Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O xulgado de Noia admite a denuncia das cofrarías de pescadores que din que a empresa da mina de San Finx está a verter metais pesados ao río. Arrinca así un proceso pola vía do penal.

Precisamente de falla de avances ou canda menos, de falla de información no plan do eixo Atlántico, queixan as comunidades de Galicia, Asturias e Castela-León, motivo polo que hoxe mantiveron unha xuntanza a tres bandas.

Aínda non hai data pra saída da expedición de inspección ó Villa de Pitanxo, pero está máis preto. O ministerio de Transportes xa remitiu á Audiencia Nacional o contrato á emrpesa viguesa ACSM ship. Explicaron, que o festivo en Madrid deste luns retrasou o trámite. Agora será o tribunal, que coordena a operación, o que dé a orde de saída. Así llo explicou o delegado do goberno, JHosé Raón Gómez Besteiro, ás familias dos náufragos. María José de Pazo pediulle que os manteña informados, porque se están a enterar do proceso a través dos medios.

- . Os traballadores da limpeza de Ames continúan en folga. Os servizos mínimos están a limitar os efectos dos paros, polo que os sindicatos creen que a folga non rematará a curto prazo.

- . Os Xulgados de Ortigueira apenas teñen medios persoáis e materiáis segundo denuncia a Cig. O sindicato advirte que a situación ven de hai tempo e está a probocar a acumulación de casos.

- . A conselleiro de Sanidade anunciou que a torre polivalente do futuro Complexo hospitalario da Coruña estará en construción a principios do ano que vén.

Hoxe está previsto que se peche o contrato coa empresa viguesa elexida pra buscar os restos do Villa de Pitanxo. As familias dos mariñeiros falecidos vanse reunir este martes co delegado do goberno.
O sector agrogandeiro galego séntese discriminado nas axudas establecidas polo goberno para facer fronte ós efectos da seca.
É martes, quinto día de campaña electoral.

Deportes. Os malos resultados e a presión dos afeccionados fixo que o Deportivo destituira ó adestrador, Óscar Cano

Tiña que comezar hoxe, pero finalmente quedou desconvocada a folga dos traballadores de Urbaser, a concesionaria da recollida do lixo en Santiago.

A empresa aceptou finalmente todas as reivindicacións do persoal que pedía que se cumplisen os acordos do convenio e os extra-convenio.

- O Pleno do consistorio de Ames aprobou a creción dunha empresa publica pra municipalizar a xestión da Auga. Subrogará ós 16 empregados da actual concesionarias, Espina y Delfín.

- As praias da Coruña prepáranse dende hoxe pra chegada dos bañistas en verán. Os traballos comezarán hoxe coa retirada da duna de Riazor.

- . 3.200 persoas se deron cita na Coruña esta fin de semana pra participar na Carreira Solidaria Runki. O acto deportivo que loita pola inclusión das persoas con discapacidade funcional

Os familiares dos mariñeiros que morreron no naufraxio do Pitanxo agardar que nuns días Transportes asine o contrato que pemita a posta en marcha do operativo pra baixar ó pecio. Este luns, en Vigo, poden atoparse con incidencias no transporte urbano co inicio nunha folga dos traballadores de Vitrasa.
E a campaña electoral continúa: entramos no cuarto día.

Deportes. O Celta segue sen certificar a permanencia. Onte caeu en Balaídos co Valencia