O Goberno vén de confirmar o asasinato de Baiona como violencia de xénero. A vítima, Beatriz Lijó Gesteira, de 47 anos é o primeiro caso de violencia machista este ano en Galicia e o oitavo en España.
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, expresou a súa firme repulsa e a do Executivo central por este novo crime machista a través das súas redes sociais.
Na Coruña entregouse o menor que agrediu o sábado con arma branca a outro rapaz. A subdelegada do goberno nega que o agresor pertenza a unha banda organizada.
Comezou en Lugo o xuizo polo dobre crime do Cash Record ocorrido hai tres década durante un roubo. A acusación particular e única que presenta cargos, pide que sexa condenado a 28 anos de prisión. O procesado negou os feitos.
Dixa complicado para o transporte ferroviario por unha incidencia no sistema de sinalización. Un problema que obrigou a suspender temporalmente a circulación e provocou retrasos de ata dúas horas.
Dúas películas galegas compiten este ano por un galardón no prestixioso Festival Internacional de Cinema de Berlín. Son dúas operas primas, Sica e Matria, ambientadas na costa galega, nominadas nas seccións Panorama e Generation.
O tempo non varía. Temos outro día solleiro, pero pola noite volverán as xeadas.
Máis efectivos policiais e investigación rápida para que os agresores asuman as responsabilidades. Son as dúas peticións que lanza a alcaldesa da Coruña á delegación do goberno tras o acoitelamento sufrido por un mozo na cidade o pasado sábado cando xogaba ó baloncesto a última hora da tarde. Recupérase agora na casa tras ser intervido cirúrxicamente no CHUAC. Non hai de momento detidos.
1. A USC comeza esta semana a fase de redacción do proxecto pra construción da Cidade da Saúde no Campus Sur
2. Ordes aspira a aumentar a súa poboación ata os 20 mil habitantes co futuro Plan Xeral de Ordenación Municipal
3. Nova concentración da plataforma de pensionistas de Santiago este mediodía no Obradoiro
4. Nos deportes, empate a 0 do Racing de Ferrol no campo da Cultural Leonesa
A coruña, Santiago e Vigo acollen xunto outras 44 cidades as concentracións animalistas en protesta pola decisión do Goberno central de excluír da Ley de Benestar Animal ós cans de caza.
((Advirten do sufrimento que lles conelva a actividade cinexética e piden que reconsidere o proxecto.))
....
E no sanitario o SERGAS acusa a oposición galega e facer un uso partidista da sanidade pública. A directora Xeral de Planificación Sanitaria, Sofía López fai un chamamento a tranquilidade e resalta o traballo feio pola administración.
20 localidades galegas albergan este día accións en reivindicaciós en celebración do Día Mundial Contra contra o Cancro. Unha enfermidade que cada ano se diagnostica en GALCIA 20 mil persoas.
....
No político as formacións galegas dan un paso máis na carreira pra elección do 28 de maio e presentan as que serán as liñas a seguir.
((No tempo da entrevista, recibimos ó músico Roi Casal que ven a presentar o seu novo traballo "xunto a ti". ))
O próximo dia 7 de febreiro o tribunal supremo decide sobre as sentenzas da audiencia nacional que declara a nulidade da prorroga de Ence. Esta mañá os traballadores da pasteira reclamaron que se teña en conta o seu futuro e se dicte unha resolución favorable á pasteira.
Permanencia que tamén defenderon esta tarde a CEOE e a Xunta. Antonio Garamendi e Francisco Conde aseguran que a súa presencia en Galicia é clave na industria do país
Faltan uns días pra que se cumpra o aniversario do afundimento do Villa de Pitanxo en Terranova, que deixou tras de sí 21 víctimas mortais. E por fin as familias comezan a ver cumprida unha das súas demandas: a de que o goberno español descenda ata o pecio pra recabar datos que completen a investigación. Haberá que agardar aínda ata o verán, pero os traballos que acaban de iniciar a súa licitación deberían botar luz sobre as investigacións abertas pola audiencia nacional e o ministerio de transportes
- Licitado o estudo informativo da saída sur ferroviaria de Vigo
Porén, o Eixo avisa de que só se inician os trámites da metade, do treito, entre a estación de Urzáiz e o Porriño, e non do tramo Porriño e Tui. temen que non se poida cumprir co prazo de 2030
- Máis de 3 mil xuizos, comparecencias e declaracións xudiciais suspendidas pola folga dos Letrados
Os antigos secretarios xudiciais seguen adiante co seu paro indefinido, con participacións que superan o 75 por cento.
- O Tribunal de Xustiza Europeo da carpetazo ó caso contra as denominadas Tax-lease do naval
Un sistema de bonificacións fiscais pra os investimentos en estaleiros que varios países consideraron axudas de estado. o conflicto legal axudou a rematar con moitos estaleiros galegos
- Unha praga ameaza os viñedos do sur das provincias de Pontevedra e Ourense
Hai 9 concellos afectados pola flavescencia dourada, nos que será obrigatorio corta-las viñas con síntomas. E se está afectado máis do 20% da superficie, terán que arrincar todo o viñedo
Novidades no caso Pichel en Santiago. O alcalde adiantou que barallan remitir á fiscalía o asunto a vindeira semana. O obxectivo: dirimir se houbo ou non posibles responsabilidades penais na contratación da empresa Desproi.
Empresa ligada ó edil dimitido, José Manuel Pichel, e que tiña débedas previas co concello, antes da contratación da nave. A decisión definitiva será tomada a semana que vén.