Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Ministra de Transición Ecolóxica, Teresa ribera Aceptou manter unha reunión coa Xunta e o Observatorio Eólico de Galicia pra aclarar o mapa eólico mariño establecido polo Plan de Ordenación da Eólica Mariña aprobado este martes.

Un plan que defendeu esta mañá en Vigo a secretraria xeral de Pesca do Goberno, Isabel Artime, quen mandou unha mensaxe de tranquilidade ó sector pesqueiro.

Os datos do paro de febreiro acreditan que a fenda de xénero aínda segue a ser moi acusada en Galicia. Febreiro pechouse con case un milleiro menos de persoas rexistradas nas oficinas de emprego.

Os productores de mexillón volveron levar esta mañá a súa protesta a Santiago.
Realizaron unha marcha improvisada de vehículos con remolques e lanchas motoras, pra queixarse polas restriccións pra a extracción da mexilla.

En Ourense, o colexio Cardenal Cisneros prevé retomar mañá a actividade lectiva. Está suspendida desde onte á tra-la derruba dun muro sobre o patio do centro. Tampouco poden volver ás súas casas os veciños do edificio colindante desaloxado.

Protesta en Carballo de familias con persoas con discapacidade.
Piden á consellería de educación un centro de educación especial para a Costa da Morte porque a asociación Aspaber pecha o que hai agora.

Rápida e dura a reacción do sector pesqueiro tra-la aprobación polo goberno do plan de ordenación do espazo marítimo. Tras unha reunión na Coruña dixeron que non vana negociar nada e piden a retirada do documento.
Na Sanidade, convocatoria de folga do sindicato médico CESM para dentro dun mes.. e pendentes de Ourense onde varias familias tiveron que pasar a noite fóra da casa e tivo que ser desaloxado un colexio pola caída dun muro
Deportes. Adrián Ben e Belén Toimil xa debutan hoxe no primeiro día do campionto de europa en pista cuberta que se disputará en Estambul.
No tempo. Recuperamos a influencia das altas presións e van predominar os ceos despexados.
 

A Plataforma en defensa da pesca e os ecosistemas mariños analizou esta mañá na Coruña o plan de ordenación de espazos marítimos. O sector considérao un ataque ambientál e socioeconómico e anuncia movilizacións.

6 empresas aspiran a facerse coa explotación destes parques previstos nas nosas costas. Tamén na industria galega do metal agardan á construción dos eólcos.

As confrarías de pescadores de Galicia e Asturias consideran que o plan de ordenación do espazo marítimo é un ataque ó sector, e que non mide as consecuencias ambientais e socioeconómicas. Piden a súa retirada, a dimisión da ministra, e iniciarán mobilizacións. criticas tamén do BNG, que considera que é un paso máis no expolio enerxético á nosa comunidade.

Dende as empresas promotoras saúdan un plan que permirtirá cumprir os obxectivos de despregue da tecnoloxía pra 2030. Algún pide ó ministerio que se esixa diálogo e retorno ó territorio na regulación. E o sector metal agarda que a construción dos parques deixe pegada en Galicia.

Tras semanas de queixas dos hostaleiros, comeza entre críticas a recollida de residuos ás portas dos bares e restaurantes do casco histórico de Compostela. Tanto os empresarios coma os traballadores da limpeza cren que vai traer máis problemas que solucións: advirten do deterioro duns camións que non están preparados e do impacto negativo que terá noutras zonas da capital, que notarán un empeoramento na recollida do lixo.

1  O alcalde de Santiago xustifica no pleno a súa xestión ante a crítica unánime da oposición que o acusa de inacción

2. Presentado en Miño o proxecto pra recuperar o espazo dunar da praia Grande que retirará árbores invasores e creará unha senda

3. Marea Atlántica denuncia a eliminación de zonas verdes, dunha lagoa e un aparcamento no proxecto da cidade das TIC

4. Unión de Carballo, Brión e Arteixo pra impulsar o turismo termal e recuperar espazos en desuso

O sector pesqueiro avisa..non permitirá que a eólica mariña limite máis a súa actividade. Lamenta que non se contara con eles para delimitar os poligonos nos que se van poder instalar os muiños... Galicia é a rexión marítima máis afectada.
No ámbito enerxético destaca tamén o acordo entre duas firmas rivais. Enagás merca a rede de gaseoductos a Regosa... E, segue sen resolverse o problema orixinado pola falta de mexilla... Os bateeiros din que está en perigo a campaña do vindediro ano

O Consello de Ministros aprobou hoxe o primeiro dos plans de ordenación do espazo marítimo en España. Identifica as zonas aptas para ubicar parques eólicos no litoral do país.

Un texto do que están pendentes dende o sector eólico e pesqueiro... Só en Galicia, o plan contempla cinco zonas aptas pra instalación de eólica mariña.