A Xunta a Garda Civil investigan as circunstancias nas que morreu, nunha piscina inchable, unha nena de vinte meses. Foi nunha gardería pública de Betanzos. // A afluencia de peregrinos a Santiago está superando á de algúns anos santos. No que vai deste 2012 máis de 90.000 xa conseguiron a súa `Compostela¿. // O coñecido en Santiago coma antigo edificio do Banco de España acolle desde hoxe o Museo das Peregrinacións e da Cidade. // 10.000 persoas asistirán en directo ao espectáculo audiovisual e pirotécnico da queima da fachada do Obradoiro. 24/07/12
Ceos pouco anubrados en xeral, con algunhas nubes ocasionais na Mariña de Lugo. Pola tarde crecerán nubes de evolución en zonas altas. Ventos do nordés, frouxos con intervalos moderados no litoral norte e con intervalos fortes nos arredores de Bares. Ventos frouxos no resto, con réxime de brisas nas Rías Baixas. Temperaturas sen modificacións significativas, con máximas que poderían superar puntualmente os 36 graos en zonas do interior de Ourense. 24/07/12
A Xunta a Garda Civil investigan as circunstancias nas que morreu, nunha piscina inchable, unha nena de vinte meses. // A afluencia de peregrinos a Santiago xa está superando á de algúns anos santos. // Abre desde hoxe o Museo das Peregrinacións e da Cidade. // 10.000 persoas asistirán en directo á queima da fachada do Obradoiro. 24/07/12
A oposición está en contra do recorte de deputados autonómicos que propón a Xunta. Absolto o militar xulgado na Coruña pola morte de dous mariñeiros.
Non trascendeu ningún dato das circunstancias da morte dunha nena de dous anos nunha gardería de Betanzos. Alfonso Rueda anuncia que nos próximos días a oposición recibirá unha proposta para reducir o número de deputados de 75 a 61. A fusión entre Cesuras e Oza segue adiante.
A industria alimentaria de Galicia mira a China e Estados Unidos como mercados nos que introducir os seus produtos. O Clúster que agrupa á maioría das empresas do sector vai abrir nos próximos meses centros de promoción comercial neses dous países. // As deputadas e deputados do Parlamento galego, que non poidan acudir ás sesións por maternidade ou paternidade, poderán votar por internet ou delegar o seu voto nun compañeiro. // Un día de praia mirando ao ceo. Unhas 400.000 persoas asistiron esta fin de semana desde varios areais da ría de Vigo as manobras e acrobacias dos avións do Festival Aéreo Internacional, que este ano chegaba á súa décima edición. 23/07/12
A industria alimentaria de Galicia mira a China e Estados Unidos como mercados nos que introducir os seus produtos. // As deputadas e deputados do Parlamento galego, que non poidan acudir ás sesións por maternidade ou paternidade, poderán votar por internet ou delegar o seu voto nun compañeiro. // Festival Aéreo Internacional de Vigo. 23/07/12
Ceos pouco anubrados ou despexados, con algunhas nubes no norte de Lugo e posibilidade dalgún banco de néboa en zonas do interior, aínda que pouco persistente. Ventos moderados do noroeste, con intervalos fortes entre Bares e Fisterra. No resto, frouxos de compoñente Norte. Temperaturas mínimas sen cambios e máximas en lixeiro ascenso. 23/07/12
O alcalde de Santiago, Angel Currás, fala en Radio Nacional das festas do Apósto-lo e da situación económico dos concellos.
O Parlamento galego debate a reforma do regulamento e da institución do Valedor do Pobo.
Las plataformas de afectados por las participaciones preferentes en Galicia se han manifestado este sábado en Santiago de Compostela. La marcha ha reunido a cientos de ahorradores que exigen que se le reintegre su inversión. Mientras, algunos de los afectados que recurrieron a los tribunales están viendo resuelto su caso.
- Rechazan el arbitraje, que consideran una "vía falsa"
- Han lanzado huevos contra una sucursal de Novagalicia Banco
Os afectados polas participacións preferentes ven con receo a vía da arbitraxe para recuperar os seus aforros. Consideran que só poderá recorrer a ela unha mínima parte dos 43.000 clientes de Novagalicia Banco que contrataron este produto. // Manifestacións multitudinarias en tódalas cidades de Galicia para protestar pola política de recortes do Goberno. Na Coruña foi a mobilización central, na que, por primeira vez desde hai seis anos, os sindicatos maioritarios acudiron xuntos. // Morre asfixiado un home de 75 anos ao incendiarse a casa na que pasaba as vacacións de verán en Vilamarín, Ourense. 20/07/12
Os afectados polas participacións preferentes ven con receo a vía da arbitraxe para recuperar os seus aforros. // Manifestacións multitudinarias en tódalas cidades de Galicia para protestar pola política de recortes do Goberno. // Morre asfixiado un home de 75 anos ao incendiarse a casa na que pasaba as vacacións de verán en Vilamarín, Ourense. 20/07/12
Intervalos de nubes medias e altas en xeral e algunhas nubes baixas durante a mañá no litoral da Coruña e na provincia de Lugo. Ventos frouxos de compoñente Norte que serán moderados nas Rías Baixas durante a tarde. Temperaturas mínimas en descenso e máximas sen cambios. 20/07/12
O Consello da Xunta aproba os recortes ós funcionarios e Núñez Feijóo afirma que xa non se lles poden pedir máis esforzos. Os afectados polas preferentes rexeitan a vía da arbitraxe. O BNG avisa de que as compañías electricas repercutirán nos clientes as dúas taxas impostas pola Xunta.
- El arbitraje solo sirve a un 10% de los 43.000 gallegos afectados
- Al no realizarse el test de conveniencia NGB debería devolver el dinero
Un monasterio románico del ayuntamiento pontevedrés de Crecente se vende por 300.000 euros. El cenobio, que está catalogado, tiene interés artístico e histórico pero se encuentra en un estado ruinoso.
Mobilizacións dos empregados públicos como anticipo das manifestacións xerais contra os novos recortes aprobados polo Goberno central. Centos de funcionarios da Xunta e das outras administracións protestaron este mediodía fronte aos seus centros de traballo. // A Xunta di que estas medidas son duras, pero que é necesario tomalas por responsabilidade, para conter o déficit. O Goberno galego decidiu hoxe que vai rebaixar o salario dos seus membros. // Unha explosión de gas butano destrúe un piso do Carballiño, en Ourense, e cáusalle feridas moi graves á muller que o habitaba. Todo apunta a que se produciu pola acumulación de gas no interior da vivenda. 19/07/12
Mobilizacións dos empregados públicos como anticipo das manifestacións xerais contra os novos recortes aprobados polo Goberno central. // O Goberno galego decidiu hoxe que vai rebaixar o salario dos seus membros. // Unha explosión de gas butano destrúe un piso do Carballiño, en Ourense, e cáusalle feridas moi graves á muller que o habitaba. 19/07/12