- Así lo determina un estudio publicado en 'Occupational and Environmental Medicine'
- El estudio se ha realizado entre 500 pescadores expuestos al fuel
- La exposición al combustible marca la gravedad de los síntomas respiratorios
O presidente de Novagalicia Banco explícalle aos sindicatos o plan de recapitalización que lle presentou ao Banco de España. // Consellería de Medio Ambiente e Deputación de Pontevedra asinan un convenio para mellorar a protección da zona baixa do río Umia. // Aprobado con nota da Unión Europea ao sistema de control sanitario da produción e comercialización dos moluscos de Galicia. // Comezan a circular os primeiros trens híbridos Alvia entre Galicia e Madrid, que utilizan tanto as vías de alta velocidade como as convencionais. // Importante vitoria do Lugo por 3 a 1 contra o Cádiz no primeiro partido da eliminatoria final polo ascenso a Segunda A. // Seis artistas divulgan a arte do graffiti no colexio de Maside, en Ourense. (18/06/12)
O presidente de Novagalicia Banco explícalle aos sindicatos o plan de recapitalización. // Convenio para mellorar a protección do río Umia. // Aprobado con nota da Unión Europea ao sistema de control sanitario dos moluscos de Galicia. // Comezan a circular os primeiros trens híbridos Alvia entre Galicia e Madrid. // Vitoria do Lugo no primeiro partido da eliminatoria final polo ascenso a Segunda A. // Seis artistas divulgan o graffiti no colexio de Maside, en Ourense. (18/06/12)
Ceos moi anubrados con chuvias débiles e ocasionais, máis probables no norte de Lugo. No resto de Galicia, ceos anubrados cunha apertura progresiva de claros. Ventos de compoñente norte, frouxos en xeral, e moderados con intervalos fortes no litoral atlántico. Temperaturas en ascenso entre lixeiro e moderado. (18/06/12)
Os sindicatos de NCG aseguran que "todo sigue igual" trala xuntanza co presidente da entidade,José María Castellano.As centrais evitan pronunciarse sobre o plan de recapitalización remitido ó Banco de España.Os socialistas crén que Feijóo debe comparecer no Parlamento para aclarala situación do sistema financeiro e da débeda pública.O popular Pedro Puy lembra que o endebedamento de Galicia é inferior á media estatal.O voceiro do PSdeG admite que un eventual adianto electoral dificultaría o proceso de primarias.A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público califica cun "suspenso total" ó conselleiro de Educación. A Deputación de Lugo recorrerá o decreto da Xunta que regula a axuda no fogar para os concellos de menos de 20.000 habitantes. O C.D. Lugo, máis cerca da 2ª división trala victoria por 3-1 fronte ó Cádiz
O portavoz do PP no Senado e presidente provincial do partido en Lugo, Xosé Manuel Barreiro, é o protagonista da "entrevista do domingo" en RNE-G. Barreiro fala sobre as últimas medidas para o saneamento do sistema financeiro e amósase convencido de que España "non vai ser intervida".
O grupo popular volve rexeitar a pretensión dos dous grupos da oposición de crear unha comisión de investigación sobre a xestión das caixas.O presidente da Xunta pide que se respecten os tempos e que cómpre agardar a que se despexe o futuro da entidade.Aprobadas as Leis de Xuventude e a de Bibliotecas,unicamente co respaldo do grupo popular.Henrique López Veiga,elixido senador en representación autonómica
O Museo de Galicia, na Cidade da Cultura, abre a súa primeira gran exposición. // Novagalicia Banco podería necesitar 10.000 millóns. // A conselleira de Facenda di que os resultados das medidas do goberno se verán a medio prazo. // As razas autóctonas de Galicia, na Semana Verde. // O Club Deportivo Lugo xógase co Cádiz o ascenso. // Mulleres de Ourense e Lugo calcetan ao aire libre. (15/06/12)
Aumento das nubes e precipitacións que empezarán polo Oeste, débiles pola mañá, e máis intensas ao avanzar a tarde, cando se irán estendendo cara ao Leste e poderían alcanzar intensidade localmente forte. Vento forte do Sueste no litoral e zonas altas do interior, con momentos moi fortes no litoral da Coruña, e moderados no resto. Temperaturas sen cambios significativos. (15/06/12)
A débeda galega aumentou un 19'5% ata situarse nos 7381 millóns, un 12'8% do Producto Interior Bruto.A conselleira de Facenda defende que Galicia é unha comunidade solvente,gracias ás medidas de contención do gasto adoptadas nos últimos meses.A Coruña,Ferrol e Santiago acollen concentracións,convocadas pola CIG, contra o rescate bancario.Francisco Rodríguez abandona o liderado da UPG para permitir unha renovación interna.Isabel Villalba, nova secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego,trala demisión por sorpresa de Carme Freire.As corporacións de Oza dos Ríos e Cesuras poñen en marcha o proceso de fusión.O Museo de Galicia estréase coa exposición "Gallaecia Petrea",un percorrido pola historia de Galicia coa pedra como fío conductor.
