Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Ángel Rodríguez da Costa, o detido como presunto autor de asasinar este domingo á súa exparella en Baiona, non entrará todavía en prisión. A maxistrada que leva o caso acordou prorrogar a sua dentención 3 dias máis para que sexa valorado psiquiatricamente nun centro hospitalario.

E esta tarde, deceas de persoas despiron a vítima, Beatriz Lijó Gesteira. Foi enterrada no cemiterio municipal de Baiona. A autopsia da muller revelou que presnetaba numerosos cortes e pinchazos polo corpo ademais do golpe na cabeza
 

Remata a fase pena do xuizo polo accidente do Alvia. Tra-la declaración de preto de 80 testemuñas e peritos, as víctimas cren que quedou demostrado que había eivas de seguridade.

Sergas oferta otras 400 prazas de difícil cobertura sin oposición. É unha das medidas que se debate na mesa sectorial, segundo adiantou no Parlamento o presidente da Xunta. Propón tamén contratos de 3 anos ós médicos que acaben a súa formación.

Os productores de leite están recibindo ofertas á baixa para a renovación dos novos contratos. Pretenden pagarlles arredor de 10 céntimos menos que este ano. Os gandeiros denuncian que as autoridades non velan polo cumprimento da lei da cadea alimentaria.

Os bateeiros din que é insuficiente a ampliación da superficie permitida para a extracción de cría de mexillón. A Xunta vai abrir 130 quilómetros máis de costa, 12 deles en áreas agora exclusivas para o percebe.
 

O Supremo despexa o futuro da fábrica de celulosas. Corrixe á Audiencia Nacional e di que non lle afecta a lei de costas e que pode continuar no seu actual emprazamento.
Hoxe vai pasar a disposición xudicial o home acusado de matar a súa exparella en Baiona este domingo, e en Santigo, este mércores conclúe a primeira parte do xuizo polo accidente do Alvia... a fase penal, que comezou no mes de outubro.
O tempo. Vai seguir o tempo solleiro e soben algo as temperaturas máximas
Vexamos cal é agora a situación.

O futuro de ENCE en Pontevedra decídese arestora no Supremo. O tribunal está reunido para resolve-los recursos contra a sentenza da Audiencia Nacional que anulou a prórroga que lle permitía continuar 70 anos máis na ría de Pontevedra.

En Ourense continúa o conflito entre os comuneiros de Valdeorras e as louseiras. Os propietarios asegura que manterán a loita xudicial a pesar de que hoxe se asinouse a acta de ocupación dos terreos por parte das empresas.

Entregadas 50 mil sinaturas en defensa da sanidade pública. A cinco días da manifestación prevista pra o domingo en Santiago, Sos Sanidade pública rexistrou no Parlamento os apoios a unha iniciativa lexislativa popular.

Incendios en pleno inverno. Afectan o sur da provincia de Ourense. Agora está activo un que xa leva queimadas 100 hectáreas, unha parte no parque natural do Xurés.

O tempo... hoxe coa entrada de nubes polo norte que mesmo poden deixar algunha chuvisca.

Beatriz, una veciña de Baiona de 47 anos, é a primeira víctima da violencia machista en Galicia. O seu exmarido asasinouna diante dos dous fillos menores que tiña en común. Hoxe vanse repetir as concentracións de repulsa.
En Lugo van seguir as declaracións no xuizo polas dúas mortes no Cash Récord hai caste tres décadas. O único acusado negou a súa participación nos feitos.
Xornada clave para ENCE: o Supremo revisa os recursos contra a sentenza da Audiencia Nacional que anulou a prórroga que lle permitía continuar na ría de Pontevedra.
E outro incendio afaecta ó parque naturala da serra do xurés