Os galegos miramos máis a calidade que o prezo á hora de facer a compra. // O comercio de roupa e calzado agarda facturar uns 72 millóns de euros, na campaña de rebaixas estival, un dez por cento menos que o ano pasado. // A Xunta vai construir 15 novos centros de saúde e ampliar o servizo de urxencias e a zona cirúrxica do hospital comarcal do Salnés. // Os sindicatos médicos aseguran que a sanidade pública galega vai perder uns de 270 facultativos nos próximos dous anos. // Polémica en Pontevedra pola decisión da Deputación de suprimir o organismo que viña xestionando o Museo provincial. // Milladoiro regresa ao Teatro Colón da Coruña. 29/06/12
Os galegos miramos máis a calidade que o prezo á hora de facer a compra. // O comercio de roupa e calzado agarda facturar uns 72 millóns de euros nas rebaixas. // A Xunta vai construir 15 centros de saúde e ampliar o hospital comarcal do Salnés. // A sanidade pública galega vai perder uns de 270 facultativos en dous anos. // A Deputación suprime o organismo que viña xestionando o Museo provincial de Pontevedra. // Milladoiro regresa á Coruña. 29/06/12
Ceo máis anubrado canto máis ao Oeste, con precipitacións moi débiles, principalmente pola mañá nas provincias da Coruña e Pontevedra. Pola tarde tenden a remitir as precipitacións. Vento frouxo de compoñente Oeste, con intervalos moderados no litoral e no terzo Norte. Temperaturas en descenso entre lixeiro e moderado. 29/06/12
Medicamentos máis caros a partir do domingo. Entra en vigor o copagamento farmacéutico. // Para o PP, una decisión responsable. Para os grupos da oposición, outro recorte do estado de benestar. // O co presidente de Novacaixagalicia, Julio Fernández Gayoso presenta a dimisión, despois de que lle fose reclamada por algúns membros do consello de administración da entidade. // Folga e manifestacións en Ferrolterra en protesta pola falta de saídas á crise que sofre a comarca. 28/06/12
Medicamentos máis caros a partir do domingo. // Para o PP, una decisión responsable. Para a oposición, outro recorte. // O co presidente de Novacaixagalicia, Julio Fernández Gayoso presenta a dimisión. // Folga e manifestacións en Ferrolterra. 28/06/12
Néboas e ceos nubrados no litoral de Pontevedra e A Coruña, con algúns chuvascos ocasionais, mentres que nas provincias de Lugo e Ourense quedarán máis despexados. Vento frouxo de Oeste-sueste, con intervalos de moderado no Norte de Lugo e A Coruña. Temperaturas mínimas en moderado descenso; mentres que as máximas baixarán de forma entre moderada e notable. 28/06/12
Aumenta a presión sobre o copresidente de Novacaixagalicia,Julio Fernández Gayoso,para forzala súa demisión.Un vogal do Consello de Administración adiantou que pedirá a renuncia de Gayoso na xuntanza que se celebra hoxe en Vigo.A conselleira de Sanidade confirma que os pensionistas galegos non anticiparán o pagamento dos fármacos.Prisión provisional e sen fianza para os exnoivo da moza asasinada en Narón.Feijóo avogou por un galeguismo integrador no acto de entrega das medallas Castelao. Recibiron a distinción o ex-adestrador do Depor Arsenio Iglesias, e o que fora xogador do Celta, Michel Salgado. Tamén recibiron medallas Castaleo a exconselleiroa Manuela López Besteiro,o médico Federico Martinón e o maxistrado Román García Varela.
