Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O secretario xeral do PSdeGa-PSOE,Pachi Vázquez, é o noso convidado na "entrevista do domingo" de RNE-G. Vázquez fala dunha "confrontación clara" entre a Xunta e o Goberno central en relación coas datas de chegada do AVE a Galicia. O líder dos socialistas galegos asegura, ademais, que a convocatoria de primarias para elixir candidato á Xunta terá lugar o 21 de xullo, e que se celebrarán en setembro

La Cidade da Cultura de Santiago, una obra del arquitecto norteamericano Peter Eisenman, una primera gran exposición en la que, a través de la piedra, se resume la historia del noroeste de la península.

O grupo popular volve impedir que se debata no vindeiro pleno a petición de creación dunha comisión de investigación sobre as caixas.O portavoz do grupo maioritario,Pedro Puy, tamén nega que traballen coa previsión dun posible adianto electoral en Galicia. Os socialistas rexistran na Cámara a petición de que o Parlamento recorra ante o Constitucional os reais decretos de medidas urxentes en Sanidade e Educación

A Xunta busca unha maior rendibilidade para a Cidade da Cultura e reducir á metade o que lle costa á administración autonómica. // Poucas e caras. O quilo de sardiñas vendíase esta mañá nalgunhas lonxas a máis de dez euros. // Parte de Vigo o buque o oceanográfico Sarmiento de Gamboa para estudar os efectos do cambio climático en Groenlandia e o Mar do Norte. // A orquesta Sinfónica de Galicia interpreta a banda sonora da última película de Daniel Calparsoro. // O Lugo viaxa mañá a Cádiz para disputar a última eliminatoria polo Ascenso a Segunda A. (22/06/12)

As nubes irán diminuíndo conforme pasen as horas para quedar pola tarde co ceo despexado, só con nubes de estancamento que se irán formando no Norte da provincia de Lugo. Vento de compoñente Oeste frouxo pola mañá virando a compoñente Norte á tarde, con intervalos moderados nas Rías Baixas. Temperaturas mínimas en descenso entre lixeiro e moderado e máximas sen cambios ou en lixeiro ascenso. (22/06/12)

A Xunta busca unha maior rendibilidade para a Cidade da Cultura. // O quilo de sardiñas vendíase esta mañá nalgunhas lonxas a máis de dez euros. // Parte de Vigo o buque o oceanográfico Sarmiento de Gamboa para estudar os efectos do cambio climático. // A orquesta Sinfónica de Galicia interpreta a banda sonora da película `Invasor¿. // O Lugo, a un partido do ascenso. (22/06/12)

A Xunta recortará nun 50% o presuposto adicado ó Gaiás.Cultura presenta o Plan Estratéxico que prevé novas fontes de financiamento para limitar ó máximo o subministro de fondos públicos.A Xunta Xeral de Accionistas de Novagalicia Banco revisa as contas do 2011.Afectados polas preferentes maniféstanse ás portas da entidade para esixila devolución íntegra dos seus aforros.O PSdeG pide que o Parlamento recorra ó Constitucional os recortes en Sanidade e Educación.A sardiña acada os 20 euros o kilo en A Coruña na véspera de San Xoan.Falamos co alcalde de Lugo,Xosé López Orozco,sobre o "Arde Lucus", a festa que recrea o pasado romano da cidade.O concello aspira a acadalo medio millón do visistantes

A Xunta pon en marcha un plan de inspeccións no sector turístico para tentar evitar o intrusismo, a publicidade enganosa e as fraudes na restauración. // Esta tarde vaise saber a cantidade que necesita NovaGalicia Banco, dentro do crédito concedido a España para sanear as entidades en situación difícil. // Protestas dos traballadores da Xunta contra os recortes e a privatización de servizos públicos. // Un colexio de monxas de Ourense pretende vender os libros de texto do curso que ven no propio centro, algo que está prohibido por lei. // Últimos preparativos en Lugo para a úndecima edición do Arde Lucus, a festa de recreación do pasado romano da cidade. // Todo listo para o concerto de Björk en Santiago. (21/06/12)

Nas primeiras horas, ceos nubrados con chuvascos que irán desaparecendo ao longo da xornada, xa con sol pola tarde, agás no litoral Oeste, onde permanecerán as nubes alternando cos claros. Vento do Oeste en xeral, moderado no litoral Norte con momentos fortes arredor de Bares. Temperaturas sen cambios significativos. (21/06/12)

Plan de inspeccións no sector turístico. // Esta tarde vaise saber a cantidade que necesita NovaGalicia Banco para sanearse. // Protestas dos traballadores da Xunta contra os recortes. // Un colexio de monxas de Ourense pretende vender os libros de texto no propio centro. // Últimos preparativos en Lugo para o Arde Lucus. // Todo listo para o concerto de Björk en Santiago. (21/06/12)

