Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O hidroducto de hidróxeno verde entre Guitiriz e Zamora foi o único treito do mapa en España que quedou fora dos proxectos de interese común da Unión Europea. Unha decisión da Unión Europea da que o goberno galego responsabiliza ó goberno central. Aínda así, manterán a busca de fontes de financiamento que permita levalo a cabo. Enagás asegura que mantén nas súas previsións este proxecto, comprometido coa Xunta, e o delegado do Goberno fai un chamamento á tranquilidade. Di que Galicia non vai quedar fóra nin do hidróxeno verde nin doutras enerxías renovables.

Bo día. Aumenta a tensión no conclito entre o concello de BEtanzos e Augas de Galicia polo gromo de gastroenterite do verán. A consellería defende que a causa foi o estado da rede do abastecemento, e a alcaldesa insiste en que a Xunta minte.

Boas novas para a sanidade da provincias. As tres áreas conseguiron reducir os tempos de agarda respecto ao primer semestre do ano pasado. A meta é acadar os niveis previos á pandemia.

O Concello de Santiago manterá o alugueiro dos autbousers que cuestiona o interventor. Desde o goberno local aseguran que é un procedemento habitual.

Santiago converterase esta fin de semana na capital do bel canto nunha nova edición do concurso "Compostela Lírica".

O hidroduto proxectado por Enagás entre Guitiriz e Zamora para levar hidróxeno verde á Península, e de aí a Europa, non será financiado con fondos europeos. A decisión da Comisión provocou o enfado do presidente da Xunta, que culpa desa decisión á falta de apoios do goberno central a ese proxecto.

En Carballeda de Valdeorras 250 traballadores das louseiras Samaca e Irosa -e moitos centos máis empregos indirectos- verán esta mañá, se nada o impide, como o seu futuro laboral queda en perigo. Terán que deixar finalmente os terreos nos que están situadas.

Por certo O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia suspende cautelarmente a licenza do proxecto de parque eólico Campo das Rosas, situado entre os concellos de Cerdedo-Cotobade, Campolameiro e A Estrada. Foi a raíz dunha iniciativa da Asociación Ecoloxistas en Acción Galiza. O proxecto impulsado por Naturgy conta coas autorizacións administrativas previas e de construción da Xunta. O alto tribunal terá agora que analizar o fondo da cuestión e tomar un decisión definitiva.

En Fisterra, o restaurante Terra, de Brais Pichel, gaña a súa primeira Estrella Michelín. É o único establecemento en Galicia que entra na listaxe das 30 novas distincións concedidas.

Intranquilidade en Valdeorras entre os traballadores das pizarreiras de Irosa-samaca. Os comuneiros veñen de romper o acordo que paralizaba o desaloxo previsto pra mañá. Descoñecen o motivo pero o que sí saben seguro é que sen acordo, 250 persoas quedarán mañá na rúa sen traballo.
 

A folga no ensino está a ter un seguimento mínimo, segundo a Xunta, e maioritario, segundo os convocantes. Á marxe da guerra de cifras, a CIG, principal organización impulsora do paro sostén que o acordo asinado entre a Consellería e unha minoría sindical non recupera o horario lectivo previo ós recortes, e que a baixada das rateos é demasiado pequena. O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, non ve marxe pra achegar posturas . Entende que sería un desprezo ós sindicatos que sí asinaron o acordo, Comisións, Anpe e UGT.

A Xunta ofrece aos traballadores de Einsa, nas Pontes, formación para a súa reinserción laboral. A falta de horas para que remate o prazo de negociacións do ERE os afectados reuníronse co goberno galego.

En Cee comezaron as mobilizacións das ANPAS dos Institutos en protesta polas deficiencias no transporte do alumnado. Padecen retrasos, escaseza de prazas e inseguridade nas viaxes.

Os pensionistas saíron tamén ás rúas este luns, fixérono en Santiago pra denunciar a decisión da Xunta de privatizar a xestión das residencias de maiores construídas pola Fundación Amancio Ortega.

O Concello de Santiago deseñou unha programación de Nadal coa que quere crear marca de cidade, e que arrancará este venres co acendido das luces.
 

Día de folga no ensino. Arestora están xa abertos ou a piques de facelo algúns centros educativos como parte do servizo de madrugadores, os servizos mínimos deben garantir a apertura tanto para a actividade docente coma para o coidado e vixilancia.

As primeiras horas do día deixan un terremoto de 3'5 graos sobre ás seis da mañá que se sentiu nas provincias de Ourense e Pontevedra.

E as familias do Villa de Pitanxo están satisfeitas polas declaracións escoitadas este luns na Audiencia Nacional: os testemuños de mariñeiros enrolados no buque galego en mareas anteriores ó naufraxio declararon que fallaba a seguridade.

Na política, o galego Miguel Tellado, ex deputado autonómico é o escollido por Núñez Feijóo coma portavoz popular no Congreso.

E hai que lamentar a morte do profesor e escritor coruñés Miguel López, coñecido nas redes coma El Hematocrítico. Tiña 47 anos e morreu tras sufrir un infarto, confirmouno a súa parella, a escritora Ledicia Costas.