Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Galicia foi unha das comunidades que mellor aproveitou a fase de recuperación pospandemia, segundo un informe da Fundación das caixas de aforro. Pero Funcas confirma agora a desaceleración no crecemento de tóda-las comuniddes autónomas.

O sector apícola denuncia que o mel se está vendendo a prezos que non cubren custes. Este xoves vanse manifestar en Madrid. Aseguran que están en perigo 300 postos de traballo.

Denuncia penal contra varios cargos da Xunta por non declarar a caducidade da mina de Varilongo, en Santa Comba. Ecoloxistas en Acción cre que cometeron posibles delitos de prevaricación por non esixir á empresa concesionaria o cumprimento das súas obrigas.

Yolanda Díaz pide en Santiago un Pacto polos Coidados. A vicepresidenta do Goberno español mantén que ocuparse dos fillos ou dos maiores non pode recaer principalmente nas mulleres.

O tempo. Hoxe con temperaturas máis altas, sobre todo na metade sur.

Coa constitución do xurado, este luns empeza en Pontevedra o xuizo polo triplo crime de Valga. Un único acusado, José Luis Abet, de matar a súa exmuller, e a irmá e nai dela, diante dos seus fillos. Mentres, en Lugo, hoxe quedará visto pra sentenza a repetición da vista a Ana Sandamil acusada de matar á súa filla.
Comezarmos así unha semana que estará marcada pola celebración do día interncional da muller.
Deportes. O viveirense Adrián Ben campión de Europa en 800 metros. En fútbol, hoxe xoga o Celta separado só dous punto do descenso; en Segunda, o Lugo queda último e cada vez máis lonxe da permanencia


Preocupación no agro galego polas condicións das axudas da Política Agraria Común deste ano. Xa poden solicitarse desde esta semana pero hai moitos aspectos novos que complican o cumprimento dos requisitos. Desde a creación dun caderno dixital, ata control máis específico das zonas de pasto, tamén dos medicamentos que se lle poden dar ós animais.

Todo nun domingo no que a asociación de pacientes do Hospital de Santiago denuncia falta de material habitual que provocou de novo a suspensión dunha operación cando o doente xa estaba na cama preparado para a intervención.

En Vigo, os grupos da oposición reclaman información ó concello e a comparecencia urxente da responsable de Medio Ambiente polo morte de varios animais do zoo.

De contado os detalles. E no noso tempo de entrevista falaremos de pesca, de enerxía eólica e de moitos outros aspectos de actualidade co eurodeputado socialista Nicolás González Casares.
 

Colectivos ecoloxistas, confrarías de pescadores, mariscadores, comerciantes, hostaleiros de Noia e dos concellos veciños unidos esta mañá nunha concentración contra a autorización das verteduras da Mina de San Finx. Presentes tamén os voceiros da oposición. Advirten: está en xogo o futuro da ría e o sustento de máis de 1.600 familias.

Pola súa banda o presidente da Xunta reuniuse co responsable de Enagás que se comprometeu a asumir a construción do corredor de hidróxeno verde entre Guitiriz e Zamora.

E en clave electoral, acto dos socialistas da provincia da Coruña con presenza do portavoz do PSOE no Congreso. Patxi López foi moi crítico coa xestión sanitaria do PP na nosa comunidade.

De seguida imos con todo, tamén coa entrevista, hoxe musical, ó grupo de hip hop Dios ke te crew.
 

A Ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, defendeu hoxe dende Ferrol o Plan de Ordenación da Eólica Mariña. Insiste na compatibilidade dos parques coa pesca e abriuse a negociar cos sectores afectados.

Fronte a ela, a Plataforma en defensa da PESCA corta toda negociación co ministerio e esixe que se retiren os plans aprobados.
 

Primeira descarga de petróleo no porto exterior da Coruña con destino á refinería. Marca o inicio do camiño par que os petroleiros deixen de entrar na ría. A concesión de Repsol aínda remata en 2027.

Revés pras familias das víctimas do dobre asasinato do Cash Récord.
Despois de 30 anos conseguiron levar a xuizo ó que consideran autor do crime, pero a Audiencia provincial absolveo por falta de probas.

Declaración de Impacto Ambiental desfavorable pra dous parques eólicos moi contestados en Ourense. Tratase do macropolígono eólico que a empresa Greenalia quería instalar entre os concellos ourensás de Bande e Verea e outro no Monte da Neve, entre Verea e Celanova.

Inverno de contrastes. A estación que está a piques de rematar foi moi chuviosa na súa primeira metade, e moi seco na segunda, co mes de febreiro con menos precipitacións dos últimos dez anos.

E, marzo empeza coas mesmas caracteristicas. Tempo seco, pero noites moi frías, aínda que se vai retirando a masa de aires frío que nos afectaba.

A vicepresidenta Teresa Ribera, que esta mañá estará en Ferrol, acepta reunirse coa Xunta e os sectores implicados na chegada da eólica mariña pr falar daz zonas marcadas polo ministerio como as adecuadas para a instalación dos muiños.
Na Coruña, Repsol inicia unha nova etapa na Coruña coa primeira descarga no posto exterior: comeza o proceso que eliminará as descargas no interior da ría.
E, escoitaremos as demandas das familias con persoas con discapacidade: ante o anunciado peche do centro de Aspaber pide á consellería que se faga cargo da súa ataención