A Xunta defende a continuidade de Novagalicia Banco en solitario e, de momento, con capital mixto público e privado. // A Xunta dálle o visto e prace ao novo proxecto da lei de universidades coa que busca aumentar a especialización dos 7 campus galegos. // Amancio Ortega é o home máis rico de Europa e o cuarto do mundo. // Abre en Silleda a edición número 35 da Semana Verde de Galicia. // Oito empresas galegas auxiliares de automoción únense para diversificar a súa actividade coa construción de compoñentes para avións. // Percorremos a catedral de Lugo, tralas obras de restauración que van ser inauguradas o próximo domingo. (14/06/12)
Ceos nubrados pola mañá, con chuvias, máis probables na metade Oeste. Pola tarde iranse abrindo claros, máis importantes no Leste. Vento do Sueste moderado, con intervalos fortes entre Bares e Fisterra. Temperaturas mínimas en lixeiro ascenso; mentres que as máximas seguirán sen cambios importantes. (14/06/12)
A Xunta defende a continuidade de Novagalicia Banco en solitario. // A Xunta dálle o visto e prace ao novo proxecto da lei de universidades. // Amancio Ortega é o home máis rico de Europa. // Abre en Silleda a Semana Verde de Galicia. // Oito empresas da automoción únense para construír compoñentes para avións. // A catedral de Lugo, tralas obras de restauración. (14/06/12)
O Presidente da Xunta lamentan que Joaquín Almunia cree máis incerteza ó falar da posible liquidación dalgún banco. Rajoy anunciará este verán a data de finalización do AVE a Galicia. 8 empresas do metal únense praacptar proxectos aeronáuticos. Ortigueira presenta unha nova edición do Festival Celta.
O presidente da Xunta anuncia que o Parlamento galego vai investigar, aínda que non neste momento, o ocorrido coa fusión das caixas. // Inditex tivo uns beneficios de 432 millóns de euros no primeiro trimestre do ano. É un 30% máis que o ano pasado. // A farmacéutica Zeltia tamén confía en consolidarse en beneficios, e superar este ano os que obtivo en 2011, os primeiros tras moitos anos de perdas. // Absolven á primeira persoa xulgada en Galicia por non ter escolarizado ao seu fillo. // A Unión de Consumidores pide una regulación homoxénea para os taxis en toda Galicia. // Clases de educación viaria para escolares. (13/06/12)
O Parlamento galego vai investigar o ocorrido coa fusión das caixas. // Inditex tivo uns beneficios de 432 millóns de euros no primeiro trimestre. // A farmacéutica Zeltia tamén confía en consolidarse en beneficios. // Absolven á primeira persoa xulgada en Galicia por non ter escolarizado ao seu fillo. // Piden una regulación homoxénea para os taxis. // Educación viaria para escolares. (13/06/12)
- Entienden que puede constituir un delito de malversación de fondos públicos
- El PP lucense asegura que se han gastado 12.000 euros en la campaña
- "Rescatan a la banca, roban al pueblo", es el anuncio con el sello institucional
- La Diputación dice que fue error de maquetación y que tenía que poner BNG
- Factura 1 - factura 2 - factura 3 en pdf presentadas por el BNG
Feijóo garante que se investigará a xestión de NCG cando se resolva o futuro da entidade.O socialista Pachi Vázquez pide unha fronte común de partidos para evita-la poxa de Novagalicia,trala súa recapitalización.O PP denuncia ante a Fiscalía á Deputación de Lugo pola campaña da vicepresidencia contra o rescate bancario.Os prezos caen dúas décimas en Galicia en maio.A Xunta proporá a conxelación das taxas universitarias para a primeira matrícula.O Teatro Principal de Santiago acolle a presentación do proxeto musical "aCadacanto"
A deputada por Lugo Olga Iglesias exerce por primeira vez na historia o voto a distancia nunha sesión do Congreso dos deputados desde o concello de Triacastela, onde tamén é alcaldesa. // Enrique López Veiga, novo senador por designación autonómica. // Protestas contra o rescate europeo á banca española. Os deputados do BNG concentráronse no Parlamento. Os sindicatos convocan mobilizacións. // Os acredores do estaleiro Barreras, de Vigo, aceptan cobrar só o vinte por cento do que lles adebeda esta industria. // O Batallón de Zapadores da Brilat volve bater marcas no concurso de patrullas Tui Santiago. // A pesca artesanal emprega en Galicia a unhas 30 mil persoas. (12/06/12)
Intervalos nubrados e chuvias, que irán remitindo cara ás últimas horas do día. Ventos do noroeste, moderados no litoral e máis frouxos no interior. Temperaturas sen cambios ou en lixeiro descenso. (12/06/12)