Estes días está en carteleira no Salón Teatro de Compostela 'A contenda do río Miño', unha produción do Centro Dramático Galego, que xa deu a coñecer a súa programación pra este 2023. Co director do CDG, Fran Nuñez conversa ANDREA OCA
A sanidade é hoxe a protagonista da xornada. Este mediodía os profesionais sanitarios volveron saír á rúa en Compostela pra demandar máis persoal en atención primaria e unha mellor xestión por parte da Xunta.
Tamén sábado marcado por un ambiente preelectoral. A catro meses pras municipais, Os principais partidos están xa centrados na presentación dos seus candidatos.
No tempo da entrevista, falaremos co director do Centro Dramático Galego, pra coñecer a súa programación pra este 2023.
As oito da tarde os veciños de Pontevedra están convocados a unha nova concentración pra demandar máis mádicos en atención primaria na área sanitaria. Desta banda é a Federación de Asociacións de Veciños "Castelao" a quen chama a manifestarse.
En Santiago rematou o cumio a favor do corredor ferroviario do Noroeste. Os presidentes autonómicos de Galicia, Asturias e Castela e León firmaron unha declaración institucional pra pedir ó goberno impulsar esta infraestrutura por riba de cores políticas.
- En unos 600 municipios -el 7% del total- gobierna un alcalde de otro partido por pactos postelectorales o mociones de censura
- Con la propuesta de Feijóo, el PP no podría gobernar en Madrid y Zaragoza; ni Ada Colau, en Barcelona; ni el PSOE, en A Coruña
- Elecciones municipales y autonómicas 28M: sigue en directo la jornada electoral
- Elecciones municipales y autonómicas 28M: consulta en directo los resultados electorales
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Declaración institucional para reclamar avances na construción do corredor atlántico noroeste. Galicia, Asturias e Castela e León fan fronte común en defensa da infraestrutura ferroviaria para o transporte de mercadorías e recordan que é o momento axeitado xa que se pode contar con fondos europeos.
Presentes os tres presidentes autonómicos no cumio que se celebra en Compostela, tamén se reivindicaron melloras nas liñas internas ferroviarias e moi destacado o papel dos portos: desde a autoridade portuaria coruñesa lembran que o 50 por cento das mercadorías teñen saída ou chegada por mar pero móvense por tren menos do 4 por cento.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Tras tres horas de reunión do conselleiro de Sanidade cos alcaldes da área de Pontevedra non cambio nada na percepción que uns e outros teñen da situación da atención primaria. O representantes do PSOE e do BNG sairon decepcionados... os do PP recoñecen carencias pero tamén o labor da consellaría.
E este venres cita en Santiago en defenda do corredor ferroviario atántico: os presidentes de Galicia, Asturias e Castela e León teñen previsto asinar unha declaracion conxunta.
O tempo. xornada de transición cara á recuperación da influencia anticiclónica. Aínda se vai producir algún chuvasco no terzo norte. Ademais a conta de neve continúa nos 800. As que non varían son as temperaturas.
O paro reduciuse en 3.700 persoas o ano pasado en Galicia. Unha caída de algo menos de tres puntos, segundo os datos da Enquisa de Poboación Activa publicados hoxe. O desemprego reduciuse unha décima máis que a media española.
E na cidade do Lérez xuntanza esta tarde entre o conselleiro de Sanidade e os alcaldes dos dos concellos da área sanitaria de Pontevedra- O Salnés pra tratar a situación da sanidade pública.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
O paro baixou en 3.700 persoas en Galicia en 2022, o que supón unha caída do 2,73% respecto de 2021, mentres que o emprego creceu en 13.200 postos. Son os principais datos que nos deixa a Enquisa de Poboación Activa, que sitúan á nosa como unha das tres comunidades onde máis caeu o desemprego de forma trimestral.
Son datos bos, é algo no que hai unanimidade de interpretación, pero con matices. Os sindicatos poñen o aceno en dous feitos: o problema demográfico con progresiva perda de poboación activa e a falta de impulso ó sector industrial. Algo no que coincide a oposición. O PSdeG demanda á Xunta un plan de axuda ás empresas ante a suba dos seus gastos.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Segue avanzando o mapa eólico en Galicia que nun par de anos transformará a imaxe de numerosas zonas de Galicia. Primeiro foron as autorizacións da Xunta e agora foi o Goberno central o que aprobou a Declaración de impacto ambiental para 7 parques destindos a abastecer distintos proxectos industriais.
Sanidade, hoxe o conselleiro de Sanidade abordará con representantes dos concellos de Pontevedra a situción na atención primaria.
E, a bonoloto deixa un premio de tres millóns de euros en Ourense. O único boleto de seis acertos foi selado no Bar Chincho