A Xunta aproba o plan contra incendios, que prevé a instalación de cámaras de vixilancia en puntos estratéxicos.A conselleira de Facenda fai fincapé en que a iniciativa para converterse en Fundación debe partir de Novacaixagalicia.Unha cadea humana rodea a sede da Xunta, en Santiago, en protesta pola Lei de Medidas de Emprego Público.O Estado pagará unha indemnización millonaria ós antigos propietarios da illa de Ons.Falamos co profesor Manuel Vázquez,organizador do congreso internacional de enerxia solar, que hoxe presenta en Vigo o primeiro atlas solar español

Máis do 70% dos concellos galegos ten débedas coas empresas que recollen o lixo. Pendente tamén está a factura coas plantas onde se trata. // A Xunta e as catro deputacións provinciais galegas acordan colaborar máis entre elas para reducir gastos. // Un banco vende apartamentos por vinte mil euros en Barreiros, na Mariña de Lugo. // Comezan en Carballeda de Avia, en Ourense, as mobilizacións en contra dos recortes nas escolas do rural. // A Axencia Estatal de Meteoroloxía cualifica de normais as chuvias e as temperaturas da primavera que remata e pronostica un verán de bo tempo en Galicia. // Congreso europeo de ortodoncia en Santiago. (20/06/12)

Ceos parcialmente cubertos pola mañá coa posibilidade dalgunha chuvia na metade Oeste. Pola tarde as chuvias irán entrando pola metade Oeste e cara á noite serán xeneralizadas en toda Galicia e caerán con intensidade puntualmente forte. Vento soprará frouxo do Nordés no litoral Norte e variable no resto. Temperaturas mínimas sen cambios significativos, e máximas en lixeiro ou moderado descenso. (20/06/12)

Máis do 70% dos concellos galegos ten débedas coas empresas que recollen o lixo. // A Xunta e as deputacións acordan colaborar para reducir gastos. // Apartamentos por vinte mil euros en Barreiros, en Lugo. // Comezan as mobilizacións en contra dos recortes nas escolas do rural. // A Axencia Estatal de Meteoroloxía pronostica un verán de bo tempo en Galicia. // Congreso europeo de ortodoncia en Santiago. (20/06/12)

Dúbidas de usuarios e asociacións ante o anuncio de limitar a velocidade nas estradas secundarias aos 90 quilómetros por hora. // O presidente da Xunta anuncia a ampliación do convenio coa petroleira pública mexicana. Vanse construír tamén dous buques quimiqueiros, probablemente en Navantia. // A economía galega resiste mellor a crise que a do conxunto do estado. // A Xunta avanza que este ano vai gastar 92 millóns de euros na loita contra os incendios forestais. // Un emprego a cambio das pagas extra do alcalde e dous concelleiros. // 185 viños das cinco denominación de orixe compiten por seren considerados os mellores de Galicia. (19/06/12)

Dúbidas ante o anuncio de limitar a velocidade nas estradas secundarias. // Ampliación do convenio coa petroleira pública mexicana. Vanse construír tamén dous buques quimiqueiros. // A economía galega resiste mellor a crise. // A Xunta vai gastar 92 millóns de euros na loita contra os incendios forestais. // Emprego a cambio das pagas extra. // 185 compiten por seren considerados os mellores de Galicia. (19/06/12)

Ceo anubrado canto máis ao Norte, con posibilidade de orballos. Máis despexado no resto de Galicia. Vento de compoñente Norte, moderado en xeral, con intervalos fortes no litoral pola tarde. Temperaturas sen cambios, ou en lixeiro ascenso. (19/06/12)

Os estaleiros da ría de Ferrol manteñen as mobilizacións pese ó acordo da Xunta coa petroleira mexicana para a construcción de dous quimiqueiros.Afectados polas preferentes esixen a devolución das multas que se lles impuxeron durante as mobilizacións.Operarios de SEAGA denuncian a privatización encuberta do servizo contraincendios,que este ano deixará de contratar a 1.500 traballadores.Xunta e deputacións asinan un protocolo de colaboración logo de aceptaren algunhas reivindicacións do socialista Gómez Besteiro.O executivo galego e as tres universidades negocian o decreto que recollerá a suba das taxas para o vindeiro curso.A Torre de Hércules reabre as súas portas, tras permanecer pechada máis de cinco meses por obras.

A armada mexicana proporá a Navantia-Ferrol a construcción de dous buques quimiqueiros.O presidente da Xunta anuncia a ampliación do contrato asinado coa petroleira PEMEX para construir catorce remolcadores en Vigo. A próxima semana celebrarase o último pleno do actual periodo de sesións, ainda que o PP non desbota algunha sesión extraordinaria en xullo.O recorte da xornada de verán para os funcionarios comezará o 14 de xullo e rematará o 14 de setembro.Entran en servizo dous novos viais da Terceira Ronda de A Coruña.Científicos galegos comproban que as cunchas de mexillón absorben contaminantes do solo.Publícase en inglés "Longa Noite de Pedra", de Celso Emilio Ferreiro