Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Pois xa volvemos a entrar noutra campaña electoral... desde esta próxima medianoite políticos xa poden pedir o voto, porque na práctica xa non deixamos de estar en campaña desde as eleccións municipais.
Este xoves xa se pasan por Galicia dous dos candidatos á presidencia do Goberno, Nuñez Feijóo que estará na súa aldea natal e Yolanda Díaz que, acompañada de Ada Colau, abrirá a campaña na Coruña.
Pero tóda-las formacións teñen previstos actos electorais. Irémoslle-lo contando nos próximos quince días

O goberno central agardará á publicación nos boletíns oficiais da nova lei de ordenación do litoral pra decidir se cómpre tomar medidas na súa contra. Así o adianta o delegado do goberno en Galicia, que entende que a aprobación desta norma, sen consenso, o único que consegue polo de agora é reduci-la seguridade xurídica pra emrpesas e operadores no dominio público de costa.

Por outra banda, en Pontevedra, o concello adianta que seguirá loitando por recuperar pro uso público os terreos da ría que ocupa a pasteira ENCE. Entende que o Supremo, que rexeitou os seus recursos, deixa argumentos sen resposta, e acudirá ó constitucional.

Se un veciño de Betanzos ou dos concellos da contorna chama ós bombeiros por un incendio na súa vivenda, ou se hai un accidente da estrada, os profesionais tardarán o dobre en chegar. O parque de Betanzos leva 24 horas pechado ó non ter o persoal suficiente para cubrir os servizos mínimos. Os traballadores dispoñibles foron trasladados a Arteixo.

1. Selado o bipartirto en Cambre entre PSOE e Unión por Cambre; e tripartirto en Arzúa con Alternativa, BNG e socialistas

2. O concello da Coruña anuncia a súa intención de celebrar Viñetas desde o Atlántico entre o 7 e o 13 de agosto en Méndez Núñez

3. A Coruña será sede do festival internacional de música escrita con Intelixencia artificial

4. O Racing de Ferrol debutará na Segunda División ante o Elxe o sábado 12 de agosto no Martínez Valero

O paro segue baixando e Galicia baixa por primeira vez dos 130 mil desempregados. O temor estes bos datos descansan sobre todo no sector servizos e na estacionalidade.
E, o Supremo rexeita os últimos recursos contra o fallo que permite continuar a ENCE na súa actual ubicación outro medio século máis.. pero o goberno local de Pontevedra sinala que a súa loita non acaba aquí. Precisamente onte o Parlmento aprobou a lei de ordenación e xestión do litoral, aínda que sen os medios pra asumir estas competencias que o goberno central sempre lle negou

Segue baixando o paro. En xuño reduciuse en 5.400 persoas o número de desempregados.
É unha reducción do 4 por cento, que é máis do dobre que a media do Estado. Agora hai 129 mil persoas demandantes de emprego, cando hai un ano pasaban das 140 mil.

No Parlamento aprobouse a nova lei do litoral. Contempla a asunción por parte da Xunta das competencias de xestión do espazo marítimo terrestre.

Os datos de desemprego están en mínimos históricos. Son pouco máis de 129 mil. O mes de xuño deixa unha caída dos parados que duplica a media nacional, a terceira mellor do conxunto do estado. Porén, a melloría recae especialmente no sector servizos, o que apunta á estacionalidade, e os sindicatos apuntan a unha repunta do emprego temporal.

A alcaldesa de Santiago non participará no ritual relixioso da Ofrenda ao Apóstolo, aínda que si estará presente no resto de actos institucionais do 25 de xullo. Así llo trasladou Goretti Sanmartín ao arcebispo Francisco Prieto, co que se reuniu no Pazo de Raxoi. Nun estado laico e aconfesional, a decisión de non participar en actos litúrxicos é entendible, dixo a alcaldesa. O Concello anunciou ademais un novo acto institucional o 25 de xullo para premiar a persoas e institucións que traballen a prol da capital

A Coruña reviveu este luns a agresión homófoba que lle custou a vida hai dous anos a Samuel Luiz. O colectivo LGTBI pide que non se baixe a garda na defensa duns dereitos que seguen vendo ameazados. O caso aínda está pendente de xuizo.
Tamén estamos pendentes do regreso dos mariñeiros que tiveron que abandonar o barco tras un incendio no gran sol. Os primeiros xa emprenderon a viaxe de volta

Xa están en terra, sans e salvos os 15 tripulantes do pesqueiro, Nuevo San Juan, que ardeu este domingo en augas do Gran Sol. Os mariñeiros están no porto irlandés de Castle-twon-bere onde prestaron declaración sobre o sucedido a fin de semana. Preveese que poidan voltar a Galicia nos vindeiros días.

Hoxe na Coruña conmemóranse os dous anos da morte de Samuel Luiz, pr mor dunha paliza recibida a máns dun grupo de persoas. Cinco delas están a espera de xuizo.

Están en terra, nun porto irlandés, sans e salvos, os 15 tripulantes do Novo San Juan, que onte sufriu un grave incendio no Gran Sol. Están en bo estado, aínda que conmocionados polo sucedido. O barco aínda se mantén a flote, pero os danos son moi importantes. Dende Burela aseguran que era un pesqueiro en bo estado, e que haberá que investigar qué sucedeu, porque os incendios no mar son excepcionais. Mentres, os traballadores, galegos, latinoamericanos e indonesios, prestan declaración antes de volver ás súas casas.