Ceos anubrados e orballos durante a noite e primeiras horas da mañá na metade Norte. A medida que avance o día abriranse claros, mentres que no resto de Galicia os ceos estarán pouco anubrados ou despexados. Ventos frouxos do Norte e moderados nas Rías Baixas durante a tarde. Temperaturas mínimas en lixeiro descenso, e máximas sen cambios no norte e en moderado descenso no resto. 19/07/12
Concentracións de funcionarios horas antes das manifestacións previstas en 10 cidades galegas contra os recortes convalidados no Congreso.
A Xunta aproba unha rebaixa dos soldos dos membros do goberno e altos cargos do 7'1 por cento. Os perruqueiros aseguran que están en perigo moitos negocios coa suba de 13 puntos no IVE.
Laureano Oubiña, en liberdade tras pasar case 22 anos seguidos no cárcere. O histórico narco arousán abandonaba a última hora de onte a que foi a súa ultima residencia, o centro penitenciario de Navalcarnero. // A crise e a reforma laboral afogan a negociación colectiva en Galicia. Este ano cae en picado o número de convenios asinados entre as empresas e os traballadores, e os que sí se asinan recollen subas salariais por debaixo do incremento do IPC. // Ser maior de 50 anos e non ter boa imaxe son os principais obstáculos para encontrar emprego, segundo un estudo da Cruz Vermella. // 200 porcos quedan soltos tras envorcar, no Carballiño, o camión que os transportaba. 18/07/12
Laureano Oubiña, en liberdade tras pasar case 22 anos seguidos no cárcere. // A crise e a reforma laboral afogan a negociación colectiva en Galicia. // Ser maior de 50 anos e non ter boa imaxe son os principais obstáculos para encontrar emprego, segundo un estudo da Cruz Vermella. // 200 porcos quedan soltos tras envorcar, no Carballiño, o camión que os transportaba. 18/07/12
Néboas no litoral Norte, localmente persistentes, e ceos practicamente despexados no resto. Ventos frouxos do Norte e Noroeste, moderados pola tarde nas Rías Baixas. Temperaturas mínimas sen cambios, pero as máximas comezan a descender, de forma máis notable no litoral Norte. 18/07/12
O Goberno lexislará para que non se volva a repetir unha fraude como a das preferentes, pero non terá carácter retroactivo. O BNG pide que a Xunta se persoe na demanda da fiscalía. Os traballadores de Navantia volven manifestarse pra pedir carga de traballo. Unha sentenza desbloquea a venda de Alfageme. A negociación colectiva está bloqueada.
- El juicio ha tenido lugar coincidiendo con su puesta en libertad este martes
- Sale de prisión tras cumplir sus condenas por tráfico de estupefacientes
147 concellos do interior das catro provincias galegas están en alerta amarela por altas temperaturas dende as doce do mediodía. Nos de Ourense os termómetros poderían superar os 36 graos e mesmo chegar aos 38. // A multinacional de orixe galega Inditex non sabe o que é a crise. Hoxe celebra xunta xeral de accionistas na Coruña poñendo sobre a mesa uns beneficios de case 2.000 millóns de euros durante o ano pasado. // Varias ONGs internacionais pídenlle á Xunta que NON aplique en Galicia a reforma sanitaria aprobada polo Goberno central. Calculan que unhas 20.000 persoas quedarían excluídas da sanidade pública galega. (17/07/12)
Ceo despexado e altas temperaturas, movéndonos de xeito xeneralizado entre os 30 e os 35º, e superando este último valor nalgunhas zonas do interior. Ventos frouxos de dirección variable, predominando o norte e nordés no litoral norte, con intervalos moderados na zona de Bares. (17/07/12)
147 concellos do interior das catro provincias galegas están en alerta amarela por altas temperaturas dende as doce do mediodía. // A multinacional de orixe galega Inditex non sabe o que é a crise. Hoxe celebra xunta xeral de accionistas na Coruña. // Varias ONGs internacionais pídenlle á Xunta que NON aplique en Galicia a reforma sanitaria aprobada polo Goberno central. (17/07/12)
Comeza un novo xuizo por branqueo de cartos contra Oubiña o mesmo día que abandona o cárcere. Críticas do sector eólico á imposición de novas taxas. Unidade sindical ante os últimos recortes do Goberno. Á Xunta parécenlle inaceptables os atascos de coches nas peaxes da autopista.
Novagalicia Banco non vai recorrer a sentenza que lle obriga a devolver os cartos a un cliente ao que lle venderon participacións preferentes sen avisalo dos riscos deste produto financeiro. // O alcalde independente dos Blancos solicita á Xunta que asuma os servizos básicos que presta o municipio porque o concello non ten cartos para custealos. // Máis de mil quilos de pólvora para iluminar a noite na ría de Vigo. É o xa tradicional espectáculo pirotécnico das festas de Bouzas, que seguiron esta noite pasada decenas de milleiros de persoas na vila mariñeira. (16/07/12)
Ceos pouco anubrados ou despexados, en xeral e intervalos de nubes baixas no extremo norte durante a mañá. Temperaturas en ascenso, deixando sensación de calor pola tarde. Ventos de compoñente norte, con algúns intervalos de moderado no litoral da Coruña. (16/07/12)
Adicae considera un paso adiante a primeira sentenza sobre as participación preferentes. NGB non vai presentr recurso. O PSdeG-PSOE cifra en 1.600 millóns o custe para Galicia dos recurtes do Goberno; o BNG pide un referendo.
- La Fiscalía ha demandado a Novagalicia en nombre de 2.000 personas
- Si resulta positiva la sentencia, todos los afectados podrán beneficiarse
- Solo será posible si lo hacen a través de asociaciones de consumo
Carlos Varela fala en RNE-Galicia da demanda civil en defenda dos afectados polas partaicipacións preferentes, do Códice Calixtino e dos incendios.
A oposición parlamentaria pide a comparecencia de Núñez Feijóo na Cámara pra explica-la situación de Galicia tra-los últimos recortes do Goberno. O PP rexeita a convocatoria do pleno extraordinario que pedían os socialistas.
En Cambados, en Pontevedra, un juzgado ha emitido la primera sentencia contra las participaciones preferentes.
- Es la primera sentencia que falla contra una entidad por las preferentes
- En ningún momento se explicó que el vencimiento era en 2050
Protestas dos empregados públicos contra as medidas de redución de gasto postas en marcha polo Goberno. Esta mañá concentráronse diante dos seus centros de traballo. // Preocupación dos comerciantes polo descenso no consumo que pode provocar a suba do IVE e o recorte salarial dos funcionarios. // Galicia Caníbal. Estrea en Vigo da última produción de Antón Reixa, que revive a través da música a efervescencia cultural e social da cidade nos anos oitenta. 13/07/12