Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Quedan uns días por diante pero os grupos políticos están, na práctica, de campaña electoral con actos a diario por Galicia e peticións de voto para as xerais. Quenda esta mañá para Sumar na Coruña, onde aproveitaron para anunciar que Yolanda Díaz realizará a pegada de carteis na cidade herculina. Desde Santiago Ana Pontón pide apoio para darlle voz a Galicia en Madrid; e no PP tiran da traxectoria de Núñez Feijoo na nosa comunidade.

Máis política no noso tempo de entrevista: conversaremos con José Ramón Gómez Besteiro, o exdelegado do Goberno, que encabezará a lista do PSOE ó Congreso pola provincia de Lugo nas próximas eleccións xerais.

Analizamos tamén as novas normativas para os gandeiros acerca de como facer o rexistro de vendas do leite.

A mañá deixa a evacuación dun veciño de Rois en helicóptero medicalizado tras caerlle enriba un portal de ferro. Ocorreu pasadas as once na parroquia de Augasantas. Non quedou atrapado pero, debido ó golpe, non podía moverse.

Seguen os ecos da última sentenza contra as concesións de transporte escolar gañados por Monbús. Empresas que fixeron as denuncias advirten de que este paso cambiará o mapa do transporte en Galicia, e que Monbús acabará por ver prexudicadas os contratos tamén do transporte urbano.

Mentres nervios en Silleda coas oposicións a distintas categorías da administración autonómica. Participación dun 52 por cento dos anotados nos exames da quenda de mañá.

En Vigo, desaloxado un edificio da rúa Sanjurjo Abadía esta mañá por mor dun incendio. Trátase dun inmoble abandonado aínda que había algunhas persoas dentro. Con todo, non hai que lamentar feridos.

E reaberto ó público un dos tesouros da Mariña: o paseo do Fuciño do Porco.

No deporte, moito movemento de entradas e saídas. O Celta fai a primeira fichaxe da tempada: Carles Pérez, traspasado pola Roma, xa xogou cedido cos vigueses na última campaña. O Depor renova a súa estrutura: confirmado Imanol Idiakez como novo adestrador, Massimo Benassi como director xeral. Fichaxe ademais de Paris Adot para os branquiazuis.

No noso tempo de entrevista conversaremos coa escritora Ledicia Costas, quen esta semana recibiu unha das Medallas Castelao.

Este venres deuse o seguinte paso tralas elección municipais e a constitución dos concellos: a conformación das Deputacións provinciais. A primeira, a de Lugo, nun día no que os socialistas e o BNG asinaron un acordo para gobernar nesta e na da Coruña.

O día déixanos tamén máis sombras sobre os concursos de adxudicación de liñas de transporte por estrada a Monbús. Seguen aumentando as sentenzas xudiciais que os anulan por cuestións de legalidade

Xa son tres as sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza que anulan concesións de rutas á compañía Monbús ou a unións de empresas dominadas por ela no transporte escolar galego. Autos xudiciais que veñen da-la razón a outras empresas de transporte de viaxeiros, que denunciaran que esta compañía copara a meirande parte dos contratos, e o 80% do transporte de viaxeiros. O BNG cre que confirman o trato de favor e a connivencia da Xunta coa empresa de Raúl López que tamén eles denunciaron públicamente en numerosas ocasións. A conselleira Ethel Vázquez inssite en que se cumpriron os procedementos legais.

Nova destacada a pouco máis dunha hora do inicio da operación saída, que moverá máis de medio millón de vehículos polas nosas estradas

- A empresa A Ostreira do Grove asegura que Costas lles obriga a retirar as piscinas ubicadas en dominio público.

O Goberno négao. Aclara que o que non admitíu foi a proposta de ampliación das piscinas porque a empresa ten dispoñible unha parcela privada ó carón.

- Nova xornada de folga dos traballadores de Vitrasa.

Reclaman a actualización do seu convenio. Hoxe manifestáronse ata o Concello onde lle reprocharon ó alcalde as súas críticas.

- Unha xuiza de ourense chama a declarar ó arquitecto que fixo o proxecto da parte do instituto no que morreu un alumno.

Faino a instancias da acusación particular que pretende aclarar se a estructura construída se corresponde co proxecto.

- Preocupación no BNG polas consecuencias que o avance da dereita pode ter na defensa da memoria histórica.

Esta mañá, ante o monumento ós fusilados no campo da Rata, na Coruña, Ana Pontón, reivindicou políticas valentes

As exportacións continúan as ser determinantes para a evolución positiva da economía galega que volve a niveis de crecemento anteriores á pandemia. Hai un segundo factor tamén importante, o consumo, aínda que centrdo no turismo e hostelaría, porque se reduce o gasto en alimentación. A sombra agora é o aumento dos xuros.
Último día de mes e de traballo para moitos que, precisamente hoxe, se van de vacacións. Non os políticos porque nunha semana empeza a campaña electoral, a oficial, para as eleccións xerais do día 23 de xullo.
Pois na despedida de xuño recuperamos a influencia anticiclónica e soben de novo as temperaturas.

A Xunta vai manter os descontos nos autobuses interurbanos e no transporte marítimo de ría, entre Vigo e os municipios de Cangas e Moaña, ata que remate o ano. Acordouno o Consello da Xunta de hoxe, que ademáis anunciou unha nova oferta de emprego público de case 200 prazas.

Hoxe coñecimos tamén que a economía galega foi ben no primeiro trimestre do ano, cun crecemento próximo ao 3 por cento, grazas ao tirón das exportacións.

Finalmente o servizo galegode saúde adiantará algunhas das intervencións adiadas en Ourense pola avaría dun TAC intraoperatorio. O aparello estropeouse en xaneiro, e logo de varios meses tratando de arranxalo, o sergas decidiu licitar a compra dun novo. Mentres, acumuláronse varios centos de doentes que nalgúns casos advertían de que os seus problemas non admitían máis demora. Unha quincena serán derivados a outros hospitais pra axiliza-las intervencións, ainda que agora os novos ciruxáns están a muda-las súas propostas pra arranxa-los problemas.