Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A deputada por Lugo Olga Iglesias estrea do voto telemático do Congreso. // Enrique López Veiga, novo senador. // Protestas contra o rescate europeo á banca española. // Os acredores do estaleiro Barreras aceptan cobrar só o vinte por cento. // O Batallón de Zapadores da Brilat volve bater marcas no concurso de patrullas Tui Santiago. // A pesca artesanal en Galicia. (12/06/12)

UXT e CCOO esíxenlle ó presidente da Xunta que pida contas á auditora que avalou a fusión das caixas galegas. O Banco de España volve elixir agora a KPMG para auditalas contas de Novagalicia Banco.Os dous sindicatos maioritarios chaman ós galegos a sairen á rúa o día 20 para protestaren contra os novos recortes.Afectados polas preferentes reclaman a devolución do seu diñeiro en Boiro,Escarabote,Ourense e Val Miñor.Os funcionarios da Xunta terán horario reducido entre o 1 de xullo e o 31 de agosto.O exconselleiro Henrique López Veiga,novo senador autonómico en substitución de Romay Beccaría.Medio Ambiente estuda modifca-lo Plan de Residuos de Galicia.Falamos con Olga Iglesias,deputada do PP lugués en avanzado estado de xestación, que hoxe estreou o voto a distancia no Congreso, por vía telemática

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, considera que a petición de axuda a Europa para sanear o sistema financeiro español é a menos mala das alternativas posibles. // Nos últimos tres anos creáronse 5.500 novas prazas públicas en escolas infantís e centros de día. // Os centros tecnolóxicos da automoción, o metal e as conservas alíanse na principal institución privada galega de innovación. // Máis de 30.000 persoas piden na rúa, en Ferrol, medidas que garantan o futuro do sector naval da comarca. // O Lugo, máis preto de ocupar en Segunda A un dos postos que deixaron Deportivo e Celta. // Recordamos ao Galatea, o buque escola antecesor do Juan Sebastián el Cano. (11/06/12)

Ceos anubrados con chuvias xeneralizadas, máis intensas na metade oeste e no norte de Lugo. Ventos de compoñente oeste, moderados con momentos fortes no litoral norte de A Coruña e na costa de Lugo. Temperaturas en descenso entre lixeiro e moderado. (11/06/12)

O presidente da Xunta considera que a petición de axuda a Europa é a menos mala das alternativas posibles. // Nos últimos tres anos creáronse 5.500 novas prazas públicas en escolas infantís e centros de día. // Os centros tecnolóxicos da automoción, o metal e as conservas alíanse. // Máis de 30.000 persoas piden medidas que garantan o futuro do sector naval. // O Lugo, máis preto da Segunda A. // O Galatea, o antigo buque escola con base en Ferrol. (11/06/12)

Os sindicatos de Novagalicia dan por feito que o rescate ós bancos españois suporá novos recortes de persoal e peche de oficinas.Feijóo cré que se trata da solución "menos mala" e que garante un "futuro propio" para NCG.PSdGa e BNG temen que o crédito concedido á banca española traiga máis déficit e máis recortes.A Xunta non desbota entrar no capital de Barreras.Peche de traballadores da empresa Privilege na sede do PP de Narón.Corcubión acolle unha xornada en defensa da pesca artesanal,organizada por Greempeace.Falamos con María e Manuel Lourenzo, filla e pai galardoados co Premio Xerais de Novela pola súa obra "Tonas de laranxa"

A voceira do BNG no Parlamento Galego, Ana Pontón, é a nosa convidada na "entrevista do domingo" en RNE-G. A política nacionalista refírese á posición da Xunta ante o conflito das preferentes, á crise do sector naval e ó acordo asinado recentemente entre o goberno galego e a ptroleira mexicana PEMEX. Ana Pontón tamén se pronuncia sobre a situación interna do BNG

Os grupos acordan por unanimidade solicitar a devolución das indemnizacións millonarias dos ex-directivos de Novagalicia Banco.PP,PSdG e BNG instan a facelas xestións oportunas para que os afectados polas preferentes poidan recuperala totalidade dos seus investimentos.O grupo popular proporá ó ex-conselleiro Enrique López Veiga como senador por designación autonómica, en substitución de Romay Beccaría.A Xunta garante a viabilidade do futuro dos aeroportos galegos

Día dos océanos. // A Xunta participa tamén na celebración mostrando, sobre todo aos máis pequenos, os medios de salvamento marítimo e de loita contra a contaminación cos que conta Galicia. // O Banco de España calcula que Novagalicia Banco ten que facer un saneamento dos seus activos inmobiliarios por valor de 4.500 millóns de euros. // Un artefacto de fabricación caseira e pouca potencia explotou esta madrugada na sede do Partido Popular en Ribadumia. // Roupa vestida de revés por un día para que os que aínda non o fan, se animen a colaborar coas organizacións non gobernamentais. // Os alumnos de primaria do colexio da Mezquita, en Ourense, crean unha ópera. (08/06/12)

