Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Non remata a polémica en torno ó Sindicato de Traballadores da Limpeza na Coruña. Agora algúns empregados denuncian represalias dos responsables do STL, investigados na causa, por ter participado nunha reunión coa concelleira de Medio Ambiente para falar dos feitos.

As últimas informacións apuntan ademais que o Concello decidiu entrar na causa, persoarse, ó entender que houbo un grave prexuízo na prestación do servizo con consecuencias económicas tamén.

1. Comezan os novos horarios de recollida do lixo no casco histórico despois das queixas dos hostaleiros

2. Primeira oferta de adquisición dos terreos de Alú Ibérica na Coruña co obxectivo de construír unha fábrica de hidróxeno verde e outra de electrodos de grafito

3. Esixen reforzo de médicos na prisión de Teixeiro ante a saturación do punto de atención continuada da zona

4. A Pobra dá por superados os problemas de turbidez da auga que afectaron estes días ós veciños, nuns minutos conversaremos co alcalde

Inditex xa supera xa os resultados anteriores á pandemia e, por primeira vez, pasa dos 4 mil millóns de beneficio e anuncia que non ten pensado mover a súa sede.
ENCE, Greepeace tamén anuncia accións contra a sentenza do Supremo que da legalidade á prórroga pra seguir en Lourizán... neste caso adianta que acudirá ó Constitucional.
E nova vacina no calendario infantil. Vaise aplicar a partir do outono co obxectivo de frear os efectos do virus respiratorio sincitial. Calcúlas que afecta ó 90 por cento dos menores de dous anos

Galicia da un paso importante e pioneiro no calendario de vacinación infantil; será a primeira comunidade en inmunizar aos nenos a nenas fronte ao virus sincitial . So nesta campaña 9 de 10 bebés de menos de dous anos se infectaron.


Tamén hoxe en Lanzarote, onde se celebrou o cumio hispano-luso, o presidente portugués conseguiu que Pedro Sánchez se comprometera a rematar o estudo da conexión ferroviaria de Vigo e Oporto.

Este mediodía trasladouse ó porto de Vilagarcía o semisumerxible atopado na ría da Arousa... Alí vano inspecionar pra tratar de obter detalles sobre a súa orixe, fabricación e a carga que transportou.... Estiman que podería ter sido de 2 ou 3 toneladas de cocaína, descargadas polas dúas planeadoras varadas hai tres semanas nunha praia de Ribeira...

Un narcosubmarino que podería se-lo responsable da mancha de fuel de cincocentros metros que onte chegou á costa de Vilagarcía.

Non tiña droga. O Poseidón, o narcosubmariño atopado na ría de Arousa estaba valeiro, pero calcúlase que tiña capacidade para transportar 5 toneladas. a pregunta é onde se realizou a descarga. Non hai droga nin detencións. o semisumerxible, o segundo das mesmas características localiado en Galicia, vaise seguir investigando para ver se contén algunha proba.
En Pontevedra, pouco antes da medianoite coñeceuse o veredicto do triplo crime de Valga. O xurado declara culpable ó único acusado, José Luis Abet. Considera que matou ás tres mulleres de forma premeditada.
E en Vigo, o alcalde Abel Caballero saca peito co impacto das luces do nadal. Di que supera o do Xacobeo

Poseidón. Así se chama o submarino atopado onte en Vilaxoán. O nome pudose ler no casco ao poñelo esta tarde en terra firme nun peirao da Illa de Arousa.
É máis grande do que se pensaba nun primer momento. Agorá, poderán comezar as investigacións que confirmarán se garda relación coas lanchas atopadas en Ribeira.

E hoxe coñecimos canto diñeiro pediu a industria naval galega aos fondos europeos dispoñibles para impulsar este sector.

O achádego do que semella o segundo sumerxible destinado ó trasporte de droga ata Galicia esixe un aumento da vixilancia das forzas de seguridade. Así o advirte a fundacion galega contra o narcotráfico, que cre que é unha mostra de que as organizacións criminais seguen usando as costas galegas como porta de entrada de sustancias ó mercado europeo. Mentres, en Vilaxoán, seguen as tarefas de reflotamento e inspección do achado este luns.