Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Hoxe antepenúltima xornada do xuizo do Alvia. Tras dez meses, a vindeira semana quedraá visto pra setentenza..E hoxe destaca outro fallo xudicial: o tribunal superior de Andalucía ratifica a condena de 4 anos de prisión para o futbolista do Celta, Santi Mina por abuso sexual.
Non esquecemos a campaña electoral... penúltimo día: hoxe os principais actos de PP, PSOE e BNG en Lugo: pola mañá Mariano Rajoy e Ana Pontón, e á tarde Pedro Sánchez

Os avogados das víctimas do tren alvia remataron hoxe de expoñer as súas conclusións. A meirande parte coincidiron en mante-la acusación contra o ex alto cago de ADIF e o maquinista do tren. Hoxe escoitamos ó terceiro letrado que exculpa a Francisco JOsé Garzón: foi o avogado do maquinista que lle deu o relevo en Ourense, que descarga tódalas culpas en Andrés Cortabitarte. Mañá escoitaremos a posición de ADIF e Renfe, e a vindeira semana ás aseguradoras e ás defensas, que poñerían fin á vista oral.

Por outra banda, hoxe chegaron ós xulgados dúas novas denuncias por viulneraciín de dereitos fundamentais ós traballadores da CRTVG.

o comisario de pesca non é partidario de empregar fondos públicos pra renovación da flota pesqueir como lle piden os ministros. Ó remate do cumio informa celebrado en Vigo Sinkevicios sinalou que a actuación de debe ser financiad con fondos privados. Sobre o veto á pesca de fondo, anunciou que a finais de mes terán un informe científico que será determinante.
E, segundo conflicto que se desbloque esta semana... agora é o de ambulancias, a suspensión da folga está pendente das asembleas que se van celebrar ó longo da mañá.
Non esquecemos a campaña electoral... Os partidos apuran os tres últimos días pra conseguir o voto pras eleccions do domingo.

O tempo.
Hoxe estaremos nuha situación intermedia, con predominio da influencia anticiclónica e a circulación do nordés. O ceo vai estar máis aberto pola tarde.

O pesqueiro é un sector pequeno en emisións, pero tamén ten pendiente a súa transición ecolóxica. Un asunto que abordan hoxe en Vigo os ministros europeos do ramo. Son varios os retos por diante, segundo sinalaba hoxe alí o comisario de Pesca: as tecnoloxías aínda se están a desenvolver, e as que se van plantexando esixen cambios regulatorios pra modifica-los volumes dos buques. O outro reto é a renovación das flotas pra incorporalas, o que levou ó ministro español, que preside o encontro, a plantexar a creación dun fondo específico pra axudar ó sector...

En Betanzos, a rexidora da localidade acusa o Partido Poular de embarrar a tradición do globo de san roque con acusacións politicas que di a alcadesa nada teñen que ver co lanzamento do aerostato. Maria Barral tamén aclarou que o motivo de que este ano non saia o globo non se debe a problemas económicos se non a unha falta de organización por parte da patronal

Fixeron falta quince reunións para que no sector do metal en Pontevedra se alcanzase un preacordo sobre o convenio que agora terá que ser ratificado polos traballadores. De momento, a folga indefinida que ía empezar hoxe foi suspendida.
Protagonismo pesqueiro para Vigo...os ministros de pesca da Unión Europea tiveron ocasión esta mañá de comprobar o pontencial deste porto cunha visita á lonxa.
Na campaña electoral hoxe destaca a presencia en Galicia do expresidente do goberno, José Luis Rodríguez Zapatero

Vigo, primeiro porto pesqueiro da Unión Europea, como salientaba hoxe o Ministro Luis Planas, acolle dende hoxe ós máximos responsables da unión nesta materia. Hoxe xa escoitaron de mans do sector unah petición: que os avances en sostibilidade teñan en conta a relevancia económica e social desta actividade, e que os apoien pra facela máis sostible. Mañá será o groso destes encontros que tamén abordarán outars materias, dende o relevo xeracional á seguridade alimentaria... Os ecoloxistas reclaman ós ministros que poñan fin á pesca industrial.

Na política derradeira semana antes das eleccións. Veremos qué actos nos agardan pra este luns día 17.

Noutras novas, Hai que lamentar unha nova morte a causa dun tren nun paso. Ocorreu en Lalin na tarde deste domingo. A vitima, un home que accedera ás vías por unha zona non permitida. Do accidente ocorrido na parroquia lucense de Recimil a pasada semana, que se cobrou a vida de dous mozos de león, este mércores hai conovada unha protesta dos veciños pra denunciar a falta de seguridade nese paso a nivel

A pesca protagonista. Por un lado pola reunión informal de ministros de pesca en Vigo e, por outro, polo remate do acordo de pesca con Marrocos que afecta a media ducia de pesqueiros galegos.
Pero tamén a campaña electoral que entra na recta final...Nun luns no que se constitúe a Deputción de Ourense, despois de tres décadas a presidencia deixará de estar vinculada ó apelido Baltar.

O tempo.
Volvemos quedar baixo influencia anticiclónica e sobes as temperaturs. O ascenso será máis acusado na metade sur.
 

A campaña electoral, en plena ebulición, cando queda apenas unha semana pras votacións do 23 de xullo. Para facilitar o voto por correo, hoxe permanecen abertas ata as dúas a meirande parte das oficinas postais de toda Galicia. Mañá volverán estar operativas as das principais cidades, ademais de Sanxenxo, por ser un municipio con alta afluencia turística