Ceo nubrado pola mañá, con algunha chuvia débil e dispersa. Pola tarde iranse abrindo claros e remitindo as chuvias. Vento frouxo de compoñente Oeste, con algún intervalo de moderado no Norte de A Coruña e Lugo. Temperaturas mínimas en lixeiro e moderado descenso; e máximas sen cambios significativos. (08/06/12)

Día dos océanos. // A Xunta mostra os medios de salvamento marítimo e de loita contra a contaminación. // Novagalicia Banco precisa 4.500 millóns de euros adicionais. // Un artefacto explotou de madrugada na sede do Partido Popular en Ribadumia. // Roupa vestida de revés por solidariedade. // Os alumnos de primaria do colexio da Mezquita crean unha ópera. (08/06/12)

A secretaria de Estado de Facenda asegura en Santiago que o Goberno decidirá sobre Novagalicia Banco cando teña unha cifra concreta sobre as súas necesidades.Marta Fernández Currás desmente que España vaia pedilo rescate bancario este sábado.Unanimidade no Parlamento Galego para pedila devolución da totalidade do diñeiro ós afectados polas preferentes.Estoura un artefacto caseiro na sede do PP en Ribadumia.O BNG pídelle á Xunta que rectifique e que garanta a gratuidade das accións de Salvamento.Preséntase un plan para minimiza-lo impacto da pesca nas tatarugas mariñas

A policía intercepta na AP-9 media tonelada de cocaína. Hai oito detidos. // O Goberno galego comezou hoxe a tramitación dunha nova lei que pretende fomentar as investigacións que se traduzan en resultados produtivos. // O Concello de Ourense sacará a concurso a conversión do antigo cárcere nun hotel balneario dentro dun ano. // Xoves de Corpus, festa da Coca en Redondela. Os bailes tradicionais, das espadas e as penlas marcan a diferenza con outras localidades. // O concello pontevedrés de Sanxenxo terá 17 bandeiras azuis nos seus 36 km de costa. (07/06/12)

Chuvias xeneralizadas nas primeiras horas, que poden alcanzar intensidade puntualmente forte, pero a medida que avance a xornada serán máis illadas e ocasionais. Vento de compoñente Oeste, forte durante a madrugada no litoral e zonas altas do interior, tendendo a diminuír a súa intensidade co avance da mañá. Temperaturas mínimas sen cambios, mentres que os valores máximos terán un lixeiro descenso. (07/06/12)

A policía intercepta na AP-9 media tonelada de cocaína. Hai oito detidos. // O Goberno galego comeza a tramitación da nova lei de innovación. // O Concello de Ourense sacará a concurso a conversión do antigo cárcere nun hotel balneario. // Xoves de Corpus, festa da Coca en Redondela. // Sanxenxo terá 17 bandeiras azuis. (07/06/12)

Marcha pacífica dos traballadores da ría de Ferrol en demanda de carga de traballo. Operarios de Navantia cortan o acceso á cidade pola AP-9. Camións que transportaban madeira aparecen coas rodas picadas en Ferrolterra e na Mariña de Lugo.A Xunta da luz verde á Lei de Investigación e Innovación de Galicia.PSdG e sindicatos coinciden en que a solución ó problema da débeda pasa pola creación de emprego.Afectados polas participacións preferentes rexeitan a proposta do executivo galego de someterse a unha arbitraxe.Arsenio Iglesias e Míchel Salgado,entre os galardoados coas medallas Castelao 2012.Vilanova da Arousa acollerá este sábado o sorteo da Lotería Nacional, que poderán seguir en directo por Radio 5

Textos xornalísticos para comezar tres días de selectividade para dez mil estudantes en Galicia. // Quince barcos de Burela e algún doutros portos ultiman os preparativos para comezar a costeira do bonito. // Once granxas da cooperativa Feiraco reciben a máxima certificación de calidade e seguridade alimentaria no seu proceso produtivo. // Un 32 por cento dos galegos teñen hoxe máis de 65 anos, unha porcentaxe á que chegará o conxunto de España en 2050. // O ano pasado operaron nos hospitais galegos 290 transplantes grazas a xenerosidade de 90 doantes. (06/06/12)

Ceos parcialmente nubrados con chuvias débiles pola mañá no litoral atlántico, que de modo illado se poden estender ao interior pola tarde. Vento frouxo de compoñente Oeste, con intervalos de moderado no litoral da provincia de A Coruña pola tarde e algún intervalo forte durante a noite. Temperaturas sen cambios significativos. (06/06/12)

Comezan tres días de selectividade para dez mil estudantes en Galicia. // Ultiman os preparativos para a costeira do bonito. // Feiraco recibe a máxima certificación de calidade e seguridade alimentaria no seu proceso produtivo. // Un 32 por cento dos galegos teñen hoxe máis de 65 anos. // O ano pasado operaron nos hospitais galegos 290 transplantes. (06/06/12)