Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Seguen os preparativos dos partidos políticos pras vindeiras eleccións municipais. Hoxe o secretario xeral dos socialistas galegos presentou a súa candidatura á alcaldía das Pontes. Pero non aclara, malia as insistentes preguntas dos xornalistas, qué sucederá cando se convoquen as elecóns autonómicas. Nalgunha ocasión apuntara que chegado o momento apoiaría a José Ramón Gómez Besteiro se o lucense dera este paso.

O Sergas fai recaer a falta de médicos no hospital de Ribeira sobre o persoal do Clínico de Santiago. A xerencia pídelles que traballen tamén no Hospital do Barbanza en Marzo e Abril e eles temen que a situación se prolongue ata despois do verán. Así que dan de prazo ata finais da semana próxima para que lles presenten unha proposta de solución.

- . Xosé Sánchez Bugallo presenta a súa candidatura para renovar á alcaldía e como principal novidade a incorporación ás listas do histórico socialista Xaquín Fernández Leiceaga.

- . Todo apunta a que Valentín González Formoso repetira como candidato a alcaldía das Pontes. Anunciarao esta mañá. Asìraría así a seguir ao frente da Deputación.

- . O concello da Coruña non desbota agora emprender algúnha acción legal pola presunta corrupción nas contratacións de traballadores a través do Sindicato de Traballadores da limpeza

A Xunta considera insuficiente o investimento anunciado polo goberno para o corredor de mercadorías. Calcula que tería que multiplicarse por oito.
De cara ás municipais, a 24 horas do comité nacional do PSdeG que debe aprobar os cabezas de lista, o seu secretario xeral desvelará se volve a aspirar á alcaldía das Pontes; e, en Santiago, o alcalde Sánchez Bugallo incorpora á súa lista ó senador Xaquín Fernández Leiceaga

Alfonso Rueda considera insuficiente a partida de 1.130 millóns de euros que o Goberno Central destina pro Corredor Atlántico do noroeste. O presidente da Xunta cree que serán necesarios 8 mil millóns pra poder crear a infraestrutura ferroviaria.

O presidente dos empresarios galegos, Juan Manuel Vieites, cree que outras empresas da cadea MarIndusttria se poderán beneficiar da sentenza que avala a permanencia de Ence no dominio público marítimo-terrestre.

A letra miuda da sentenza sobre a permanencia de Ence en Lourizán deixa argumentos pra moitas outras empresas situadas no dominio público marítimo terrestre galego, e pro seu futuro. Os empresarios galegos cren que a lectura do alto tribunal pode permitir prórrogas a máis dun cento de empresas de distintos tipos e ubicacións. Sempre que conten, como ENCE, con informes favorables coma o que o goberno galego lle deu á pasteira.

O sector pesqueiro busca argumentos xurídicos pra lograr que se anule o deseño que fixo o goberno pra futura instalación de muiños de vento no mar. Acompañan esta iniciataiva con mobilizacións e este sábdo teñen previsto concentrarse ante a Delegación do goberno na Coruña. Este mércores coñecemos a sentenza do Surpremo que valida a prórroga a Ence na ría de Pontevedra. Foi clave o informe favorable ambiental da Xunta. E a maioría dos productores de mexillón non acudiu a unha reunión coa consellaría e prepara un calendario de mobilizacións


Día da Muller, xornada na que moitas cidades e vilas acolleron actos oficiais e mobilizacións.

A fenda salarial, o mantemento do estado de benestar ou a repulsa da violencia son algunhas das reivindicacións unitarias.

Ás 8 haberá manifestacións nas principais localidades organizadas pola Marcha Mundial das Mulleres.
 

A pesca galega inicia a loita xudicial contra o plan de ordenación do espazo marítimo. O sector buscará a súa suspensión. Considera que afecta a un medio de vida fundamental en Galicia e a todas as actividades derivadas.

O ex traballadores de AluIbérica retoman as mobilizacións. Fano despois de que quedara deserta a poxa para a venda das instalacións da Grela. Temen que agoche un caso de especulación inmobiliaria.

O concello de Pontevedra cosidera que o voto particular na sentenza de ENCE lles da argumentos pra recorre-la. A maxistrada lembra que a prórroga ata o ano 2073 mesmo chamou a atención do Consello de Estdo.

Traballadores sociais e asociacións de familias de acollida sinalan que o sistema de acollemento non funciona como debería. Poñen como exemplo o caso dun bebé de Lugo de 9 meses que leva 5 cunha familia de acollida cando os seus parentes queren facerse cargo del.

O tempo. pola tarde os chuvascos xa van ser máis ocasionais