Ceos nubrados e chuvias localmente moderadas. A medida que avance o día tenderán a remitir e abriranse claros polo noroeste. Vento do sueste, forte no litoral norte e moderado no resto. Temperaturas mínimas en ascenso entre lixeiro e moderado, e máximas en descenso, agás no litoral norte. 13/07/12
Protestas dos empregados públicos contra as medidas de redución de gasto postas en marcha polo Goberno. // Preocupación dos comerciantes polo descenso no consumo que pode provocar a suba do IVE. // Galicia Caníbal. Estrea en Vigo da última produción de Antón Reixa. 13/07/12
Críticas da oposición o voto afirmativo da Xunta no CPFF. O PP afirma que foi unha posición de responsabilidade. BNG e PSOE acusa da Feijóo de fuxir a Latinoamérica pra non abordar os problemas de Galicia. Seguen as protestas dos funcionarios. Celta e Deportivo seguen presentando novas incorporacións.
- Castellano y González-Bueno se disculpan por la etapa anterior
- Piden disculpas por las preferentes que afectan a 43.000 gallegos
- El banco solicita 6.000 millones en ayudas públicas para recapitalizarse
Os principais directivos de Novagalicia Banco piden desculpas polos erros cometidos na xestión dos seus antecesores. Polas preferentes, as indemnizacións millonarias a ex directivos e algúns investimentos, din, pouco prudentes. // Primeiras protestas dos empregados públicos contra os novos recortes dos seus salarios e dereitos laborais. Os sindicatos preparan mobilizacións xerais para o próximo xoves. // Tamén preocupado polos efectos da suba do IVE e a caída do consumo está o sector turístico. A mediados de xullo a ocupación hoteleira é inferior ao 50 por cento, e as perspectivas para o resto do verán son máis pesimistas que o ano pasado. 12/07/12
Ceos anubrados, con probables precipitacións débiles e dispersas no terzo Norte, abríndose claros durante a tarde, principalmente no litoral atlántico. Ventos frouxos de compoñente Norte, moderados pola tarde nas Rías Baixas.
Temperaturas sen cambios significativos ou en lixeiro descenso. 12/07/12
Os principais directivos de Novagalicia Banco piden desculpas polos erros cometidos na xestión dos seus antecesores. // Primeiras protestas dos empregados públicos contra os novos recortes dos seus salarios e dereitos laborais. // Tamén preocupado polos efectos da suba do IVE e a caída do consumo está o sector turístico. 12/07/12
Os directivos de NGB pedirán 6 mil millóns de euros de fondos públicos para continuar co proxecto en solitario e piden perdón por la xestión anterior. Núñez Feijóo inicia mañá unha viaxe de cinco días a latinoamérica.
Protestas dos funcionarias contra os recurtes que mañá aproba o Consello de Ministros.
Alternancia de nubes e claros na metade Norte e predominio de pouco nubrado ou despexado na metade Sur, con posibilidade de bancos de néboa nos vales fluviais do interior. Ventos frouxos de compoñente Norte, moderados con intervalos fortes pola tarde nas Rías Baixas. Temperaturas sen cambios significativos. 11/07/12
A Xunta avala as medidas para reducir o déficit presentadas por Rajoy no Congreso, que inclúen a suba do IVE ata o 21 por cento. // Morre un home duns 54 anos, tras unha explosión e o incendio da súa vivenda, na Coruña. Foi de madrugada e o lume obrigou desaloxar aos veciños do edificio. // O PP rexeita convocar un pleno extraordinario para que Feijóo explique a situación económica e dos servizos públicos en Galicia, como lle pediu hoxe o grupo socialista. // Dúas mulleres morreron no que vai de ano en Galicia vítimas da violencia de xénero, e neste tempo os xulgados ditaron 562 ordes de protección e medidas cautelares. 11/07/12
A Xunta avala as medidas para reducir o déficit presentadas por Rajoy. // Morre un home duns 54 anos, tras unha explosión e o incendio da súa vivenda, na Coruña. // O PP rexeita convocar un pleno extraordinario para que Feijóo explique a situación económica e dos servizos públicos en Galicia. // Dúas mulleres morreron no que vai de ano en Galicia por violencia de xénero, e os xulgados ditaron 562 ordes de protección. 11/07/12
- La explosión se ha producido por causas que aún se desconocen
- Hasta el lugar se han desplazado miembros de la Policía y bomberos
- El personal sanitario confirmó el fallecimiento en la casa de un varón
PSOE e BNG rexeita os novos recortes anunciados polo goberno porque traerán máis paro; o PP considera que non hai outra alternativa.
O Partido Popular oponse á celebración o pleno extraordinario do Parlamento galego que piden os socialistas. Morre un home na Coruña a causa dunha explosión de gas.
- El alcalde fue imputado por las declaraciones de Dorribo
- Asimismo ha anunciado que denunciará al empresario por calumnias
- La Fiscalía decidirá si imputa a Dorribo por falso testimonio "en el momento oportuno"
- Salgado y Pajín niegan instrucciones de José Blanco para favorecer a Dorribo
O Celta vai estrear a temporada da volta a Primeira xogando contra o Málaga en Balaídos, e ao Deportivo tocalle o primeiro encontro co Osasuna Será en Riazor. // Liberdade provisional tamén para a muller do ex electricista acusado de roubar o Códice Calixtino. // O Consello Consultivo de Galicia aumentou a súa actividade en case un 13 por cento durante o ano pasado. // Os sindicatos do servizo de loita contra os incendios forestais denuncian recortes na contración de persoal. // Dous peregrinos con discapacidade fan o Camiño Francés desde Roncesvalles. 10/07/12
Celta - Málaga e Deportivo - Osasuna para inaugurar a temporada. // Liberdade provisional para a muller do ex electricista acusado de roubar o Códice. // O Consello Consultivo aumentou a súa actividade. // Os sindicatos do servizo de loita contra os incendios forestais denuncian recortes de persoal. // Dous peregrinos con discapacidade fan o Camiño Francés desde Roncesvalles. 10/07/12
Sobreseída a imputación do alcalde de Lugo, Xosé López Orozco, no caso Campeón. Preocupación dos afectados polas preferentes polas consecuencias das condicións do rescate bancario. Os sindicatos denuncia que a Xunta está a desmantelar o plan contra incendios. Deportivo e Celta comezarán a Liga nos seus respectivos campos contra o Málaga e o Osasuna.
A policía atopa unha maleta cuns 600.000 euros nunha das propiedades do ex electricista da catedral acusado de roubar o Códice Calixtino. // O códice calixtino foille entregado ao arcebispado de Santiago polo presidente do Goberno, Marinao Rajoy. Tanto él como o presidente da Xunta ofreceron a súa axuda para mellorar a seguridade do patrimonio histórico da igrexa. // O Presidente da Xunta visita as obras de construción dos novos xulgados de Ourense para agradecerlle ao alcalde publicamente a cesión dos terreos. // A concelleira socialista de Vigo, Carmela Silva, deixa temporalmente a súa actividade pública por enfermidade. // Sabucedo, na Estrada, despidese por este ano da rapa das bestas. 09/07/12
Ceos máis despexados canto máis ao Sur e con máis nubes canto máis ao Norte, onde haberá posibilidade de orballos ocasionais, que serán máis probables pola mañá. Ventos frouxos, de compoñente Norte pola mañá e do Noroeste pola tarde, cando aumentarán a moderados nas Rías Baixas. As temperaturas mínimas seguirán sen cambios ou experimentarán un lixeiro descenso; as máximas non terán cambios ou sufrirán un lixeiro ascenso, especialmente no interior. 09/07/12