Valle-Inclán íntimo é unha exposición organizada pola Universidade de Santiago no Colexio de Fonseca. Inclúe pezas cedidas pola familia, algunhas expostas por primeira vez, como a máscara mortuoria de Francisco Asorey
8-M. Día da muller no que hai previstas dúcias de manifestacións nas grandes cidades e principais vilas galegas, pola mañá e pola tarde para reivindicar a plena igualdade e denunciar que as mulleres seguen tendo os peores empregos, menos soldos e soportando o peso dos coidados.
En Lugo, o xurado estima que a pesar do trastorno que padece, Ana Sandamil, era consciente dos seus actos e consideraa culpable da morte da súa filla. Agora o tribunal terá que dicta-la sentenza.
Deportes. O Lugo xa ten o cuarto adestrador da tempada.. Iñigo Vélez
O acusado do triplo crime de Valga, José Luis Abet, acolleuse ó seu dereito a non declarar. Non contestou a ningunha das partes ó comezo, esta mañá, do xuízo no que a fiscalía e a acusación particular piden para el prisión permanente revisable.
Detida unha veciña do concello coruñés de Paderne acusada de matar ó seu marido tra-lo nadal. A detención produciuse hai una semana e a acusada xa ingresou en prisión provisional por orde xudicial.
As ANPAS de colexios de Vigo, Moaña e Nigrán levarán ó Parlamento as súas queixas polo servizo de comedor. Denuncian que a Xunta non atende a suas queixas sobre as irregularidades neste servizo que afecta a comida diaria de preto de 3 mil escolares
Falece o poeta Salvador García-Bodaño ós 82 anos. O académico naceu en Vigo en 1935 pero desde neno estivo vinculado a Santiago.
O tempo vai ir emporando pola tarde. Á noite aumentará o vento e a chuvia.
Santiago aprobará este xoves nun pleno extraordinario a declaración de especial interese pra construción do Centro de Protonterapia. A Comisión de Urbanismo deulle xa luz verde.
A metade dos falecidos este ano en accidente de tráfico na provincia non levaban posto o cinto. A DXT ten en marcha unha campaña de vixilancia.
Ecoloxistas en Acción denuncia pola vía penal a varios altos cargos da Xunta por non declarar a caducidade da mina de Varilongo, en Santa Comba.
En Pontevedra, o xuizo ó único acusado polo triple crime de Valga será a porta pechada para protexer os nenos que presenciaron a acción. E, en Lugo, estamos pendentes do veredicto na repetición da vista a Ana Sandamil por matar a súa filla.
Avances no desbloqueo do corredor atlántico de mercadorías. O ministerio de Transportes ten previsto investir 16 mil millóns. O comisionado do Goberno estará esta mañá na Coruña.
Deportes. O Celta trae un punto de Pamplona. O Lugo cambia de novo de adestrador.
O tempo.Unha fronte irá achegándose a Galicia durante o día, afectando á nosa Comunidade pola noite
Hoxe comezou EN Pontevedra, o xuizo A José Luis Abet, o autor confeso da morte de súa ex-muller e da nai e a irmá desta, en 2019 en Valga. A fiscalía e as acusacións piden prisión permanente revisable.
Visto pra sentenza o xuízo polo asasinato de Desirée Leal, en Muimenta. Hoxe foron as últimas declaracións das partes tras repetirse o xuízo.
Radio 5 hace un recorrido por todos los centros territoriales de Radio Nacional para conocer cómo llega España a las próximas eleccionesmunicipales y autonómicas del próximo 28 de mayo. Desde Galicia, analizamos el potencial voto de izquierdas en los municipios y el nuevo mapa de poder que el Partido Popular se plantea a través de las municipales.
Desde Rtve Galicia hacemos un repaso de la situación pre-electoral ante las municipales de mayo.
Especial informativo y debate dirigido y presentado por Xosé Manuel García.