A Xunta anuncia que plantexará en xullo a comisión que investigue a fusión das caixas. // Protestas contra os recortes e o reagrupamento de alumnos. // Os lingüistas recomendan ver as series e películas en versión orixinal. // Últimos traballos da primeira fase da rehabilitación e consolidación do Castro de Baroña. // Moita calor, sobre todo no interior das provincias de Lugo e Ourense. // España-Portugal, a rivalidade futbolística na fronteira. 27/06/12
Ceos parcialmente nubrados con nubes de tipo medio e alto e nubes de evolución que poden deixar algún chuvasco illado no interior e que pola tarde serán máis numerosos sobre zonas altas de Ourense e Lugo, onde poden ir acompañados de tormentas. Vento frouxo de dirección variable pola mañá, con áreas de calma, e frouxo do Sueste pola tarde, con algúns intervalos de moderado nos arredores de Fisterra. Temperaturas mínimas en lixeiro ou moderado ascenso e máximas sen cambios significativos, agás no terzo Norte, onde ascenderán de modo moderado. 27/06/12
A Xunta proporá en xullo una comisión de investigación sobre a fusión das caixas.Feijóo adianta que os pensionistas non terán que adiantar máis de oito euros polos medicamentos.O Consello Interterritorial de Saúde analiza a proposta do Ministerio de retirar outros 450 fármacos do financiamento público.Unións Agrarias da vinte días á Xunta para dar unha solución á crise do sector lácteo.Visitamos Tui e Valenca e falamos cos seus alcaldes, que esta noite verán xuntos ó partido España-Portugal
- Una vez llegados al límite de 8 euros, no adelantarán más dinero
- El decreto obliga a seguir cobrando y luego reingresar el exceso
- Andalucía propone una medida similar a la de Galicia
Silencio no Parlamento galego..., e en Narón, para denunciar a violencia de xénero. O pleno do concello coruñés decretou un día de loito oficial en memoria da última das vítimas, unha moza de 28, veciña deste municipio. // Accidentada sesión plenaria no Parlamento galego. // Novagalicia Banco, ao nivel do bono lixo, tras a rebaixa da axencia Moody's. // Unha homenaxe ás vítimas da droga nun lugar que foi símbolo da prepotencia dos narcotraficantes. En Vilanova de Arousa, no pazo de Vista Real, que pertenceu ao clan dos Charlíns. // No concello ourensán de Leiro os termómetros poderían superar hoxe os 40 graos. // Multitudinaria celebración nas rúas de Lugo do ascenso de categoría do seu equipo de fútbol. 26/06/12
Silencio, para denunciar a violencia de xénero. // Accidentada sesión plenaria no Parlamento galego. // Novagalicia Banco, ao nivel do bono lixo. // Unha homenaxe ás vítimas da droga nun lugar que foi símbolo da prepotencia dos narcotraficantes. // No concello ourensán de Leiro os termómetros poderían superar hoxe os 40 graos. // Multitudinaria celebración do ascenso do Lugo. 26/06/12
Ceos pouco nubrados ou despexados, con algunhas nubes de tipo medio e alto entrando polo Sur e néboas costeiras matinais no Norte de Lugo e A Coruña; pola tarde crecerán nubes de evolución en zonas altas. Vento frouxo do Nordés no terzo Norte e frouxo variable no resto. Temperaturas mínimas en lixeiro ascenso e máximas en ascenso lixeiro ou moderado, podendo alcanzar valores por enriba dos 34 graos en localidades costeiras e dos 36 no interior. 26/06/12
O Parlamento aproba as Leis de Montes e de Vivenda, só cos votos do PP. A presidenta da cámara suspende o pleno durante media hora por unha protesta do BNG. Detido o exnoivo da moza asasinada en Narón.Traballadores de Navantia e das industrias auxiliares concéntranse na ponte das Pías.Os hostaleiros alertan das perdas que o incremento do IVE suporía ó sector. Vilariño de Conso busca novos veciños con nenos para evitalo peche do colexio. A Xunta ofrece unha recepción ó clube deportivo Lugo tralo ascenso á segunda división do fútbol español
- Por un posible delito de administración desleal o de apropiación indebida
- Considera que los gestores "no tenían derecho" a cobrar estas prejubilaciones
- La Fiscalía solicita que cuatro de ellos devuelvan 7,87 millones de euros
A multinacional da roupa Inditex amplía as instalacións que ten na Coruña para continuar coa súa expansión mundial. // Expertos e representantes de institucións debaten sobre a cooperación territoral como ferramenta para o futuro da Unión Europea. // Os expertos internacionais en economía enerxética propoñen cambios fiscais que penalicen ás construccións e aos edificios menos sostibles. // Seis bidóns con 1200 litros dun ácido tóxico levan tres semanas á intemperie nas antigas instalacións dunha empresa areeira de Sarreaus, en Ourense. // Ata os penaltis tivo que sufrir o Lugo para lograr o ascenso á división de prata do fútbol español. 25/06/12
Inditex amplía as instalacións que ten na Coruña para continuar coa súa expansión. // Debate sobre a cooperación territoral como ferramenta para o futuro da Unión Europea. // Piden cambios fiscais que penalicen ás construccións menos sostibles. // Seis bidóns con 1200 litros dun ácido tóxico levan tres semanas á intemperie nas antigas instalacións dunha empresa areeira. // Ata os penaltis tivo que sufrir o Lugo para lograr o ascenso. 25/06/12
Día de sol, agás no litoral norte, onde haberá brumas costeiras e intervalos de nubes. Pola tarde crecerán nubes de evolución en zonas altas de Ourense e Lugo. Temperaturas en ascenso tanto as mínimas como as máximas. Ventos frouxos de compoñente norte, con intervalos de moderados nas Rías Baixas. 25/06/12
Feijóo anuncia que Galicia manterá dúas terceiras partes dos fondos estructurais da UE,pese ó recorte presupostario.A Fiscalía Anticorrupción actúa contra cinco ex-directivos de Novacaixagalicia polas prexubilacións.UXT denuncia que a Xunta recorta nun 30% o dispositivo contra o lume.O PSdeG-SPOE expedienta a Carmela Silva e deixa en mans de Rubalcaba a decisión sobre o seu futuro político.Pais de alumnos de Samos e O Incio protestan contra o agrupamento de nenos de distintas idades.