección do tema que representará a España en Eurovisión, e na que figuran as galegas Tanxugueiras. 26-01-2022

A Xunta da por superado o cumio da sexta vaga, e retira as restricións que se impuxeron pra controla-la expansión do virus durante as datas de nadal... A hostalaría recupera en boa aprte a normalidade, ainda que continúa a esixencia de pasaporte covid pra entrar nalguns establecementos...

Pero seguimos en cifras moi elevadas de contaxiados, e moita persión na atencón primaria. O presidente da Xunta anncia que contratarán un cento de especialistas de atención primaria, nun novo intento por reforza-los centros de saúde... Os usuarios e sanitarios insisten en demandar reforzos, con novas mobilizacións...

A hostalaría agarda recuperar a normalidade (horarios e consumo en barra) despois dun mes con restriccións. Hoxe sairemos de dúbidas, pero o presidente da Xunta xa apuntou nesa dirección. O comité clínico analizou onte a evolución da pandemia e tamén estudou un protocolo de actación para o antroido aínda que os concellos afectados xa se adiantaron coas súas propias normas.
E boas noticias en Stellantis...a crise dos microprocesadores semella que queda atrás e anuncia que recupera a quenda de fin de semana.
E hoxe estamos pendentes de Benidorm... Tanxugueiras compite hoxe na primeir das semifinais no camiño a eurovisiión.
O tempo... se chuvias á vista... Non hai cambios. Seguen os ceos limpos, con neboas nalgunhas zonas, e xeadas en boa parte de Galicia

Os casos activos volveron baixar en Galcia... Cunha caída de máis de 4 mil, as infeccións redúcense por terceira vez consecutiva na nosa comunidade... Boas noticias que chegan nunha tarde na que as miradas están postas nas decisións que tome o Comité Clínico paras vindeiras xornadas e que poden determinar as festas do entroido.


MOI BOAS TARDES, todo cando o Conselleiro de Sanidade anuncia novas incorporacións na atención primaria. 150 técnicos que axudarán a reducir a carga de Traballo.