Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Manuel Baltar xa ten novo destino... o Senado... Renunciou a presentar a candidatura á presidencia da Deputación Ourense tras ser interceptado cun coche oficial conducindo a 215 quilómetros por hora... o PP non o incluiu na candiddura á Cámara alta nas eleccións do domingo pero vai ocupar un escano que ocupaba Núñez Feijóo en representación da comunidade.
Precisamente Feijóo estará hoxe en Santiago nos actos da ofrenda ó apostolo no que lfonso Rueda actuará de delegado rexio. Santiago tamén acollerá a manisfestación do día da patria galega que sairá ó mediodía da Alameda pra rematar na Quintana.
 

Cúmprense 10 anos do accidente de tren que levou por diante a vida de 80 persoas e deixou 144 feridos. Un aniversario no que non houbo ningún acto oficial de recordo, pero sí unha nova mobilización das víctimas. Un ano máis pediron dignidade e xustiza nunha manifestación na que non faltaron voces contra o fiscal do xuizo que está a piques de rematar, pola súa decisión de non acusar ó único imputado de ADIF que chegou a esta fase da investigación.

O empuxe do Partido Popular en Galicia foi insuficiente para que o seu expresidente, Núñez Feijóo, lograra a maioría que buscaba para poder formar Goberno. O PP galego subiu 3 escanos os mesmos que perde o PSdeG que so conseguiu manter a mesma representación na provincia de Pontevedra.
Sumar e BNG repiten os resultados de ha catro anos.
Agora se non hai repetición electoral, as seguintes será as autonómicas.
Pero hoxe e 24 de xullo... xusto hai dez anos o descarrilamento dun Alvia deixou 80 mortos na curba de Angrois. Hoxe víctimas e familiares vanos lembrar

Boas tardes. Segunda cita electoral en dous meses que nestas primeiras horas transcorre sen incidencias... o voto por correo marcou cifras récord, despois das dúas coñeceremos os primeiros datos de participación.
Os galegos decidimos sobfre 23 escanos, a quinta comunidade que máis deputados escolle.
En Galicia non hai que adoptar medidas especiais polo feito de que os comicios se celebren en pleno verán.... hoxe precisamente non destacan as temperturas.

Este sábado, véspera das eleccións xerais é día de reflexión. E como tal, os lideres políticos fan un paron na sua axenda e aprobeitan para descansar xunto a sua familia e amigos. Se algo destacou nestas eleccións foi a alta demanda que houbo pra pedir o voto por correo. En Galicia, correos admitiu a cantidade de 139.068 votos por esta vía- Pero non todo o mundo puido acollerse a esta modalidade. Por exemplo, os mariñeiros que faenan en alta mar non poden acceder ó voto por correo por carecer de mecanismos telemáticos

Unha viaxe onírica pola historia de Galicia a bordo dun autocar de liña. É a última proposta teatral de "Produccións Excéntricas" que acaba de gañar o premio "Manuel María". Cristina Pérez fala co seu director, Quico Cadaval, e coa actriz Patricia Vázquez, que integra o elenco xunto con Víctor Mosqueira, Rocío González e Marcos Orsi...

Os partidos políticos botan o resto nesta última xornada de campaña electoral... Mentres, temos que lamentar un accidente laboral nunha pizarreira, que se cobrou unha vida en Vilamartín de Valdeorras... Outro compañeiro resultou ferido grave. Foi cando traballaban nunha nave dunha empresa do grupo CUPA, onde se produciu o desprendemento dunha lousa...

Por outra banda, temos unha petición da garda civil de colaboración cidadá: buscan a dous mozos duns 20 anos en relación cunha suposta violación que tivo lugar no Porriño este martes.

Fiscalía de Medio Ambiente abre dilixencias contra responsables de Augas de Galicia polas verteduras da mina de San Finx, en Lousame. Ecoloxistas en acción amósase satisfeito e esperan que se consiga frear o vertido que segundo din, suporía verter mil millóns de litros anuais á ría de NOia, próxima ós bancos marisqueiros.


Na política, Veremos como cada día os actos máis destacados para esta última xornada previa as eleccións deste domingo

A campaña electoral chega ó seu fin... en pouco máis de 48 horas ábrense as urnas.
Nas derradeiras horas Galicia recibe ós dous principais candidatos á presidencia: Pedro Sánchez xa estivo en Lugo e pola tarde Núñez Feijóo pechará na Coruña.
Nunha xornada na que coñecemos que a fiscalía abre unha investigación á directora de augas de Galicia por autorizar verteduras da mina de San finx.
E a investigación xudicial pola morte hai 20 anos da moza Deborah Fernández seguirá aberta. O xulgado rexeita o arquivo como pedía a familia

Hoxe no xuizo polo accidente do Alvia de hai case 10 anos escoitamos ós letrados de ADIF e Renfe. O abogado do Estado que representa á xestora das infraestructuras insistiu en rebate-los argumentos que sosteñen a responsabilidade do seu ex director de seguridade. Insistiu na responsabilidade do maquinista e só recoñeceu un erro de ADIF; a falta de atención ás víctimas. Pola súa banda, o avogado de Renfe considerou que o maquinista tiña que atender a chamada que tantas acusacións puxeron en cuestión...
 

Os recortes no profesorado anunciados pola Xunta este mes pro vindeiro curso, aumentan o descontento das familias e dos profesionais da educación que ven un inicio de periodo académico con máis saturación da habitual e unha peor calidade asistencial